Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35778

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2020 pola que se redistribúen as anualidades concedidas na Resolución do 13 de decembro de 2019, pola que se conceden as axudas da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19 (código de procedemento ED431G).

A evolución da pandemia do coronavirus COVID-19, declarada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), obrigou ao peche das universidades galegas durante varios meses, o que dificultou notoriamente que os centros de investigación do SUG, beneficiarios das axudas concedidas pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2020), puidesen manter unha actividade razoable no período. Moitas das accións que estaba previsto acometer, fundamentalmente na anualidade de 2020, foron adiadas cando non totalmente suprimidas por causas de forza maior.

Neste contexto, resulta lóxico readaptar os proxectos de investigación dos centros e os seus orzamentos para que ao remate das axudas, no ano 2022, poidan conseguirse os obxectivos que se fixaron para o período.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional procede a modificar a resolución de concesión de axudas de centros de investigación.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que teño conferidas,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

O artigo 21 da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), establece que se poderá modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

En aplicación deste artigo e como consecuencia da situación extraordinaria provocada pola pandemia do coronavirus COVID-19, o obxecto desta resolución é redistribuír as anualidades concedidas pola Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se conceden as axudas da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (código de procedemento ED431G) (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2020), para que as universidades beneficiarias poidan acometer un gasto máis axustado e racional.

Artigo 2. Ámbito e réxime de aplicación

1. A redistribución das anualidades das axudas concedidas a que se refire o artigo 1 desta resolución réxese de acordo ao seguinte:

– O importe das axudas outorgadas para o ano 2020 e que se refiran a gastos que son de imposible execución minorarase desta anualidade e redistribuirase nas anualidades 2021 e 2022.

2. Os centros de investigación deberán reelaborar os seus plans de accións para adaptalos ás novas circunstancias e, no mesmo sentido, reaxustar o indicador de produtividade E021-investigadores/ano participando en proxectos cofinanciados (persoas-ano).

Artigo 3. Redistribución de créditos

A redistribución de créditos imputarase ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na aplicación 10.40.561B.744.0, no marco do plan de financiamento do SUG para o período 2019-2020, agás as anualidades de 2021 e 2022, que se integrarán no novo plan de financiamento de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Universidade

Tipo de fondo

Código de proxecto

Importes

2020

2021

2022

Total

UDC

Feder (S)

2015 00409

601.129,63

668.669,01

634.899,32

1.904.697,96

Fondo propio (N)

2016 00129

98.434,01

98.434,01

98.434,01

295.302,03

Total UDC

699.563,64

767.103,02

733.333,33

2.199.999,99

USC

Feder (S)

2015 00409

2.486.082,30

3.342.540,17

3.556.343,98

9.384.966,45

Fondo propio (N)

2016 00129

439.960,50

498.075,29

516.997,75

1.455.033,54

Total USC

2.926.042,80

3.840.615,46

4.073.341,73

10.839.999,99

Uvigo

Feder (S)

2015 00409

1.058.877,11

1.575.798,28

1.555.660,17

4.190.335,56

Fondo propio (N)

2016 00129

200.524,07

225.373,71

223.766,65

649.664,43

Total UVigo

1.259.401,18

1.801.171,99

1.779.426,82

4.839.999,99

Total convocatoria

4.885.007,62

6.408.890,47

6.586.101,88

17.879.999,97

A nova distribución por centros será a seguinte:

Nº expediente

Universidade

Centro de investigación

do SUG

Cualificación

Importes

2020

2021

2022

Total

ED431G 2019/01

UDC

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

C

699.563,64

767.103,02

733.333,33

2.199.999,99

ED431G 2019/02

USC

Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus)

B

749.571,55

999.651,08

1.010.777,37

2.760.000,00

ED431G 2019/03

USC

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (Ciqus)

A

778.860,40

1.050.569,81

1.050.569,79

2.880.000,00

ED431G 2019/04

USC

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius)

C

564.765,10

784.911,57

850.323,32

2.199.999,99

ED431G 2019/05

USC

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

A

832.845,75

1.005.483,00

1.161.671,25

3.000.000,00

ED431G 2019/06

UVigo

Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio)

C

503.316,28

733.004,83

723.678,88

1.959.999,99

ED431G 2019/07

UVigo

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo)

C

425.424,07

593.497,56

581.078,36

1.599.999,99

ED431G 2019/08

UVigo

Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlanTTic)

D

330.660,83

474.669,60

474.669,58

1.280.000,01

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional