Cumpridas as previsións do artigo 15, número 2º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das atribucións que me confiren como presidente o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único
Que cesen nos seus cargos os titulares da Vicepresidencia e consellerías da Xunta de Galicia, agradecéndolles os servizos prestados:
– Alfonso Rueda Valenzuela, como vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
– Valeriano Martínez García, como conselleiro de Facenda.
– Ángeles Vázquez Mejuto, como conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
– Ethel María Vázquez Mourelle, como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.
– Francisco José Conde López, como conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
– Carmen Pomar Tojo, como conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.
– Román Rodríguez González, como conselleiro de Cultura e Turismo.
– Jesús Vázquez Almuíña, como conselleiro de Sanidade.
– Fabiola García Martínez, como conselleira de Política Social.
– José González Vázquez, como conselleiro do Medio Rural.
– Rosa María Quintana Carballo, como conselleira do Mar.
Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente