Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 17 de xullo de 2020 Páx. 28510

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento IN502B, IN502C, IN502D e IN502E).

A Axencia Galega da Industria Forestal, entidade adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, configúrase como un organismo público que ten como eixe de actuación principal levar a cabo as actuacións precisas para impulsar a actividade económica asociada á industria forestal galega.

Nos termos recollidos no artigo 2 do Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, defínense como obxectivos principais da Axencia tanto incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente como procurar a diversificación dos produtos do monte destinados á industria forestal.

Así, configúranse como actuacións primordiais da Axencia a definición e promoción de estratexias que permitan acadar unha convivencia saudable e sustentable entre o aproveitamento e a industrialización dos recursos naturais, que deberán ter en conta a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade, e basearse no uso sustentable dos ditos recursos naturais.

Neste senso, a visión estratéxica a longo prazo publicada pola Comisión Europea para unha economía próspera, moderna, competitiva e climaticamente neutra exixe unha redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro para 2050.

O Green Deal (Pacto verde) da Comisión Europea, unha nova estratexia de crecemento que ten como obxectivo preservar o planeta para as xeracións futuras, pode ser unha oportunidade para avanzar acelerando os nosos progresos no cumprimento dos obxectivos do cambio climático.

O Pacto verde europeo establece unha ambiciosa redución do obxectivo do 50 %-55 % para 2030. A través da súa folla de ruta para a acción, describe unha visión a longo prazo para o ambiente, que involucra todos os sectores da economía, orientada a acadar o obxectivo de neutralidade climática.

Xa que logo, todos debemos contribuír a este obxectivo, e a industria forestal desempeñará un papel fundamental tanto pola fixación do CO2 como polo secuestro deste, e polo seu altísimo potencial de substitución doutros produtos. Sen dúbida, a industria forestal será a panca que axude outros sectores na transición cara a unha nova bioeconomía.

Esta convocatoria está aliñada coa dita estratexia, e para iso pretende mobilizar a demanda (as necesidades da cidadanía) e ofrecer novas solucións sustentables baseadas na natureza para liderar a transición cara á neutralidade climática. O obxectivo é facilitar un marco de transición para a economía circular e identificar oportunidades que reduzan o consumo de recursos e a xeración de residuos, que estimulen a innovación de produtos e que contribúan positivamente ao desenvolvemento sustentable.

Con este obxectivo, os beneficiarios participarán na avaliación ambiental dos seus proxectos, introducindo, por primeira vez, unha ferramenta sinxela que permitirá unha primeira aproximación á pegada de carbono, e rematará cunha análise desta pegada de carbono que recolla todo o ciclo de vida do produto. Iníciase así o camiño, que de seguro se consolidará, onde se premiarán as iniciativas que colaboren coa redución dos impactos ambientais.

Por outra banda, nas propostas elaboradas pola comisión de expertos para asesorar a Xunta de Galicia sobre a recuperación económica e minimizar o impacto da crise do COVID-19, incídese na necesidade de suplementar axudas de carácter sectorial. Neste senso, o comité de seguimento da Axenda de impulso da industria forestal incidiu na conveniencia de adoptar medidas que incentivasen a demanda de produtos de madeira, e que esta demanda se incardinase na actual tendencia de consumo de produtos que favorezan a neutralidade climática.

O fomento da demanda da madeira ten un efecto arrastre sobre toda a cadea e incide na mobilización de man de obra, non só do sector, senón doutros sectores conexos, como a construción e a rehabilitación, actividades intensivas na utilización de man de obra, ou mesmo o comercio e a loxística.

Por iso, estas axudas incardínanse nas políticas que fomentan actividades sustentables que contribúen á neutralidade climática, co fomento da demanda e mobilización de man de obra nun momento onde os indicadores de actividade da demanda sufriron fortes caídas como consecuencias das medidas adoptadas fronte ao COVID-19.

Consecuentemente con todo o anterior, en virtude das competencias que ten atribuídas a Axencia Galega da Industria Forestal, e no exercicio das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases que regulan a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira (códigos de procedementos IN502B, IN502C, IN502D e IN502E).

2. Convocar para o ano 2020, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as axudas destinadas ao desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos e obras entre si, polo interese especial en promover actuacións que fomenten o uso da madeira, con cumprimento dos requisitos especificados nas bases. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que as actuacións subvencionables poidan ser atendidas en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

Artigo 2. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se sinalan no cadro seguinte con cargo ós orzamentos da Axencia Galega da Industria Forestal:

Liña de axuda

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

2020

2021

Total

1.1 IN502B

2019 00003

09.A4.741A.770.0

320.000,00

80.000,00

400.000,00

1.2 IN502C

2019 00003

09.A4.741A.771.0

160.000,00

40.000,00

200.000,00

1.3 IN502D

2019 00003

09.A4.741A.780.0

160.000,00

40.000,00

200.000,00

2 IN502E

2019 00002

09.A4.741A.770.0

765.000,00

135.000,00

900.000,00

Total

1.405.000,00

295.000,00

1.700.000,00

2. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

3. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica ata o esgotamento do crédito consignado, e considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

4. A distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse segundo a evolución da concesión de axudas á vista das solicitudes recibidas, e será posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto tendo en conta a natureza xurídica das persoas e entidades beneficiarias, sempre sen incrementar o crédito total. Na xestión da convocatoria establécense resolucións periódicas en que se realizarán os axustes necesarios entre partidas orzamentarias para poder atender as solicitudes presentadas considerando a súa orde cronolóxica como único criterio de concesión.

Artigo 3. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

2. As solicitudes de axuda presentaranse cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta resolución de convocatoria e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude ata o esgotamento do crédito.

Artigo 4. Prazos de xustificación

1. O prazo de xustificación será para a anualidade do 2020 ata o 30 de novembro de 2020 inclusive, e para a anualidade do 2021 ata o 15 de abril de 2021. Así mesmo, terase en conta que as cantidades non xustificadas polas persoas e entidades beneficiarias na anualidade do 2020 se poderán computar e xustificar na anualidade 2021, sempre e cando non fosen susceptibles de perda de dereito ao seu cobramento.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo de xustificación e de execución establecido que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, quince (15) días antes de que acabe o prazo de execución. Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Disposición adicional primeira. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición adicional segunda. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Consellería de Economía, Emprego e Industria– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para tramitar e resolver os seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida do procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional terceira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, perante o presidente da Axencia Galega da Industria Forestal, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Axencia para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia
non competitiva, para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira

Artigo 1. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de axudas ao desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Actuacións obxecto de apoio

Ao abeiro destas bases reguladoras, as convocatorias anuais recollerán as seguintes liñas de apoio:

– Liña 1.1 (código de procedemento IN502B): axudas á redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 1.2 (código de procedemento IN502C): axudas a proxectos para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou publicidade no lugar de venda (expositores PLV) realizados con madeira.

– Liña 1.3 (código de procedemento IN502D): axudas á redacción de proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou de rehabilitación ou reconstrución de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

– Liña 2 (código de procedemento IN502E): axudas á realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos de madeira.

Artigo 3. Intensidade, réxime e concorrencia das axudas

1. As axudas que se concedan ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do custo subvencionable dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a seguir e de acordo cos requisitos recollidos nos artigos 6 e 8 destas bases:

a) Liña 1.1:

O importe máximo da subvención será do 80 % do custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos, sen superar en ningún caso os 25.600 euros.

b) Liña 1.2:

O importe máximo da subvención será ata do 80 % do proxecto para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou PLV, incluídos se é o caso, os custos de ensaios ou verificacións, así como a fabricación, sen superar en ningún caso os 12.000 euros.

A intensidade da axuda definirase en función da variable ambiental dos proxectos propostos. Para iso, os solicitantes deberán presentar unha autoavaliación segundo se define no artigo 10, onde informarán da estimación do tipo de materiais que se deberán empregar e a súa procedencia.

Esta autoavaliación condicionará a porcentaxe da subvención que se vai percibir, e valorarase positivamente o uso maioritario da madeira e dos seus derivados, que a madeira estea certificada cun sistema de xestión forestal sustentable, así como a procedencia e proximidade dos provedores.

De tal forma:

– Os proxectos que acaden unha puntuación de ata 69 recibirán unha axuda do 60 %.

– Os proxectos que acaden unha puntuación superior a 70 recibirán unha axuda do 80 %.

c) Liña 1.3:

O importe máximo da subvención será do 80 % do custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos básico e de execución, sen superar en ningún caso os 16.000 euros.

d) Liña 2:

O importe máximo da subvención será do 80 % do investimento subvencionable, sen superar en ningún caso os 20.000 euros.

2. O procedemento de concesión destas axudas para as liñas 1.1, 1.2 e 2 quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1). De acordo co artigo 3.2 de dito regulamento, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

3. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas ou subvencións destinadas aos mesmos investimentos, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas obtidas con fondos públicos non exceda o 100 % dos custos subvencionables.

Artigo 4. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias previstas en cada unha das convocatorias anuais que se publicarán ao abeiro destas bases e que fixarán, ademais, o orzamento dispoñible para atender as solicitudes presentadas cada ano.

2. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica ata o esgotamento do crédito consignado, e considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

Artigo 5. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ter a condición de beneficiarias nas correspondentes convocatorias anuais destas axudas:

– Para as liñas 1.1, 1.2 e 2: empresas e organismos intermedios.

Para os efectos destas bases, considerarase empresa calquera entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que desenvolvan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que desenvolvan unha actividade económica de forma regular.

Para os efectos destas bases, entenderase como organismo intermedio as organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

– Para a liña 1.3: persoas físicas.

2. Os beneficiarios, en función da súa categoría, deberán residir, ter o seu domicilio social ou un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Requisitos das actuacións subvencionables

1. Configúranse como requisitos de cada unha das liñas de apoio recollidas no artigo 2 os seguintes:

a) Liña 1.1:

– A edificación proxectada debe de estar destinada a un uso industrial, agropecuario, forestal, comercial, recreativo, hoteleiro ou a oficinas.

– O proxecto de execución debe estar asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da natureza deste.

– O proxecto de execución debe incluír a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

– Os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira (con ou sen finalidade estrutural) e á súa colocación, recollidos no proxecto de execución, suporán polo menos o 30 % do orzamento de execución material da edificación.

b) Liña 1.2:

– Os proxectos deberán dirixirse ao desenvolvemento dun novo envase, embalaxe ou PLV, e poderán incluír elementos de identidade gráfica e comunicación sempre que estean asociados ao mesmo proxecto.

Para estes efectos, enténdese por novo envase, embalaxe ou PLV a concepción e desenvolvemento de produtos que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redefinición de produtos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.

– Os proxectos deberán propor o desenvolvemento dun só produto ou dunha soa gama concreta de produtos, describindo o proxecto cun grao de definición suficiente, de modo que sexa factible tanto para edición limitada como para industrialización.

– Os proxectos deberán incluír como material principal a madeira, ou un produto derivado de madeira, e garantir que o envase, embalaxe ou PLV resultante obteña o selo de certificación forestal sustentable correspondente (certificación PEFC, FSC ou equivalente).

– En ningún caso poderá tratarse de produtos xa existentes no mercado aos cales se incorporen pequenas adaptacións ou grafismos.

Ademais, no caso de envase ou embalaxe:

– Os proxectos deberán primar que o produto sexa o máis reducido posible, monomaterial, reutilizable e facilmente separable para a súa correcta xestión e reciclaxe posterior.

Ademais, no caso de PLV:

– Os proxectos deberán permitir alongar ao máximo a vida útil dos produtos, garantindo a dispoñibilidade de pezas de recambio e/ou a posibilidade de seren reutilizados.

– Os proxectos deberán definir o produto para que, ao finalizar a súa vida útil e unha vez esgotadas todas as posibilidades de reutilización, este poida ser desmontado separando os diferentes materiais para a súa posterior xestión e reciclaxe.

c) Liña 1.3:

– A edificación proxectada estará destinada a uso residencial unifamiliar.

– O proxecto de execución deberá estar asinado por un técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da súa natureza.

– O proxecto de execución deberá recoller a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

– Os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira (con ou sen finalidade estrutural) e á súa colocación, inclúidos no proxecto de execución, suporán polo menos o 30 % do orzamento de execución material da vivenda.

d) Liña 2:

– A obra deberá ter por obxecto o acondicionamento de novos establecementos comerciais ou de negocio, ou a reforma integral, reforma puntual, renovación, modernización ou ampliación dos existentes co fin de mellorar a imaxe exterior ou interior, mellorar a accesibilidade, a eficiencia enerxética ou a acústica do local, cun orzamento mínimo subvencionable de 600 euros.

– Cando sexa preceptivo, a obra deberá contar con proxecto técnico ou memoria valorada asinada por un técnico competente e visada polo colexio profesional correspondente.

– O establecemento ou local de negocio deberá dispor da comunicación previa de actividade segundo o disposto no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. No caso de acondicionamento de novos establecementos, deberá acreditarse a presentación da comunicación previa para o inicio da actividade unha vez finalizada a obra, xunto coa documentación xustificativa que se deberá presentar para o pagamento da axuda.

– A persoa ou entidade beneficiaria deberá ser usuaria legal e actuar como propietaria, arrendataria, usufrutuaria do inmoble ou ser titular doutro título xurídico que permita a realización da obra obxecto de axuda.

– A obra deberá iniciarse con posterioridade á obtención da licenza municipal ou á presentación da comunicación previa, segundo proceda e sexa preceptivo.

– As obras deberán implicar a utilización de produtos de madeira ou derivados da madeira en, entre outros, cartelaría, letreiros, rótulos, carpintarías de ocos interiores e exteriores, escaparates, peches, mobiliario a medida, pavimentos ou revestimentos exteriores ou interiores, ou acondicionamento acústico.

2. Para todas as liñas, as actuacións descritas no artigo 2 deberán executarse dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 7. Gastos subvencionables

1. No marco das convocatorias anuais que se publiquen ao abeiro destas bases reguladoras, terán a consideración de gastos susceptibles de recibir axuda aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada en cada liña e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento da acción para a cal foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro do ano da convocatoria e a data de xustificación indicada na resolución da axuda (no caso de axudas plurianuais que recollan xustificacións intermedias, deberase atender aos períodos de execución para cada anualidade fixados na resolución da axuda).

3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

4. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a realización das obras, servizos ou subministracións dos bens ou servizos incluídos na oferta.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia, economía e ambientais, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a dita elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 8. Custos subvencionables

1. Configúranse como custos subvencionables para cada unha das liñas os seguintes:

a) Liña 1.1:

Será subvencionable o custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos básico, no caso de que se redacte, e de execución, incluídos os dereitos colexiais.

En ningún caso o custo máximo subvencionable poderá superar o 10 % do orzamento de execución material do proxecto.

b) Liña 1.2:

Será subvencionable o custo dos honorarios técnicos de redacción do proxecto para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou PLV, os custos de ensaios ou verificación sempre que a norma o exixa, así como a fabricación.

c) Liña 1.3:

Será subvencionable o custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos básico, no caso de que se redacte, e de execución, incluídos os dereitos colexiais.

En ningún caso o custo máximo subvencionable poderá superar o 10 % do orzamento de execución material do proxecto.

d) Liña 2:

Serán subvencionables os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira elaborados coas especies Quercus robur, Castanea sativa, Betula sp. Prunus avium, Eucaluptus globulus, Pinus radiata, Pinus pinaster, Pinus sylvestris, e á súa colocación na obra e de adquisición de mobiliario ou elementos decorativos elaborados a medida en madeira ou derivados da madeira coas especies anteriormente referidas.

2. Os custos deberán respectar os requisitos específicos indicados en cada liña de axuda, así como os xerais para cada tipo de custo que se recollen nos artigos do 6 e 7 destas bases reguladoras.

3. Non se considerarán subvencionables en ningunha das liñas:

a) Taxas de permisos ou licenzas.

b) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa ou entidade beneficiaria.

c) De modo particular, para a liña 2 non se subvencionarán:

– Os honorarios de proxecto nin o custo visado colexial.

– A adquisición de mobiliario ou elementos decorativos producidos en serie.

Artigo 9. Presentación das solicitudes

1. As entidades solicitantes das liñas 1.1, 1.2 e 2 presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos as solicitudes de axuda a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

As persoas solicitantes da liña 1.3 presentarán preferiblemente as solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para as liñas 1.1, 1.2 e 2, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A presentación dunha solicitude ás convocatorias implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.

3. O prazo de presentación de solicitudes comenzará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata a data que se detalle nas distintas convocatorias, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza con anterioridade a esa data.

4. Só se poderá presentar unha solicitude por liña de axuda.

5. Para a liña 1.2, as empresas poderán presentarse de xeito individual ou agrupado; neste último caso será unha delas a responsable da solicitude. Os proxectos presentados por organismos intermedios ou por unha agrupación de empresas deberán contar cun mínimo de cinco empresas.

6. As solicitudes incluirán as seguintes declaracións responsables:

1º. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.

5º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades para as cales se solicita a axuda.

6º. Declaración responsable de que ningún dos provedores está asociados nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Ademais, de xeito específico para as liñas 1.1, 1.2 e 2 incluirase:

1º. Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas suxeitas ao réxime de minimis percibidas nos tres últimos exercicios fiscais.

2º. Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3º. Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

4º. Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

Artigo 10. Documentación complementaria necesaria para tramitar os procedementos

1. As persoas interesadas deberán achegar, segundo a liña solicitada, a solicitude de axuda (anexo II, III, IV e V, segundo corresponda) coa seguinte documentación:

a) Liña 1.1:

– Descrición dos investimentos previstos, o seu importe e os pagamentos previstos para cada anualidade (cubrirase directamente no anexo de solicitude da axuda).

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Copia das escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, e certificación da situación censual, no caso de autónomos.

– Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos, de conformidade co disposto no artigo 7 destas bases.

– Memoria sucinta na cal se describan as características previstas do proxecto, a actividade do solicitante (detallando CNAE) e o uso a que se destinará a edificación, así como as súas características principais (localización, superficie, sistema estrutural que se vai utilizar, emprego previsto doutros produtos de madeira ou derivados da madeira, orzamento estimado).

b) Liña 1.2:

– Descrición dos investimentos previstos, o seu importe e os pagamentos previstos para cada anualidade (cubrirase directamente no anexo de solicitude da axuda).

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude. No caso de solicitudes conxuntas, cada entidade achegará a documentación que se indica nesta epígrafe.

– Copia das escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, e certificación da situación censual, no caso de autónomos. No caso de solicitudes conxuntas, cada entidade achegará a documentación que se indica nesta epígrafe.

– Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante. No caso de solicitudes conxuntas, cada entidade achegará a documentación que se indica nesta epígrafe.

– Anexo VI de pluralidade de persoas solicitantes, no cal se detallarán todos os solicitantes a maiores do que figura no anexo III, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo integra para cada entidade solicitante a autorización á entidade sinalada como representante para presentar a solicitude en nome do resto.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) que inclúan os honorarios de redacción do proxecto, os custos de ensaios ou verificación sempre que a norma o exixa, así como os custos de fabricación, de conformidade co disposto no artigo 7 destas bases.

– Autoavaliación ambiental referida no artigo 3 das bases. O responsable do desenvolvemento do envase, embalaxe ou PLV descargará a ferramenta de autoavaliación na web da XERA (https://xera.xunta.gal/envase), cubrirá os datos requiridos nela, gardará o resultado en formato PDF e achegará este documento ao contrato, orzamento ou factura pro forma (segundo sexa o caso).

c) Liña 1.3:

– Descrición dos investimentos previstos, o seu importe e os pagamentos previstos para cada anualidade (cubrirase directamente no anexo de solicitude de axuda).

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 7 destas bases.

– Memoria sucinta en que se describan as características previstas do proxecto, detallando as súas características principais (localización, superficie, sistema estrutural que se deberá usar, emprego previsto doutros produtos de madeira ou derivados da madeira, orzamento estimado).

d) Liña 2:

– Descrición dos investimentos previstos, o seu importe e os pagamentos que se prevén para cada anualidade (cubrirase directamente no anexo de solicitude de axuda).

– Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

– Copia das escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, e certificación da situación censual, no caso de autónomos.

– Copia dos estatutos sociais da entidade solicitante.

– Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, de conformidade co disposto no artigo 7 destas bases.

– Memoria sucinta asinada por técnico competente, cando proceda, en que se detallen a actividade do solicitante (detallando CNAE), o uso a que se destina ou destinará o local e cada unha das actuacións para as cales se solicita subvención, que incluirá unha descrición pormenorizada, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar en relación coa utilización de produtos de madeira.

– Documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da intervención ou obra que se pretende acometer, proxecto técnico de obra, decoración ou interiorismo asinado por un profesional competente no cal deberán incluírse as actuacións para as cales se solicita subvención, que deberán coincidir coa memoria presentada, incluídas medicións e orzamento.

– Copia da solicitude de licenza de obra ou acreditación de presentación de comunicación previa, se procede.

– Fotografías ou documentos gráficos do local antes de iniciar as actuacións, agás no caso de que teñan realizado as actuacións con anterioridade á data de publicación da convocatoria.

– Copia do título que xustifique o dereito de uso do local.

– Copia da comunicación previa de actividade, no caso de obras de reforma.

No caso de existencia de máis dunha persoa propietaria ou que posúa algún dereito de uso sobre o inmoble, deberá achegarse a correspondente autorización en relación coas obras que se pretenden executar.

No caso de persoas arrendatarias ou usufrutuarias, deberá achegarse copia do contrato de arrendamento e a correspondente autorización do propietario e/ou nu propietario en relación coas obras que se pretenden executar.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada pola persoa interesada, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para tramitación destas axudas, en función do tipo de procedemento afectado, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– Para as liñas 1.1 (IN502B), 1.2 (IN502C) e 2 (IN502E):

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa solicitante.

c) IRPF da persoa solicitante.

d) DNI/NIE da persoa representante.

e) Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

f) Certificados de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

h) Consulta de concesións de subvencións e axudas polo réxime de minimis.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Para a liña 1.3 (IN502D):

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) IRPF da persoa solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) Certificados de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.

e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexos II, III, IV e V), así como achegar os ditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta por parte do órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación das axudas que se publiquen ao abeiro destas bases, así como a comunicación do cumprimento das obrigas comprometidas, deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia para as solicitudes vinculadas ás liñas 1.1, 1.2 e 2.

Para a liña 1.3, os trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes realizaranse preferiblemente por medios electrónicos. Opcionalmente, poderanse efectuar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Notificacións

1. Nas actuacións vinculadas ás liñas 1.1, 1.2 e 2 as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Nas actuacións vinculadas á liña 1.3, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferiblemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou se deixen de practicar por medios electrónicos. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade, electrónica ou en papel, escollida para a notificación.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada, e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Axencia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Tramitación

1. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións que se convoquen ao abeiro destas bases reguladoras. Corresponderalle ao director da Axencia ditar a resolución de concesión.

2. Aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán concedidos, ata o esgotamento do crédito, respectando a súa orde de entrada sen comparación con outras solicitudes. Considerarase como data de presentación aquela en que unha solicitude reúna toda a documentación requirida, unha vez emendadas todas as posibles deficiencias.

De producirse o esgotamento do crédito asignado con data anterior ao 30 de setembro de 2020, este esgotamento publicarase no momento en que se produza na web da Axencia Galega da Industria Forestal, de xeito que non poderán ser atendidas as solicitudes presentadas cunha data posterior.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se unha solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos na convocatoria e nas bases reguladoras ou non se xunta a documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria e das bases reguladoras, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

6. Unha vez concluída a instrución, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución individual ao director da Axencia para ditar a correspondente resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Artigo 15. Resolución

1. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas máis que as aducidas polos interesados, o director da Axencia Galega da Industria Forestal ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación.

Nas resolucións individuais poderán realizarse axustes orzamentarios en función da demanda e da natureza xurídica do beneficiario.

2. Notificaráselle a cada beneficiario un documento que estableza as condicións da axuda para a operación e no cal deberá figurar, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución.

3. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de xeito individual e tal e como se recolle no artigo 13 das bases reguladoras.

4. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ás distintas convocatorias é de dous meses, contados a partir da data de entrada en rexistro da solicitude. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver da Administración.

5. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte en que se produzan os efectos do silencio administrativo ante o presidente da Axencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 16. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma aprobados que se recollen nas resolucións de concesión. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, o órgano concedente poderá modificar a resolución de concesión.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que este presente a solicitude de modificación cunha anterioridade mínima de 15 días hábiles á data de finalización do prazo de xustificación e se cumpran ademais os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación da actividade subvencionable estea comprendida dentro da finalidade e dos requisitos das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención.

d) Que non sexan tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

e) As modificacións que supoñan incrementos do importe do investimento subvencionable non comportarán un incremento do importe da subvención concedida.

f) Non se admitirán modificacións que supoñan un cambio de beneficiario.

4. A solicitude de modificación deberá motivar os cambios que se propoñen e debe xustificar a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

5. En ningún caso se autorizarán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

6. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado. A autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao interesado.

Artigo 17. Renuncia

No caso de que o beneficiario dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo á Axencia Galega da Industria Forestal. Neste caso, ditarase a correspondente resolución, que se notificará de conformidade co procedemento establecido no artigo 13 destas bases reguladoras.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Con carácter xeral, son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto ou realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como realización a actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión, para o cal achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo do artigo 3 das bases reguladoras.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Cumprir coas medidas informativas e publicitarias nos termos recollidos no artigo 25 das bases.

2. Especificamente, para as liñas 1.1 e 1.3:

a) Executar a obra en Galicia e nun prazo de 18 meses, contados desde a data de visado do proxecto de execución.

b) Iniciar a construción de conformidade co establecido na lexislación e o planeamento urbanístico e logo de obtención da licenza urbanística.

c) Comunicar a finalización da obra á Axencia Galega da Industria Forestal no prazo dun mes desde que esta tivesa lugar, conforme o establecido no artigo 22.

d) No caso de non ser quen de executar a redacción do proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia á solicitude ou a axuda concedida no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de xustificación.

e) No caso de non ser quen de executar materialmente a obra no prazo de 18 meses contados desde a data de visado do proxecto de execución, comunicar a renuncia á solicitude ou á axuda concedida no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo establecido para a execución.

3. Especificamente, para a liña 1.2:

a) No prazo máximo de 6 meses, contados desde o momento de concesión da axuda, o novo envase, embalaxe ou PLV deberá estar fabricado e incorporado no circuíto de venda da/s empresa/s solicitante/s.

b) Entenderase como lote mínimo de fabricación 50 unidades do novo envase ou embalaxe; e 2 unidades de PLV, incorporadas no circuíto de venda da/s empresa/s solicitante/s.

c) No caso de envase ou embalaxe, finalizado o proxecto, o solicitante comprométese a enviar dúas unidades á Axencia Galega da Industria Forestal, XERA, para a súa exposición.

d) Finalizado o proxecto, o solicitante comprométese a facilitar os datos necesarios para realizar o estudo comparativo da pegada de carbono do novo produto e a súa mellora ambiental. Isto incluirá os datos do produto previo (antigo envase, embalaxe ou PLV) se houbese.

Para iso, as empresas deberán cubrir e remitir o formulario dispoñible na web de XERA (https://xera.xunta.gal/envase) incluíndo información sobre os materiais empregados e a súa tipoloxía, a porcentaxe de materiais reciclados empregados, as dimensións, os acabados, a procedencia dos materiais e o tipo de transporte empregado, xunto con información relativa á fin de vida do produto.

4. Especificamente, para a liña 2:

a) No caso de non ser quen de executar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia a ela no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo concedido para a execución.

b) Iniciar as obras logo de obtención da licenza urbanística ou presentación da comunicación previa, se procede, de conformidade co establecido na lexislación e o planeamento urbanístico.

5. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 19. Xustificación e pagamento da subvención

1. A data límite de xustificación dos traballos establecerase na convocatoria anual, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagaemnto) dentro do prazo de execución.

2. A Axencia comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade, o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención e das demais obrigas exixidas ás persoas beneficiarias das axudas.

3. Os órganos competentes da Axencia poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa solicitante os presentase, a Axencia iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

4. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 16 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte da Axencia no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Transcorrido o prazo establecido da xustificación sen ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. De ser o caso, unha vez presentada a solicitude de pagamento, realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados de conformidade co disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Documentación xustificativa que se deberá presentar para o pagamento da axuda

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa da subvención de conformidade co recollido neste artigo.

2. Para o pagamento parcial, no caso de axudas con dúas anualidades, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento da axuda (anexo VII, VIII, IX ou X, segundo corresponda), onde se incluirán as seguintes declaracións responsables:

1º. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

3º. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, de xeito específico para as seguintes liñas 1.1, 1.2 e 2 incluirase:

1º. Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas suxeitas ao réxime de minimis percibidas nos tres últimos exercicios fiscais.

2º. Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3º. Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

4º. Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

b) Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable e documentación acreditativa do pagamento, que deberán cumprir o indicado no anexo XI.

c) Relación ordenada dos investimentos e dos pagamentos efectuados (anexo XII).

d) Certificado de depósito de aval bancario na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, se procede.

3. Para o pagamento final da axuda deberá presentarse:

a) A documentación recollida no punto 1 deste artigo.

b) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente, onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado.

c) Especificamente, para as liñas 1.1 e 1.3:

– Proxecto de execución asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da natureza da obra.

– Memoria sucinta en que se describan as características principais do proxecto de execución: localización, uso a que se destinará, superficie, sistema estrutural que se vai empregar, utilización prevista doutros produtos de madeira, orzamento de execución material, prazo de execución estimado.

– Copia da solicitude de licenza de obra conforme a normativa vixente.

– Certificación do proxectista respecto do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 6, letras a) ou c), segundo proceda, facendo constar expresamente que o proxecto de execución recolle a realización total ou parcial dos elementos estruturais empregando produtos de madeira ou derivados da madeira e que os custos das unidades de obra correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira (estruturais e non estruturais) e a súa colocación incluídos no proxecto supoñen, polo menos, o 30 % do orzamento de execución material da obra. Incluirase unha relación das correspondentes unidades de obra (con detalle de medición e prezo unitario) agrupadas por capítulos.

d) Especificamente, para a liña 1.2:

– Autoavaliación ambiental segundo se refire no artigo 10.

– Memoria técnica do proxecto en que se inclúan, como mínimo, o obxectivo, o público obxectivo, a descrición da empresa, os requisitos do proxecto, a idea e o concepto, o desenvolvemento e a documentación do resultado.

c) Especificamente, para a liña 2:

– Memoria sucinta da intervención en relación coa utilización de produtos de madeira asinada por técnico competente, se procede, que xustifique as actuacións realizadas e as posibles modificacións respecto á memoria achegada xunto coa solicitude de axuda.

– Certificado final de obra asinado por técnico competente, se procede, onde se detallen todas as unidades de obra correspondentes a produtos de madeira ou derivados da madeira (detallando medición e prezo unitario), agrupadas por capítulos.

– Copia da licenza de obra ou comunicación previa, se for exixible pola natureza da intervención.

– Fotografías da intervención realizada e do material onde se aprecie (debe permitir a súa lectura) que se cumpriu coa obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 26 destas bases.

– Comunicación de actividade, no caso de acondicionamento de novos establecementos.

Artigo 21. Anticipos e pagamentos á conta

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007 e nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009.

No caso de que non se solicite o pagamento anticipado, este realizarase na súa totalidade unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda.

2. Pagamentos anticipados.

Mediante resolución motivada da Axencia Galega da Industria Forestal poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido no momento da resolución.

No caso de que a entidade fixer constar na solicitude de subvención que solicita a modalidade de pagamento anticipado deberá presentar, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión, a documentación seguinte:

a) Unha solicitude de pagamento anticipado, utilizando o modelo do anexo XIII.

b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas e, de ser o caso, a declaración do conxunto de axudas recibidas pola entidade en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso en que se presenta a solicitude.

c) Certificado de depósito de aval bancario na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, se procede.

– No caso de axudas plurianuais:

a) Primeira anualidade: poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido para esa anualidade.

b) Anualidades seguintes: poderá anticiparse como máximo ata o 50 % do importe da subvención concedida para a anualidade correspondente sempre que, conxuntamente cos pagamentos anticipados e á conta realizados ata ese momento, non se supere o 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, tras a xustificación e pagamento da anualidade anterior e presentación da documentación sinalada anteriormente. No caso de que a xustificación da anualidade anterior sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.

3. Pagamentos parciais á conta no caso de axudas plurianuais: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación intermedia da execución das actividades obxecto da axuda.

4. O importe conxunto dos pagamentos parciais á conta e dos pagamentos anticipados non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

5. Os ditos pagamentos á conta e anticipos, cando o importe dos pagamentos supere os 18.000 euros, sempre e cando a persoa beneficiaria non estea exonerada da obriga de constituír garantía, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca e deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación final previsto na convocatoria. O referido aval depositarase á disposición da Axencia Galega da Industria Forestal na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 110 % das cantidades aboadas á conta ou anticipadas.

Artigo 22. Comunicación de fin de obra

En cumprimento do exixido no artigo 18, as persoas e entidades beneficiarias das liñas de axuda 1.1 e 1.3 deberán comunicar á Axencia Galega da Industria Forestal a finalización da obra no prazo dun mes desde que esta teña lugar e achegar a seguinte documentación:

a) Copia da licenza de obra.

b) Copia da certificación de fin de obra emitida pola dirección de execución dela.

c) Copia da certificación de liquidación final emitida pola dirección de execución da obra

d) Certificación de liquidación parcial de todas as unidades de obra correspondentes a produtos de madeira ou derivados da madeira (detallando medición e prezo unitario), agrupadas por capítulos, emitida pola dirección de execución da obra.

e) Memoria sucinta das características da edificación en que se describan as súas características principais (uso a que se destinará, localización-referencia/s catastral/ais, superficie, sistema estrutural empregado, orzamento de execución material, data de inicio e fin da obra e modificacións respecto ao proxecto).

f) Fotografías das obras realizadas e do material onde se aprecie (debe permitir a súa lectura) que se cumpriu coa obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 26 destas bases.

Artigo 23. Perda de dereito a cobramento e reintegro

1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos nos termos expresados no artigo 18. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, realizará o reintegro da subvención.

2. Son causas de perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro da axuda as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos subministrados pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento do obxectivo, da actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigacións impostas na resolución de concesión da axuda.

d) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) A obtención de axudas de distintas procedencias ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

f) Calquera das demais causas previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No caso das liñas 1.1 e 1.3, tamén son causas de perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro da axuda as seguintes:

– A non execución da obra nun prazo de 18 meses contado desde a data de visado do proxecto de execución.

– Que os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira (con ou sen finalidade estrutural) e á súa colocación supoñan menos do 30% do custo de execución material.

– A desviación á baixa do orzamento de execución material respecto ao custo final de execución material superior ao 15 %.

4. No caso da liña 2, tamén son causas de perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro da axuda as seguintes:

– A comisión de infraccións urbanísticas nas obras obxecto de subvención ou no suposto de que as obras se executen fóra dos parámetros autorizados na licenza municipal de obras ou reflectidos na comunicación previa.

