Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25699

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 19 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se amplía a duración e o crédito das axudas vixentes de apoio á etapa posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19 (códigos de procedemento ED481B, IN606B e ED481D).

A finalidade do Programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a mobilidade internacional para mellorar a súa formación e posibilitando a reincorporación nos axentes que conforman o sistema para, con posterioridade, continuar coa súa traxectoria investigadora na institución a que retorna e, nunha segunda fase, dar continuidade á súa carreira investigadora posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

A evolución da pandemia do coronavirus COVID-19, declarada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), obrigou ao peche temporal de universidades e centros de investigación de todo o mundo e imposibilita que o persoal investigador contratado ao abeiro do Programa das axudas posdoutorais, convocadas conxuntamente pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, complete tanto o período de estadía e de retorno na primeira fase como a segunda fase, e o desenvolvemento da liña de investigación, de forma que non se pode acadar a finalidade do programa posdoutoral.

Nestas circunstancias excepcionais, en que non hai certezas de cando se poidan abrir os centros e unidades de investigación tanto das universidades do SUG, dos organismos públicos de investigación de Galicia, das fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e dos centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, como dos centros internacionais onde teñen que desenvolver a súa investigación as persoas investigadoras contratadas, e cara a garantir os dereitos de todas as persoas contratadas ao abeiro de convocatorias públicas de formación de persoal investigador posdoutoral convocadas pola Xunta de Galicia, considérase de interese estender 6 meses as axudas concedidas ás universidades do SUG e ás demais entidades do I+D+i galego para a contratación de persoas investigadoras con contrato en vigor.

A ampliación da duración das axudas faise ao abeiro da disposición adicional décimo terceira do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo (BOE do 1 de abril), que establece, entre outras, a posibilidade de prorrogar os contratos de traballo de duración determinada e financiados con cargo a convocatorias públicas de recursos humanos no ámbito da investigación.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Como consecuencia da situación extraordinaria provocada pola pandemia do coronavirus COVID-19, o obxecto desta orde é ampliar en 6 meses a duración das axudas concedidas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e aos centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, co obxecto de que poidan estender seis meses os contratos posdoutorais vixentes subscritos entre a entidade beneficiaria e as persoas investigadoras contratadas no marco das axudas de apoio á etapa posdoutoral.

Artigo 2. Ámbito e réxime de aplicación

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, que teñan contratadas persoas investigadoras a través dun contrato posdoutoral de duración determinada, como entidades beneficiarias dunha axuda regulada nas seguintes convocatorias:

– Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Orde conxunta do 11 de abril de 2017, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 81, do 27 de abril).

– Orde conxunta do 30 de abril de 2018, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 98, do 24 de maio).

– Orde conxunta do 28 de maio de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño).

2. As entidades beneficiarias deberán comunicar no prazo dun mes desde a publicación no DOG desta orde a relación das persoas investigadoras con contrato en vigor ás que se lles aplicará a extensión do contrato, ordenadas segundo a convocatoria e a modalidade pola que lles foi concedida a axuda.

3. As entidades beneficiarias deberán ampliar o contrato ás persoas investigadoras que o tiveran en vigor no momento da declaración do estado de alarma.

4. As persoas investigadoras contratadas ao abeiro da modalidade A do programa posdoutoral que se atopen na fase de estadía deberán cumprir o plan de estadías que presentaron coa solicitude e polo que foron avaliadas para obter o contrato. A prórroga desenvolverase no centro de destino no que se atopaban no momento da declaración do estado de alarma e antes do comezo do segundo ano de estadía, se están no primeiro ano, ou do contrato de retorno, se están no segundo ano de estadía.

Por causas excepcionais, derivadas da evolución da pandemia COVID-19, poderanse aprobar modificacións do plan de estadías, logo da solicitude da entidade beneficiara e por instancia da persoa investigadora, sen que en ningún caso poida supoñer un incremento da axuda unha vez realizada a ampliación do contrato regulada nesta orde.

Os órganos instrutores poderán ditar as instrucións que se consideren necesarias como consecuencia da evolución da pandemia COVID-19.

5. As entidades beneficiarias deberán comunicar no prazo dun mes desde a publicación desta orde cal é a situación das persoas investigadoras contratadas, se se atopan en réxime de teletraballo ou se xa teñen as universidades ou os centros de investigación abertos e, no caso de estar na fase de estadía, se están ou non no centro ou na universidade de destino.

No caso das persoas que se atopen en situación de teletraballo, tanto na Comunidade Autónoma como no estranxeiro, xuntarán un documento asinado por unha persoa responsable da entidade, a persoa designada para dirixir ou titorar a súa actividade científica, a persoa responsable do centro de destino e a persoa contratada, no cal se indicará que os labores de investigación están garantidos nese período e que dispoñen das oportunas ferramentas de teletraballo e do apoio continuado da persoa directora ou titora da actividade científica no proceso.

As entidades beneficiarias deberán comunicar a incorporación das persoas investigadoras ás universidades ou centros de investigación de destino no prazo de 15 días, de ser o caso.

6. O importe das axudas que recibirán as entidades beneficiarias por cada persoa contratada durante a extensión do contrato será o fixado na convocatoria de orixe segundo a modalidade da axuda concedida e a fase en que se atopen. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada para cada modalidade, deberá achegar a diferenza.

7. O réxime regulador destas prórrogas é o establecido en cada convocatoria reguladora e na correspondente resolución de concesión, polo que lles son de aplicación todos os dereitos, obrigas e réxime normativo das respectivas ordes de convocatoria e resolucións de concesión afectadas por esta orde, tanto para as entidades beneficiarias como para as persoas investigadoras contratadas.

Artigo 3. Dotación orzamentaria

Estas prórrogas das axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.40.561B.444.0, 09.A3.561A.403.0 e 09.A3.561A.481.0, correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, nas cales existe crédito adecuado e suficiente, coa seguinte distribución por anos:

Universidades do SUG:

Convocatoria

Nº referencia

Aplic. orzamentaria e cód. de proxecto

Nº axudas

Importe en euros

2020

2021

2022

Total

Pos A 2016

2016-10-00146/128

10.40.561B.444.0

2016 00129

1

8.900,00

9.100,00

0,00

18.000,00

Pos A 2017

2017-10-00543/108

10.40.561B.444.0

2016 00129

33

344.849,94

282.150,06

0,00

627.000,00

Pos A 2018

2018-10-00761/87

10.40.561B.444.0

2016 00129

39

63.831,16

751.948,84

0,00

815.780,00

Pos B 2018

2018-10-00761/86

10.40.561B.444.0

2016 00129

16

144.083,40

159.916,60

0,00

304.000,00

Total Posdoutotais 2018

55

207.914,56

911.865,44

0,00

1.119.780,00

Pos A 2019

2019-10-00418/39

10.40.561B.444.0

2016 00129

37

65.328,02

693.811,98

0,00

759.140,00

Pos B 2019

2019-10-00418/41

10.40.561B.444.0

2016 00129

19

0,00

0,00

361.000,00

361.000,00

Total Posdoutorais 2019

56

65.328,02

693.811,98

361.000,00

1.120.140,00

Totais

145

626.992,52

1.896.927,48

361.000,00

2.884.920,00

Demais entidades:

Convocatoria

Nº referencia

Aplic. orzamentaria e cód. de proxecto

Nº axudas

Importe en euros

2020

2021

2022

Total

Pos A 2017

2017-09-00074

09.A3.561A.403.0

2016 00004

5

51.088,88

43.911,12

0,00

95.000,00

09.A3.561A.481.0

2016 00004

1

12.772,22

6.227,78

0,00

19.000,00

Totais posdoutorais A 2017

6

63.861,10

50.138,90

0,00

114.000,00

Pos A 2018

2018-09-00112

09.A3.561A.403.0

2016 00004

2

1.541,33

33.138,67

0,00

34.680,00

09.A3.561A.481.0

2016 00004

3

3.733,34

62.466,66

0,00

66.200,00

Totais posdoutorais A 2018

5

5.274,67

95.605,33

0,00

100.880,00

Pos A 2019

2019-09-00114

09.A3.561A.403.0

2016 00004

4

5.600,01

81.599,99

0,00

87.200,00

09.A3.561A.481.0

2016 00004

2

3.733,34

38.266,66

0,00

42.000,00

Totais posdoutorais A 2019

6

9.333,35

119.866,65

0,00

129.200,00

Totais

17

78.469,12

265.610,88

0,00

344.080,00

Dado que o financiamento das axudas correspondentes ás universidades do SUG procede do Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, as anualidades de 2021 e 2022 integraranse no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou a persoa titular da Presidencia da Gain no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo

Conselleira de Educación, Universidade

e Formación Profesional

Francisco Conde López

Conselleiro de Economía, Emprego e Industria presidente da Axencia Galega de Innovación