Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28485

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2020 relativa á adxudicación do uso de residencias xuvenís ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o uso das residencias xuvenís dependentes desta consellería para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a campaña de verán 2020.

Mediante a Orde do 22 de xuño de 2020 (DOG nº 127, do 29 de xuño) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso das residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e tempo libre durante a campaña de verán 2020, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no seu anexo I.

De conformidade co disposto no artigo 8.5 da orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 9 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS304B, relativa á adxudicación do uso de residencias xuvenís ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o uso das residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e tempo libre durante a campaña de verán 2020.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de xullo de 2020 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 9 de xullo de 2020, ditada no procedemento BS304B, relativa á adxudicación do uso de residencias xuvenís ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o uso das residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a campaña de verán 2020.

Mediante a Orde do 22 de xuño de 2020 (DOG nº 127, do 29 de xuño) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso das residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para favorecer, por parte de entidades xuvenís, a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a campaña de verán 2020, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a comisión de valoración prevista no artigo 8 da orde de convocatoria avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación que se recollen no artigo 7.

Á vista do expediente e da acta da comisión de valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 8.

Esta Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é competente para resolver, por delegación da conselleira de Política Social, segundo o disposto no artigo 8.5 da orde de convocatoria.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar o uso temporal de residencias xuvenís para favorecer a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a campaña de verán 2020 ás entidades relacionadas no anexo, nos termos que se expoñen na dita relación.

Segundo. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 11, 12 e 13 da Orde do 22 de xuño de 2020.

A documentación indicada nos citados artigos deberán presentala no Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 11 e 12 da orde.

Se transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos non se cumprisen as obrigas correspondentes, declararase, mediante a oportuna resolución, o incumprimento das condicións da resolución de adxudicación e a desistencia da solicitude.

Terceiro. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 9 da Orde do 22 de xuño de 2020 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

A conselleira de Política Social; P.D. (Orde do 22.6.2020); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades adxudicatarias

Nº de expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

BS304B-2020/01

Asoc. Grupo Scout Ilex 695

Ourense

Res. Xuv. Lug I

15-19 xullo

30

BS304B-2020/02

Asoc. Grupo Scout Ilex 695

Ourense

Res. Xuv. Lug I

19-23 agosto

30

BS304B-2020/03

Concello de Touro

Touro

Res. Xuv. Lug I

29 xullo-2 agosto

30