Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31856

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 3 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

BDNS (Identif.): 496219.

De conformidade co previsto no artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Artigo único

1. A dotación orzamentaria prevista para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocadas para o ano 2020, de acordo coa Orde do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 34, do 19.2.2020), increméntase no importe de cincocentos oitenta mil euros (580.000,00 €) na aplicación orzamentaria 14.02.551B.770.0, CP 2016 00212, distribuídos do seguinte xeito:

– Ano 2020: 300.000,00 euros.

– Ano 2021: 280.000,00 euros.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta ao prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 30 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Defensa do Monte