Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26712

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3967/2019-CON).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3967/2019-CON desta sección, seguido por instancia de Cipriano Adolfo Cheda López contra Izar Construcciones Navales Sael, Moncobra, S.A.; Navantia, S.A.; Isolux Ingeniería, S.A.; Rina, S.A.; Sael, Grupo Isolux Corsan, S.L., Isolux Ingeniería Data Concursal, S.P.L.; Francisco Vera Vázquez, Elinco, S.A. Coop.; Pro Eléctrica Sur, S.A.; Wat, S.A., Centro Técnico del Noroeste, S.L.; Eloy López, José Otero Fernández, Pine Instalaciones y Montajes, S.A.; Habilitación Naval Ferrol, S.A.; Celnor, S.L.; Montajes Illas, S.A., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Aceptamos o recurso de suplicación interposto pola procuradora dos tribunais Carolina Fernández Díaz, en nome e representación de Cipriano Adolfo Cheda López contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 29 de xaneiro de 2018, nos autos nº 635/2015, que revogamos no sentido e cos efectos sinalados no fundamento de dereito quinto da presente sentenza.

Devólvase ao demandante-recorrente o escrito que achegou no presente trámite.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Elinco, S.A, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza