Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 29952

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (códigos de procedemento SI435B, SI435A, SI427B e SI435C).

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro de 2020), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2020 as subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B).

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O día 10 de xullo de 2020 saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo).

Advertido un erro na publicación da concesión das axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia no procedemento SI435A, procedeuse a unha nova avaliación e baremación da solicitude do Concello das Pontes de García Rodríguez pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras. Vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, procedeuse á corrección do erro observado.

• O expediente SI435A 2020/55, correspondente ao Concello das Pontes de García Rodríguez, figura na páxina 27487 do DOG núm. 137, do 10 de xullo, no anexo II (lista de agarda) cunha puntuación de 20 puntos. A puntuación que lle corresponde é de 30 puntos, polo que o Concello das Pontes de García Rodríguez debe estar incluído no anexo I de concesión.

Unha vez avaliada a solicitude pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Incluír no anexo I de concesións no posto 46, con 30 puntos, o Concello das Pontes de García Rodríguez.

ANEXO I

Concesións

b) Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A).

Núm. de expediente

Entidade

NIF

Actuación

Gasto elixible*

Puntos

Importe de concesión segundo puntuación

SI435A 2020/55

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

Obradoiro A arte de coidarte

3685,89

30

2948,71

(*) Custos directos de persoal máis un 40 % e menos os ingresos, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

A secretaria xeral da Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020; DOG núm. 111, do 9 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa