Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 114/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 114/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Marius Ciupea contra Fogasa, José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, se ditou desta data que di:

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral no presente procedemento o día 22 de setembro de 2020 ás 13.45 horas o acto de conciliación e ás 13.50 horas o acto de xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que viñer acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza