Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35199

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 112/2020, do 6 de setembro, polo que se nomean os titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 110/2020, do 6 de setembro, procede o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

– Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.

– Francisco José Conde López, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.

– Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda e Administración Pública.

– Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

– Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

– María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Emprego e Igualdade.

– Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

– Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social.

– José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural.

– Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente