Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34178

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2020 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B).

O 20 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.

O artigo 26.2 da Resolución do 31 de decembro de 2019 establecía os seguintes prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2020

Ata o 10 de outubro de 2020

Ano 2021

Ata o 10 de outubro de 2021

Ano 2022

Ata o 10 de outubro de 2022

Ano 2023

Ata o 2 de xuño de 2023

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2020

• Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de setembro de 2020.

Ano 2021

• Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.

Ano 2022

• Desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

Ano 2023

• Desde o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de maio de 2023.

O 28 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de xullo de 2020 pola que se adxudican as axudas da Resolución do 31 de decembro de 2019 para a consolidación de unidades mixtas de investigación. Tendo en conta a data da resolución de concesión destas axudas, os prazos de xustificación e execución dos gastos/pagamentos da anualidade 2020 establecidos no citado artigo 26.2 da convocatoria quedan moi reducidos, polo que se considera necesario ampliar estes prazos para viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2020.

En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 26.2 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

O artigo 26.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2020

Ata o 15 de decembro de 2020

Ano 2021

Ata o 10 de outubro de 2021

Ano 2022

Ata o 10 de outubro de 2022

Ano 2023

Ata o 2 de xuño de 2023

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2020

• Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de novembro de 2020.

Ano 2021

• Desde o 1 de decembro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021.

Ano 2022

• Desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

Ano 2023

• Desde o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de maio de 2023.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación