Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25709

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 22 de xuño de 2020 pola que se amplía o crédito da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020) establecéronse as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

A devandita orde, no seu artigo 3.3, establece que o importe consignado poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes agás indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

Dado que existe dispoñibilidade orzamentaria por remanentes de convocatorias anteriores financiadas con créditos do mesmo programa, considérase conveniente ampliar os importes dos créditos iniciais e acadar así un uso máis eficiente dos fondos públicos mediante un maior grao de execución orzamentaria.

Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase, con cargo á aplicación 15.03.514A.781.0, na anualidade 2020, o crédito máximo destinado a financiar as axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), no importe de 679.938,10 euros.

2. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial publicado e a presente ampliación, queda fixado no cadro seguinte:

Partida orzamentaria

Código proxecto

Ano 2020

Ano 2021

Total

15.03.514A.781.0

2016 00257

2.079.938,10 €

1.100.000,00 €

3.179.938,10 €

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Mar