Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28489

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador e a data, a hora e o lugar de realización das probas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 21 de abril), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR471A e PR472A). (DOG núm. 45, do 6 de marzo),

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación de causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador.

O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Marco Antonio Freire Serén.

Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Freire Priegue.

Secretaria: María del Carmen González Otero.

Vogais:

Montserrat Bolívar Chinchilla.

José Ramón Viñas Diz.

Constantino Grandío Rivas.

O réxime xurídico aplicable ao tribunal cualificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o próximo día 23 de xullo de 2020, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba de coñecementos:

Ás 10.00 horas.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 16 de xullo de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos e nome

Clave

Fernández Molanes, Xoel

2

Ferreira Galindo, Manuel

1 e 2

Jiménez Gómez, David

1

López Álvarez, Eladio

2

Pérez Pérez, Francisco Javier

3

Regueiro Diz, Alberto

1

Código

Descrición

1

Debe presentar documentación acreditativa da exención do pagamento

2

Non achega fotografías tamaño carné

3

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial