Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de prevención e defensa contra incendios forestais da Estrada.

O Pleno do Concello da Estrada, en sesión celebrada o día 30 de abril de 2020, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1. Desestimar as alegacións achegadas polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais, en virtude do disposto na fundamentación xurídica que consta no expediente 3448/19.

2. Aprobar definitivamente o Plan de prevención de incendios forestais do Concello da Estrada, elaborado e asinado por Pablo Arbones Maciñeira (enxeñeiro de Montes número 2171) e por Carmen Paz López (enxeñeira técnica forestal número colexiada 1265).

De conformidade coa disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, os prazos para presentar os recursos correspondentes quedan suspendidos.

Unha vez perda a vixencia da dita suspensión ou as súas posibles prórrogas, indícase que:

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde a publicación do anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, con carácter previo e potestativo, poderase interpoñer recuso de reposición ante o Pleno deste Concello no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso que deberá entenderse desestimado se no prazo dun mes non é notificada resolución expresa, para efectos da interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno exercer.

A Estrada, 22 de maio de 2020

José Carlos López Campos
Alcalde