Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31363

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

A Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG núm. 247, do 30 de decembro de 2019), prevé 3.302.990,00 € para a anualidade 2019 e 3.302.990,00 € para a anualidade 2020, distribuídos entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) existentes.

O punto 3 do artigo 2 da citada Resolución do 18 de decembro de 2019 indica que as contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, e que se debe publicar no DOG o aludido incremento.

O 4 de maio de 2020, o director xeral da Agader emitiu as resolucións polas que se lles autorizaba aos GDR o importe máximo dispoñible para a submedida 19.4 (gastos en custos correntes e animación) da medida Leader, que ten asignado un importe máximo vinculado ao importe asignado á submedida 19.2. Non obstante, algúns GDR optaron por solicitarlle a Agader un importe menor ao inicialmente previsto para a anualidade 2020. Esta diferencia ascende en total a seiscentos setenta e un mil setecentos cinco euros con noventa céntimos (671.705,90 €).

O 15 de xuño de 2020, a autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020 autorizou o traspaso do remanente da submedida 19.4 á submedida 19.2. Por outra banda, o 30 de xuño de 2020, o director xeral de Planificación e Orzamentos, por delegación do conselleiro de Facenda, autorizou o traspaso do remanente da submedida 19.4 á submedida 19.2.

Por outra parte, cómpre incorporar o remanente da convocatoria de proxectos Leader (submedida 19.2) inmediatamente anterior e correspondente ás anualidades 2019-2020, que estaba financiada con cargo ao mesmo crédito orzamentario. Estes remanentes de fondos, na anualidade 2020, que non se puideron asignar a ningún proxecto por inexistencia destes ou por desistencia dos promotores, ascenden a un importe total de seiscentos vinte e tres mil cento setenta e oito euros con noventa e seis céntimos (623.178,96 €).

Deste xeito, os importes globais a ampliar na anualidade 2020 ascenden a un total de un millón douscentos noventa e catro mil oitocentos oitenta e catro euros con oitenta e seis céntimos (1.294.884,86 €).

Remanente a incorporar da medida 19.2 procedente da convocatoria 2019-2020

623.178,96 €

Traspaso de fondos da medida 19.4 á 19.2

671.705,90 €

Total

1.294.884,86 €

Tendo en conta que rematou o prazo para a presentación de solicitudes, que o procedemento está en fase de instrución e que existen dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ao financiamento da liña de axudas de que se trata, coa finalidade de facela chegar ao maior número de beneficiarios posible para cumprir mellor os obxectivos previstos inicialmente.

Como consecuencia, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 11 de xullo de 2013, que se publicou mediante a Resolución do 24 de xullo de 2017 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase, nos importes que se indican a continuación, a dotación orzamentaria que prevé para 2020 a Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG núm. 247, do 30 de decembro de 2019):

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación
Agader

Proxecto Agader

Orzamento GPT

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7600

2016 00001

323.721,22 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7700

2016 00001

841.675,16 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7810

2016 00001

129.488,48 €

 Total

1.294.884,86 €

Conforme o exposto, a dotación orzamentaria total para o financiamento da convocatoria, para a anualidade 2020, é a seguinte:

Acción

(submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento GPT

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7600

2016 00001

1.149.468,72 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7700

2016 00001

2.988.618,66 €

01/19/20

13.04.712A.732.09

2016-00221

13.A1.712A.7810

2016 00001

459.787,49 €

 Total

4.597.874,86 €

A citada ampliación distribuirase entre os GDR conforme o remanente de fondos a que deu lugar cada un, tanto no que se refire ao remanente da convocatoria de proxectos inmediatamente anterior (submedida 19.2) correspondente ás anualidades 2019-2020, como no que respecta á submedida 19.4 da medida Leader, por solicitarlle a Agader a autorización dun importe menor ao inicialmente previsto para esa submedida.

Dentro de cada GDR afectado, o importe que lles corresponda distribuirase nas mesmas porcentaxes que establezan as resolucións do director xeral da Agader polas que se autorizarán a distribución dos importes dispoñibles para cada GDR na submedida 19.2 do PDR de Galicia 2014-2020 entre as tipoloxías de proxectos existentes nesa submedida (produtivos, non produtivos promovidos por entidades públicas de carácter local, non produtivos promovidos por entidades de natureza privada e formación promovida polos propios GDRs).

O crédito cofinánciase nun 75 % polo fondo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

A ampliación da dotación orzamentaria non lle afecta ao prazo de presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición adicional

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición derradeira

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural