Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 27979

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos.

Obtida a verificación do Plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 29 de novembro de 2019 (publicado no BOE do 17 de diciembre, mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 3 de decembro de 2019).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos

Código RUCT: 4316983.

Rama de coñecemento: enxeñaría e arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

30

Prácticas externas OB

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Estratexia comercial da empresa alimentaria

Obrigatorio

6

Materias obrigatorias

Xestión de procesos na industria alimentaria

Obrigatorio

6

Xestión da calidade alimentaria

Obrigatorio

6

Procesos e equipos da industria agroalimentaria

Obrigatorio

6

Automatización de instalacións eléctricas

Obrigatorio

6

Propiedades fisicoquímicas de alimentos

Optativo

6

Materias optativas

Xestión enerxética dos procesos alimentarios

Optativo

3

Nanotecnoloxía alimentaria

Optativo

3

Procesos de deshidratación de alimentos

Optativo

3

Vixilancia e control no procesado de alimentos

Optativo

3

Caracterización de alimentos

Optativo

3

Técnicas avanzadas en análise de alimentos

Optativo

3

Irradiación con microondas na industria alimentaria

Optativo

3

Envases alimentarios

Optativo

3

Tecnoloxías innovadoras no procesado e mellora nutricional dos alimentos

Optativo

3

Xestión de proxectos

Optativo

3

Aditivos alimentarios e auxiliares de fabricación en industrias alimentarias

Optativo

3

Procesos de separación mediante tecnoloxía de membranas

Optativo

3

Prácticas externas

Obrigatorio

18

Prácticas externas e Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

Obrigatorio

12