Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37283

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade á resolución da concesión das axudas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, artigo 2.3; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
José Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.

Crédito orzamentario: 724.104,60 €.

Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ata un 25 % e a porcentaxe restante pola Xunta de Galicia, en virtude do Regulamento (CE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e o Real decreto 930/2017, do 27 de outubro, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais anuais, e se modifica o Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

c) Finalidade:

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

• Liña A. Asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores.

• Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.

• Liña C. Racionalización da transhumancia.

• Liña E. Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola.

a) Destinatarios:

Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e as cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.

b) Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

c) Beneficiarios e importe concedido:

Nº expediente

Beneficiario/a

NIF/CIF

Contía

API/2020/32/0011

Asociación Abellas Nais

***4674**

46.499,30 €

API/2020/32/0015

Agrupación Apícola de Galicia

***2524**

284.455,67 €

API/2020/32/0031

Alba Pereira Estévez

***7605**

40,00 €

API/2020/32/0002

Apibén, S.C.

***4296**

5.090,72 €

API/2020/32/0001

Aroamel, S.C.

***4902**

1.568,87 €

API/2020/32/0018

Asoc. Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande

***4901**

12.502,20 €

API/2020/32/0016

Asociación Galega de Apicultores Profesionais

***4962**

15.715,68 €

API/2020/15/0004

Asociación Galega de Apicultura

***0772**

241.194,90 €

API/2020/27/0014

Asociación Provincial Lucense de Apicultura

***0222**

81.645,11 €

API/2020/32/0007

Benigno Basteiro Rodríguez

***2292**

3.052,52 €

API/2020/15/0019

Asociación Casa do Mel

***2438**

22.319,12 €

API/2020/32/0033

Flora Fernández Fernández

***2851**

108,00 €

API/2020/32/0030

Manuel Murias Fernández

***0076**

30,00 €

API/2020/32/0012

María Eugenia Feijoo Alonso

***3094**

270,00 €

API/2020/32/0029

Noelia Prieto Fernández

***1554**

40,00 €

API/2020/27/0024

Pazo de Lusío, S.L.

***9909**

2.231,64 €

API/2020/32/0017

Proxectos Galegos de Apicultura, S. Coop. Galega

***4960**

7.000,87 €

API/2020/32/0028

Raquel Rodríguez Arias

***7033**

80,00 €

API/2020/32/0016

Santiago Seoane Álvarez

***8142**

60,00 €

API/2020/32/0025

Susana Vega Domínguez

***7027**

120,00 €

API/2020/32/0027

Ricardo Porto González

***3026**

80,00 €