Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28140

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2019, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Resolución do 22 de xuño de 2020, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 25 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 226, do 27 de novembro), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia e anexouse a relación dos postos que se ofertan na primeira fase.

Mediante a Resolución do 22 de xuño de 2020 acórdase a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario, ao mesmo tempo que se publica na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública a relación de postos de potenciais resultas.

Por erro no funcionamento da aplicación informática, advírtese a omisión involuntaria de varios postos, tanto vacantes como de resultas, que é preciso engadir á relación de postos que se ofertan e que figuran nos anexos I e II desta resolución.

Por outra banda, desde a apertura do prazo presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación de méritos o pasado 29 de xuño, producíronse un gran número de solicitudes de xustificación que precisan do acceso presencial ás oficinas de rexistro e atención á cidadanía co obxecto de achegar tal documentación.

A atención presencial realízase mediante cita previa, co obxecto de reducir a concentración de persoas e minimizar os riscos de exposición no acceso aos edificios administrativos da Xunta de Galicia. Por este motivo, estanse a producir atrasos no acceso ás devanditas dependencias, o que podería obstaculizar a presentación de documentación esencial do concurso antes do remate do prazo de presentación de impresos de emenda, causando graves prexuízos aos participantes, o que fai aconsellable ampliar este prazo ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Incluír o posto número 1922 que se relaciona no anexo I desta resolución na relación de postos vacantes que figuran no anexo II da Resolución do 25 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 226, do 27 de novembro).

Segundo. Incluír os postos que teñen os números 4828, 4829, 4830, 4831, 4832, 4833, 4834 e 4835 que se relacionan no anexo II desta resolución na relación de postos de potenciais resultas publicados na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.

Terceiro. Acórdase a ampliación o prazo de presentación de solicitudes de elección de postos e de xustificación da posesión de méritos e requisitos en sete días hábiles, o devandito prazo rematará o 24 de xullo de 2020.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Posto

Código do posto

Nv.

Grupo

Corpo/esc.

Adm. púb.

Denomin. posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións requiridas

Formación específ.

Observ.

Puntuación mínima

1922

ED.C99.40.201.15614.001

14

C2

XERAL

AXG

AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

ED

SERVIZOS PERIFÉRICOS

IES CABO ORTEGAL (CARIÑO)

15614

1,753

ANEXO II

Posto

Código do posto

Nv.

Grupo

Corpo/esc.

Adm. púb.

Denomin. posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións requiridas

Formación específ.

Observ.

Puntuación mínima

4828

PR.B01.00.000.36170.017

25

A1, A2 e C1

XERAL/F.C.S.

A14

SECCIÓN A

PR

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

SERVIZO

CENTRAL (A ESTRADA)

36170

501

A48

2,505

4829

PR.C03.00.001.15770.007

25

A1, A2 e C1

XERAL/SECRETARIO XUDICIAL/

XESTOR OU TRAMITADOR PROCESAL E ADMTIVO.

A13/F_XUR

XEFATURA SECCIÓN DE RÉXIME XURÍDICO

PR

DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

S.X. DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

15770

640

2,505

4830

CU.519.10.000.36001.001

25

A1 e A2

XERAL/DOCENTE

AXG

XEFATURA GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CU

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA – SERVIZOS PERIFÉRICOS

SERVIZO PROVINCIAL (PONTEVEDRA)

36001

460

461

462

2,505

4831

EI5020090115770005

25

A1, A2 e C1

XERAL/ESPECIAL

AXG

XEFATURA DE ESTUDOS

EI

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

CENTRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

15770

2,505

4832

EIC992090315770005

25

A1, A2 e C1

XERAL/ESPECIAL

AXG

XEFATURA DE ESTUDOS

EI

SERVIZOS PERIFÉRICOS

CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL(SANTIAGO DE COMPOSTELA)

15770

2,505

4833

MRO130000015770052

22

A1, A2 e C1

XERAL/ESPECIAL

AXG

XEFATURA SECCIÓN C

MR

FOGGA/ SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DA PAC

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN DA PAC

15770

2,505

4834

PRC991000015001195

16

A2

XERAL/ESPECIAL

AXG

POSTO BASE SUBGRUPO A2 PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS

PR

SERVIZOS PERIFÉRICOS

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

15001

3,257

4835

PRC991000027001120

25

A1 e A2

XERAL/ESPECIAL

AXG

XEFATURA SECCIÓN DE PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS

PR

SERVIZOS PERIFÉRICOS

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

27001

394

3,257

Códigos formacións específicas:

394: técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas súas tres especialidades. seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (RI)

460: filoloxía galega (mérito).

461: filoloxía hispánica (galego-portuguesa) (mérito).

462: filoloxía hispánica (galego-portuguesa) (mérito)/mestre (coa habilitación de lingua galega, Orde 25.11.1997, DOG nº 246) (mérito).

501: lic./grao dereito (mérito).

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Observacións:

A48: xornada partida.