Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31097

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 334/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimentos/cesamentos en xeral 334/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carolina Álvarez Basich contra a empresa New Denim Wholesal, S.L.U. e Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que admitindo a demanda interposta por Carolina Álvarez Basisch contra a empresa New Denim Wholesal, S.L.U.

(1) Declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 26.2.2019 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –s. e. o. o.– de mil douscentos oito euros e oitenta e cinco céntimos (1.208,85 €); e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a doce mil trescentos setenta e catro euros e corenta e seis céntimos (12.374,46 €).

(2) Condénoa a que lle aboe a cantidade de mil cincocentos dezasete euros e dezaoito céntimos (1.517,18 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na Oficina Xudicial dentro dos cinco (5) días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a New Denim Wholesal, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza