Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 29946

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o ano 2020:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B).

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

No DOG núm. 137, do 10 de xullo de 2020, publicouse Resolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020. No anexo II da Resolución do 1 de xullo de 2020 figuraban as 47 solicitudes do programa de fomento da conciliación que, cumprindo os requisitos para seren beneficiarias das axudas, non se incluíron na proposta de concesión por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidas, de ser o caso, a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións.

Mediante a Resolución do 6 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 138, do 13 de xullo), ampliouse a dotación orzamentaria da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020. O incremento da dotación será de 215.051,77 € na anualidade 2020, con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1 (código de proxecto 2016.00018) consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Segundo o artigo 17.3 das bases reguladoras, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, as subvencións para o financiamento do programa de fomento da conciliación das entidades locais que se indican no anexo, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 16 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo, por un importe total de 222.030,14 euros, na aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1, código do proxecto 2016 00018.

Lémbrase ás entidades beneficiarias que, de acordo co establecido no artigo 21.2 das bases reguladoras, se realizará un primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez que se realice a notificación da resolución.

O 25 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

Así mesmo, de acordo co establecido no artigo 20.1 da convocatoria, a data límite para a presentación da documentación xustificativa da actuación subvencionada necesaria para proceder ao pagamento da subvención é a seguinte:

a) Programa de fomento da conciliación (SI435B): o prazo para presentar a xustificación das medidas subvencionadas ao abeiro destes programas finaliza o 9 de outubro de 2020.

Dentro do dito prazo, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación común e a específica correspondente á actuación subvencionada relacionada no artigo 20.3 da convocatoria. De acordo co establecido no artigo 12.6 das bases reguladoras, a presentación da documentación deberá realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os datos do perfil, dos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes achegaranse a través da aplicación informática Participa 1420.

Segundo. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo desta resolución do seguinte:

a) As subvencións concedidas ao abeiro dos programas recollidos nas letras a), b) e c) do artigo 1.1 das bases reguladoras están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. No caso do programa de fomento da conciliación, no obxectivo temático 8 «Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», prioridade de investimento 8.4 «A igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, incluídos o acceso ao emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada e a promoción de igual remuneración por igual traballo», obxectivo específico 8.4.2 «(Re) integrar e manter no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, e fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral»; e no caso do Programa de apoio aos CIM, no obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «A loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, e evitar, pola súa vez, a discriminación múltiple».

b) A aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

c) Estas axudas son incompatibles con outras axudas públicas para a mesma actuación ou actividade nos termos establecidos no artigo 3 da convocatoria.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na demais normativa europea de aplicación, así como as condicións e obrigas establecidas no artigo 22 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

e) Nos artigos 6.7, 8.7 e 24 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da subvención inicialmente concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

A secretaria xeral da Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020; DOG núm. 111, do 9.6.2020)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa

ANEXo

Concesións

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B)

Núm.

Expediente

Entidade

NIF

Nome da medida

Gasto elixible*

Puntos

Importe concesión segundo puntuación

SI435B 2020/37

Concello de Ponteceso

P1506900H

Programa respira

20.460,82

40,00

12.000,00

SI435B 2020/72

Concello de Ourol

P2703800I

Ludoteca de verán

4.200,00

39,00

3.360,00

SI435B 2020/41

Concello de Vilarmaior

P1509200J

Actividades de conciliación

5.040,00

39,00

4.032,00

SI435B 2020/57

Concello de Monfero

P1505100F

Concilia Monfero

14.229,60

39,00

11.383,68

SI435B 2020/97

Concello de Maceda

P3204400J

Programa mañanceiros

33.778,35

39,00

12.000,00

SI435B 2020/05

Concello de Moeche

P1505000H

Campamentos de conciliación familiar

5.100,00

39,00

4.080,00

SI435B 2020/83

Concello de Catoira

P3601000G

Programa de fomento da conciliación do Concello de Catoira

13.400,00

39,00

10.720,00

SI435B 2020/89

Concello das Neves

P3603400G

Campamentos de verán

16.800,00

39,00

12.000,00

SI435B 2020/131

Concello do Saviñao

P2705800G

Aula de verán

16.800,00

39,00

12.000,00

SI435B 2020/14

Concello de Toén

P3208200J

Madrugadores e campamento de verán

3.389,00

38,00

2.711,20

SI435B 2020/46

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

Concilia Vilar de Santos

11.200,00

38,00

8.960,00

SI435B 2020/82

Concello de Baralla

P2703600C

Campamentos urbanos para conciliación da vida laboral e familiar

12.752,60

38,00

10.202,08

SI435B 2020/127

Concello de Esgos

P3203200E

Aprende sorrindo en Esgos

9.013,20

38,00

7.210,56

SI435B 2020/124

Concello de Valdoviño

P1508800H

Programa concilia tempos

15.061,60

38,00

12.000,00

SI435B 2020/100

Concello de Meis

P3602800I

Programa de conciliación no centro social municipal Casa de Escudeiro de Meis

4.484,48

37,00

3.587,58

SI435B 2020/34

Concello de Vigo

P3605700H

Servizo de atención domiciliaria á infancia

56.000,00

37,00

12.000,00

SI435B 2020/114

Concello de Mesía

P1504800B

Programa respira Mesía

9.254,00

36,00

7.403,20

SI435B 2020/102

Concello de Cee

P1502300E

Respira

11.227,82

36,00

8.982,26

SI435B 2020/105

Concello de Soutomaior

P3605300G

Campamento urbano concilia en igualdade

11.480,00

36,00

9.184,00

SI435B 2020/32

Concello de Forcarei

P3601800J

Concilia Forcarei

16.800,00

35,00

12.000,00

SI435B 2020/134

Concello de Ramirás

P3206900G

Programa concilia infancias Ramirás

16.226,00

35,00

12.000,00

SI435B 2020/111

Concello da Cañiza

P3600900I

Programa educativo de verán Eu quero ser

5.066,00

35,00

4.052,80

SI435B 2020/125

Concello de Miño

P1504900J

Respira

53.306,75

35,00

12.000,00

SI435B 2020/144

Concello de Malpica de Bergantiños

P1504400A

Campamento en igualdade

11.979,58

35,00

9.583,66

SI435B 2020/31

Concello de Taboada

P2706000C

Actividades de verán

10.721,40

34,00

8.577,12

(*) Custos directos de persoal máis un 40 % e menos os ingresos, de ser o caso.