– O inicio das obras antes da concesión da licenza de obras ou da presentación de comunicación previa, se procedese segundo o caso; o promotor perderá todos os dereitos sobre a axuda.

5. No caso da liña 1.2, tamén é causa de perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro da axuda:

– A obtención dunha menor puntuación na autoavaliación ambiental no momento da xustificación con respecto ao momento da solicitude, sempre que esta variación implique unha minoración na intensidade da axuda segundo o artigo 3.

6. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo, de ser o caso, o reintegro das cantidades pagadas será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Infraccións e sancións

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Axencia publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

1. As persoas beneficiarias deberán comunicar o carácter de financiamento público do proxecto nos termos recollidos no anexo XIV.

2. No caso de que na realización dun control a posteriori se verifique o incumprimento do establecido no punto 1 deste artigo, procederase á solicitude de reintegro da axuda concedida.

3. Para estes efectos, os logotipos poderán descargarse en formato .jpg na web da Axencia Galega da Industria Forestal (https://xera.xunta.gal/a-axencia/identidade-corporativa).

4. A presentación da solicitude de axuda suporá a autorización para a utilización das fotografías que formen parte do expediente de axuda por parte da Axencia Galega da Industria Forestal con fins de promoción do uso da madeira.

Artigo 27. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Axencia Galega da Industria Forestal, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega da Industria Forestal: https://xera.xunta.gal

b) No teléfono 881 99 54 76.

c) O enderezo electrónico: xera.ceei@xunta.gal

d) https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

e) Presencialmente, na Axencia Galega da Industria Forestal, avenida Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro), 15781 Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI

Instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento
as actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán nas copias das facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece o Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación:

En particular, as facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, recibos nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

– Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado.

– Así mesmo, o provedor e os investimentos que figuren deberán coincidir exactamente cos que figuran no orzamento escollido das tres ofertas presentadas.

2. Xustificantes do pagamento. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentarase o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante selado de transferencia bancaria ou certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. Os xustificantes estarán selados pola entidade bancaria. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira ou dispor dun código para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade financeira.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc., que deberán ir selados co selo orixinal da entidade financeira) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pago, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

missing image file
missing image file

ANEXO XIV

Medidas informativas e publicitarias

1. Conforme o establecido no artigo 26 das bases da convocatoria, os beneficiarios das axudas deberán comunicar o carácter público de financiamento do proxecto colocando polo menos un panel (dun tamaño mínimo A3) ou unha placa con información sobre o proxecto, co deseño que figura neste anexo, onde se destaque a axuda financeira recibida nun lugar ben visible para o público. Cando no obxecto da axuda, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha situación adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por un adhesivo ou impresión.

2. No caso das liñas 1.1 e 1.3, o cartel deberá colocarse durante a realización das obras e manterse na edificación durante os 5 anos posteriores ao pagamento final da axuda concedida. Empregaranse os logotipos indicados no punto 5, opción B.

3. No caso da liña 2, o cartel deberá manterse durante os 5 anos posteriores ao pagamento final da axuda concedida. Empregaranse os logotipos indicados no punto 5, opción B.

4. No caso da liña 1.2, a comunicación de carácter público realizarase:

1) No propio produto:

1.1) Incluirase o logotipo da Xunta (opción A) xunto co texto: «Cofinanciado por» sempre que, dado o tamaño do produto, o logotipo poida ter como mínimo 1 cm de altura.

1.2) Incluirase o texto «https://xera.xunta.gal/packaging» sempre que, dado o tamaño do produto, non sexa posible incluír o logotipo da Xunta.

2) No caso de que o produto non leve ningún tipo de etiqueta ou texto en que se poidan adoptar as solucións 1.1 ou 2.2, garantirase a publicidade no propio establecemento, na web da empresa ou nas redes sociais, segundo corresponda.

Neste caso, incluirase como mínimo unha fotografía do envase, embalaxe ou PLV, xunto coa mención do texto: «Cofinanciado por» xunto cos logotipos de Galicia, Xacobeo e Xunta (opción B), e manterase durante os 2 anos posteriores ao pagamento final da axuda concedida.

5. Logotipos.

– Opción A:

missing image file

– Opción B:

missing image file

En relación cos logotipos, empregarase unicamente o(s) da Xunta de Galicia e, en ningún caso, o da XERA.

No caso de que, ademais do logotipo do solicitante e os da Xunta de Galicia, for preciso incorporar outros, consultaráselle previamente a esta axencia a disposición que se deberá empregar.

Os logotipos da Xunta de Galicia poden descargarse en: https://xera.xunta.gal/a-axencia/identidade-corporativa

6. Nas redes sociais, empregaranse os hashtag #XERAproxecta, para o caso das liñas 1.1, 1.3 e 2, e #XERApackaging, para a liña 1.2. Ademais, utilizarase a ferramenta @ para enlazar correctamente co perfil da Axencia, nas novas que citen o produto obxecto de axuda:

Linkedin: XERA - Axencia da Industria Forestal (www.linkedin.com/company/xera-axencia-da-industria-forestal)

Facebook: XERA - Axencia da Industria Forestal (www.facebook.com/XERAindustriaforestal)

missing image file

Axencia Galega da Industria Forestal