Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31095

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6327/2019-RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 6327/2019, seguido por instancia de Manuela Rivas Vidal contra Ambuibérica, S.L., Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Manuela Rivas Vidal, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 10 de xullo de 2020.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado Ricardo Pérez Seoane, en nome e representación da mercantil Ambuibérica, S.L., ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala. Faise saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Respecto á sentenza sinalada como de contraste, ao ser ditada por esta sala, cando se interpoña o recurso, acordarase.

Considérase efectuado o depósito de 600 €.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte impugnada poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza