Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27002

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (PO 247/2018).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos do xuízo ordinario 247/2018, instando por PSA Financial Services Spain EFC, S.A., representada polo procurador dos tribunais Francisco Javier Fernández Somoza e asistida do letrado Cándido Francisco Rivera, contra María del Carmen Tato Martínez, que está declarada en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por PSA Financial Services Spain EFC, S.A., representada polo procurador Sr. Fernández Somoza, contra María del Carmen Martínez Tato, en situación de rebeldía procesual.

Condénase a demandada ao pagamento da cantidade de dezanove mil catrocentos sesenta e cinco euros con cincuenta e nove céntimos de euro (19.465,59 euros), así como dos xuros legais desde a presentación da demanda.

Impóñenselle á demandada o pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e indíquese que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación.

Así o acordo, mando e asino».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de María del Carmen Martínez Tato, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 8 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza