Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29579

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución de 22 de xullo de 2020 pola que se establece o procedemento de concesión da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia (código de procedemento TU985B).

BDNS (Identif.): 516819.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias deste bono aquelas persoas empregadas públicas, tanto persoal funcionario, estatutario ou persoal laboral, fixo ou temporal, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

a) Todo o persoal do Sistema público de saúde de Galicia, tanto dependente da Consellería de Sanidade como do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas dependentes deste organismo.

b) Persoal empregado público destinado nos centros residencias de maiores, discapacidade e menores, calquera que sexa a súa categoría laboral.

2. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

a) Que a persoa solicitante teña a condición de empregado publico das categorías establecidas no número anterior.

b) Que a persoa solicitante estivese prestando servizos dentro do período comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de xuño de 2020.

Segundo. Obxecto, contía e réxime das subvencións

Esta resolución ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia, que se fará efectivo a través dunha tarxeta prepagamento que se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico e que se atopan publicadas na web da Axencia turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia (código de procedemento TU985B).

O procedemento de concesión do Bono turístico é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competititiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 22 de xullo de 2020 pola que se establece o procedemento de concesión da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia (código de procedemento TU985B).

Cuarto. Financiamento das actividades subvencionadas

O crédito necesario para cargar as tarxetas financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.480.0, código de proxecto 2015 00006, polo importe total máximo de 5.000.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución ata o dia 30 de novembro de 2020 (incluído).

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 setembro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia