Mediante a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 107, do 3 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro).
Unha vez transcorrido o prazo para presentar reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro).
A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, DNI electrónico ou Chave365.
Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que se faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade, ou dun certificado expedido pola entidade onde figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública.
De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.
Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020
José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
Anexo
Relación de persoas aspirantes excluídas
Cota específica base I.1.1.
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Gómez de la Fuente, Lorena |
***0719** |
20, 44 |
Mallo Camaño, Rosa María |
***3402** |
57 |
Acceso xeral.
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Barreiro Varela, Flora |
***4453** |
20, 44 |
Cortizo Ruibal, Marta Lourdes |
***6328** |
20, 57 |
Domínguez Martínez, Manuel |
***7768** |
20 |
Dopazo Iglesias, Manuel |
***6769** |
20, 57 |
Fernández Munín, Jesús Fernando |
***5020** |
20, 57 |
García López, Pilar |
***7307** |
57 |
González Corral, Amalia |
***7157** |
20 |
González Díaz-Becerra, Ana Isabel |
***3301** |
57 |
Lafuente Aballe, Estefanía |
***2576** |
57 |
Rivadulla Galán, Christian |
***1292** |
20, 57 |
Sousa Moreira, María José |
***8607** |
44 |
Cód. |
Causa da exclusión |
20 |
Taxas non aboadas/solicitude non presentada |
44 |
Xa pertence ao corpo a que se presenta |
57 |
Non pertencer ao corpo correspondente |