Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35783

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 2 de setembro de 2020 das axudas convocadas na Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020, 2021, 2022 e 2023.

Mediante a Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro de 2020) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para a posta en marcha de casas niño e a convocatoria para o ano 2020.

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de setembro de 2020 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 2 de setembro de 2020 ditada no procedemento BS403C
de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco
do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación, de conformidade co disposto no artigo 14.4 da Orde do 20 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño e se convocan para o ano 2020 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.02.312B.470.0 e 13.02.312B.770.0.

As axudas para gastos de investimento estarán confinaciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1-Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b-Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CEO52-Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

Estas axudas están sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 e no Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como ao previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020. Así mesmo, estas axudas ampáranse no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión. Por tanto, de recibir a persoa física ou xurídica outras axudas baixo o réxime de minimis, deberase garantir que non se supera o límite de 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 20 de decembro de 2020.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a persoa beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da Orde do 20 de decembro de 2020.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dos (2) meses contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegaren a documentación prevista nas letras m) a q) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 20 de decembro de 2020.

Segundo. Establecer no anexo II a relación de solicitudes susceptibles de axuda que quedan en reserva para seren atendidas nos supostos establecidos no artigo 14.

Terceiro. Denegar ás persoas relacionadas no anexo III as axudas solicitadas polas causas que se detallan.

Cuarto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 16 da Orde do 20.12.2020; DOG núm. 33, do 18 de febreiro); Mª Amparo González Méndez, Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento (€)

Importe prima anos 2020, 2021, 2022 e 2023 (€)

BS403C/2020-1

Gemma Fontenla Campos

***8180**

As Pegadas máis enxebres

Láncara

Lugo

97,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-4

Silvia Saavedra Fernández

***8734**

Argalleiros

Navia de Suarna

Lugo

92,50

9.800

62.066,66

BS403C/2020-5

Estela Parajó Naveira

***4781**

Axóuxere

Samos

Lugo

102,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-6

Mª Azahara Martínez Gómez

***1004**

Agarimos

Pazos de Borbén

Pontevedra

87,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-7

Tamara Fraga Sotelo

***7674**

Axóuxere

Cortegada

Ourense

107,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-8

Raquel Borjas Pazos

***3151**

As Avelaíñas

Castrelo do Val

Ourense

97,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-9

Cristina Bargo da Silva

***9733**

As Curuxiñas

Vilarmaior

A Coruña

97,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-10

Esther González Pato

***4228**

Bolboreta

Verea

Ourense

82,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-11

Miguel Betes Figueiras

***4452**

A Casa da Loba

Quintela de Leirado

Ourense

65,00

15.000

62.066,66

BS403C/2020-12

Teresa Covelo Lores

***0933**

Curuxa de Lúa

Fornelos de Montes

Pontevedra

95,00

14.453

62.066,66

BS403C/2020-13

Iria Villares González

***5559**

Tartaruga

Aranga

A Coruña

107,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-16

Laura Fernández Lozano

***1672**

Moeche

Moeche

A Coruña

97,50

15.000

62.066,66

BS403C/2020-17

Noemí González Álvarez

***3386**

Peke Río

San Xoán de Río

Ourense

80,00

15.000

62.066,66

ANEXO II

Solicitudes en reserva

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Casa niño

Concello

Puntuación

Axuda investimento (€)

BS403C/2020-3*

Ana Mª López López

***7655**

O Sr. Pérez

Samos

102,50

15.000

* A solicitante acadou a mesma puntuación que a solicitude con nº de expediente BS403C/2020-5. En aplicación do establecido no artigo 14.3 da convocatoria para resolver o empate tívose en conta a puntuación obtida criterio a criterio, seguindo a orde en que figuran relacionados.

Por tratarse de solicitudes para o mesmo concello e para o mesmo local, este expediente acadaría a axuda no caso de renuncia da solicitude co nº de expediente BS403C/2020-5.

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas/denegadas

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Concello

Provincia

Causa

BS403C/2020-2

Lucía Mosteiro Sigüenza

***7821**

Paderne

A Coruña

Non completar a documentación solicitada no requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 16 de xuño de 2020 (DOG nº 123, do 23 de xuño).

BS403C/2020-14

Concepción Fernández López

***2913**

A Mezquita

Ourense

Non contestar ao requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 16 de xuño de 2020 (DOG nº 123, do 23 de xuño).

BS403C/2020-15

Zaira Fernández Taboada

***9438**

Santiso

A Coruña

Non contestar ao requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 16 de xuño de 2020 (DOG nº 123, do 23 de xuño).