Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de agosto de 2020, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente XC-02824-O-2019).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02824-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 27 de agosto de 2020

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02824-O-2019

CS-7428-AU

47401280M

Os extintores non van provistos dun precinto, non foron obxecto de inspeccións, non levan unha marca de conformidade ou ben non levan unha marca que indique a data da próxima inspección ou data límite de utilización.

16.5.2019; 10.10; AC552; 28,0

Artigo 198.6.3 do ROTT Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT

801 euros