Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (682/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 682/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Soledad Gondar Martínez contra a empresa Eurodental Portonovo, S.L., Manuel Martínez Eirabella, sobre ordinario, se ditou sentenza, contra a que cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días, que se atopa á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurodental Portonovo, S.L., Manuel Martínez Eirabella, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza