Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36909

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT403E).

BDNS (Identif.): 522666.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán solicitar subvencións con cargo a esta orde as persoas físicas ou xurídicas privadas que, ademais de desenvolver profesionalmente algunha das actividades previstas no artigo 5 e de facelo maioritariamente en Galicia, cumpran os requisitos previstos nesta orde.

2. No poderán acceder ás subvencións previstas nesta orde as entidades públicas nin as privadas cuxo capital, patrimonio fundacional ou participación nos órganos de goberno ou de dirección sexa maioritariamente público.

3. Non se poderán beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Segundo. Obxecto e finalidade

Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais e, por outra, a convocatoria destas axudas para o ano 2020. Código de procedemento CT403E.

A finalidade da axuda é a realización de actividades de creación-produción ou de investigación no ámbito das Artes Plásticas e Visuais, en ambos os casos cunha finalidade expositiva e divulgativa do traballo artístico realizado.

Para estas axudas, tal como recolle o artigo 3.2 do Regulamento 1407/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, o importe total concedido a unha única empresa non superará os 200.000 euros durante calquera período dos tres últimos exercicios fiscais.

Terceiro. Financiamento e contía das axudas

1. As axudas convocadas para este ano terán unha contía total de douscentos mil euros (200.000 €) que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 na aplicación orzamentaria 11.20.432B.770.1. O proxecto será cofinanciado entre a persoa solicitante e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A axuda máxima por persoa beneficiaria que concederá a consellería será de 7.000 € por proxecto de creación-produción e 5.000 € nos proxectos de investigación, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do investimento total aprobado.

2. Estas axudas son compatibles con outras axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, se o importe total que percibe o beneficiario non supera a porcentaxe máxima do investimento.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade