Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31361

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT224C).

BDNS (Identif.): 518101.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de titulares de librarías e teñan o seu domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.

Segundo. Obxecto

Esta orden ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de seren titulares de libraría, con domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT224C).

As axudas van dirixidas a apoiar o sector libreiro galego, no que se refire aos gastos derivados das actividades destinadas ao fomento da promoción da lectura e de difusión do libro e de creadores galegos (escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as) ou de fóra de Galicia, no 2020.

Para os efectos da presente orde, considéranse actividades de promoción da lectura e de difusión do libro e dos/das creadores/as, entre outras, as presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares, levadas a cabo no espazo físico do establecemento libreiro, así como actos de difusión dos libros a través da páxina web e redes sociais da libraría, difusión en prensa, radio, internet ou a través doutros medios.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de prodecemento CT224C).

Cuarto. Importe

A contía máxima adxudicada por medio desta orde ascende a tres mil euros (3.000,00 €) por libraría. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.770.2 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por un importe de 150.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo