Advertidos erros na Orde do 22 de xuño de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 26 de xuño de 2020, cómpre facer a oportuna corrección:
Na páxina 25392, onde di:
«Artigo 5. Modificacións e renuncia
1. Os solicitantes das axudas, atendendo ás actuais circunstancias de vixencia do estado de alarma, poderán presentar modificacións dos proxectos presentados coa solicitude de subvención.»,
Debe dicir:
«Artigo 5. Modificacións e renuncia
1. Os solicitantes das axudas, atendendo ás circunstancias da vixencia do estado de alarma, poderán presentar modificacións dos proxectos presentados coa solicitude de subvención.».