Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25189

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 16 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se amplía a duración e o crédito das axudas vixentes de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

A evolución da pandemia do coronavirus COVID-19, declarada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), obrigou ao peche das universidades galegas e demais entidades que conforman o I+D+i galego e imposibilita que o persoal investigador contratado ao abeiro do programa das axudas predoutorais convocadas conxuntamente pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria complete a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros, obxectivo final destas convocatorias.

Nestas circunstancias excepcionais en que non hai certezas de cando se poden abrir os centros e unidades de investigación das universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, e para garantir os dereitos de todas as persoas contratadas ao abeiro de convocatorias públicas de formación de persoal investigador en formación predoutoral convocadas pola Xunta de Galicia, considérase de interese prorrogar durante 6 meses as axudas concedidas ás universidades do SUG e ás demais entidades do I+D+i galego para a contratación de persoas investigadoras con contrato en vigor.

A ampliación da duración das axudas faise ao abeiro da disposición adicional décimo terceira do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo (BOE do 1 de abril), que establece, entre outras, a posibilidade de prorrogar os contratos de traballo de duración determinada financiados con cargo a convocatorias públicas de recursos humanos no ámbito da investigación.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Como consecuencia da situación extraordinaria provocada pola pandemia coronaravirus COVID-19, o obxecto desta orde é ampliar a duración das axudas concedidas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, co obxecto de que poidan estender seis meses os contratos predoutorais vixentes subscritos entre a entidade beneficiaria e as persoas investigadoras contratadas no marco das axudas de apoio á etapa predoutoral.

Artigo 2. Ámbito e réxime de aplicación

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, que teñan contratadas persoas investigadoras a través dun contrato predoutoral de duración determinada, como entidades beneficiarias dunha axuda regulada nas seguintes convocatorias:

– Orde do 17 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo PO FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Orde do 29 de maio de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG núm. 109, do 9 de xuño).

– Orde do 31 de decembro de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro).

– Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro).

2. As entidades beneficiarias deberán comunicar no pazo dun mes desde a publicación no DOG desta orde a relación das persoas investigadoras con contrato en vigor ás cales se lles aplicará a extensión do contrato, ordenadas segundo a convocatoria pola que lles foi concedida a axuda.

3. Nese prazo dun mes as entidades beneficiarias achegarán un documento asinado por unha persoa responsable da entidade, pola persoa directora ou titora da tese e pola persoa contratada, en que se indicará que os labores de investigación están garantidos nese período, que se dispón das oportunas ferramentas de teletraballo e que se conta co apoio continuado da persoa que titoriza a tese no proceso.

Con cada xustificación económica deberase presentar un informe da persoa directora ou titora da tese sobre o adecuado desenvolvemento do traballo realizado pola persoa investigadora.

4. As persoas contratadas con cargo á Orde do 31 de decembro de 2018, que teñen concedida unha axuda para a realización dunha estadía de tres meses de duración no estranxeiro entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2020 e que non a puideron realizar ou completar pola crise sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19, poderán solicitar a través das entidades contratantes unha modificación das datas de realización das estadías ata o 31 de outubro de 2021, sempre que non coincidan cos últimos seis meses de contrato.

5. O importe das axudas que recibirán as entidades beneficiarias por cada persoa contratada durante a extensión dos contratos será o fixado na convocatoria de orixe segundo a modalidade da axuda concedida. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada para cada modalidade, deberá achegar a diferenza.

6. O réxime regulador das axudas que se amplían nesta orde é o establecido en cada convocatoria reguladora e na correspondente resolución de concesión, polo que lles son de aplicación todos os dereitos, obrigas e réxime normativo das respectivas ordes de convocatoria e resolucións de concesión afectadas por esta orde, tanto para as entidades beneficiarias como para as persoas investigadoras contratadas.

Artigo 3. Dotación orzamentaria

Esta ampliación das axudas imputarase ás aplicacións orzamentarias 10.40.561B.444.0, 09.A3.561A.481.0, 09.A3.561A.403.0 e 09.A3.561A.443.19, correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, en que existe crédito adecuado e suficiente, coa seguinte distribución por anualidades:

Mod.

Entidade beneficiaria

Nº axudas

Aplicación orzamentaria (e código de proxecto)

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

Total

A

Universidades do SUG

142

10.40.561B.444.0 (2016 00129)

220.904,52

758.196,69

543.829,21

145.569,58

1.668.500,00

B

Universidades do SUG

106

10.40.561B.444.0 (2016 00129)

124.252,67

445.988,98

402.483,33

113.775,02

1.086.500,00

Total universidades do SUG

345.157,19

1.204.185,67

946.312,54

259.344,60

2.755.000,00

A

Demais entidades

15

09.A3.561A.481.0 (2016 00004)

29.701,40

90.083,30

39.036,12

17.429,18

176.250,00

3

09.A3.561A.403.0 (2016 00004)

5.940,28

13.055,55

14.361,11

1.893,06

35.250,00

Total A demais entidades

35.641,68

103.138,85

53.397,23

19.322,24

211.500,00

B

Demais entidades

4

09.A3.561A.481.0 (2016 00004)

10.363,88

18.734,73

10.250,00

1.651,39

41.000,00

3

09.A3.561A.403.0 (2016 00004)

0,00

15.375,00

13.723,61

1.651,39

30.750,00

1

09.A3.561A.443.19 (2016 00004)

0,00

8.598,61

1.651,39

0,00

10.250,00

Total B demais entidades

10.363,88

42.708,34

25.625,00

3.302,78

82.000,00

Total demais entidades

46.005,56

145.847,19

79.022,23

22.625,02

293.500,00

Total convocatoria

391.162,75

1.350.032,86

1.025.334,77

281.969,62

3.048.500,00

Dado que o financiamento das axudas correspondentes ás universidades do SUG procede do Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, as anualidades de 2021, 2022 e 2023 integraranse no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou a persoa titular da presidencia da Gain no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo

Conselleira de Educación, Universidade

e Formación Profesional

Francisco Conde López

Conselleiro de Economía, Emprego e
Industria e presidente da Axencia Galega de Innovación