Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (210/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Raquel Lojo Prol contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en reclamación por salarios de tramitación a cargo do Estado, rexistrado co número de salarios de tramitación a cargo do Estado 210/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10 de xullo de 2020 ás 12.00 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización do acto de xuízo, e poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención a demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza