Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35782

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT224C).

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm.157, do 6 de agosto de 2020, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 31352, no artigo 19, parágrafo 2.2.1, onde di: «A contía correspondente á axuda librarase antes do 15 de decembro de 2020, tras a aceptación da axuda por parte da entidade beneficiaria e da entrega da seguinte documentación:», debe dicir: «Para o pagamento debe presentarse antes do 15 de decembro de 2020 a seguinte documentación:».