Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25705

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución conxunta do 29 de outubro de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 28 de maio de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019.

A Orde do 28 de maio de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño), modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 201, do 22 de outubro), establece as bases e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), adxudicáronse as axudas da modalidade B ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I, modificada parcialmente pola Resolución do 27 de novembro de 2019 (DOG núm. 233, do 9 de decembro).

O artigo 18 da orde de convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG.

En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia da modalidade B das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que se indica a seguir:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Data de renuncia

ED481D 2019/004

UDC

Parga

Dans

Eva

31.1.2020

Segundo. De acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, adxudicar a axuda correspondente a esta renuncia á seguinte solicitude da lista de espera das universidades do SUG:

Nº expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de

coñecemento

Nota

avaliación

ED481D 2019/028

UVigo

Fontán

Bouzas

Ángela

Ciencias

75

Terceiro. Declarar extinguida a lista de agarda.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal e como se indica na seguinte táboa:

Aplicación

orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

Total

10.40.561B.444.0

UDC

2

68.183,33

78.000,00

9.816,67

156.000,00

10.40.561B.744.0

20.000,00

30.000,00

0,00

50.000,00

UDC

88.183,33

108.000,00

9.816,67

206.000,00

10.40.561B.444.0

USC

11

405.883,31

429.000,00

23.116,69

858.000,00

10.40.561B.744.0

110.000,00

165.000,00

0,00

275.000,00

USC

515.883,31

594.000,00

23.116,69

1.133.000,00

10.40.561B.444.0

UVigo

7

231.938,88

273.000,00

41.061,12

546.000,00

10.40.561B.744.0

70.000,00

105.000,00

0,00

175.000,00

UVigo

301.938,88

378.000,00

41.061,12

721.000,00

Total SUG

906.005,52

1.080.000,00

73.994,48

2.060.000,00

O importe destas axudas imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021 e 2022 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

Quinto. A data de comezo do contrato será o 1 de xullo de 2020 e a súa duración será de dous anos, de acordo co artigo 1 do anexo II da orde de convocatoria.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vincularán a persoa seleccionada ao seu organismo mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade
e Formación profesional