Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37278

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 4 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS320A, de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulaban as bases das axudas enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procedía á súa convocatoria para o ano 2020.

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2020, a través da Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), as axudas enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

De conformidade coa disposición adicional terceira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 15 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.

Con data do 30 de xullo de 2020 ditouse a primeira resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2020. A resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o 10 de agosto de 2020 (DOG núm. 159).

No artigo 12.6 da orde establécese que, unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva por se algunha das concedidas renuncia.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 5 da orde é de 255.000,00 €.

Debido ás renuncias á subvención de entidades locais e de entidades de acción voluntaria incrementouse a aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0 na cantidade de catorce mil oitocentos setenta euros (14.870 €) e a aplicación 13.05.312F.481.0 na cantidade de oito mil catrocentos euros (8.400 €). Como consecuencia disto ditouse unha nova resolución de concesión o 4 de setembro de 2020.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 4 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS320A, de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulaban as bases das axudas enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procedía á súa convocatoria para o ano 2020.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 4 de setembro de 2020 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 4 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS320A,
de concesión de subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro
de 2020 pola que se regulaban as bases das axudas enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procedía á súa convocatoria
para o ano 2020

Con data do 30 de xullo de 2020 ditouse a primeira resolución de concesión de subvencións respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2020. A resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia o 10 de agosto de 2020 (DOG núm. 159).

O artigo 12.6 da orde de convocatoria establece que: «Unha vez distribuído e esgotado o crédito, aquelas solicitudes que non obtivesen axuda, aínda que teñan cincuenta ou máis puntos, entrarán nunha lista de reserva por se algunha das concedidas renuncia».

O artigo 12.2 regula a Comisión de Valoración que valorará e seleccionará as solicitudes consonte cos criterios establecidos no artigo 13 e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta para cada entidade, consonte o establecido no artigo 12.4. O 23 de xullo de 2020 a Comisión de Avaliación estudou e avaliou os proxectos presentados.

A contía global da convocatoria recollida no artigo 5 das bases da convocatoria é de 255.000,00 €, dos cales un total de cento vinte mil euros (120.000 €) corresponden a entidades locais con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0 e cento trinta e cinco mil euros (135.000 €) corresponden a entidades de acción voluntaria na aplicación 13.05.312F.481.0.

Debido ás renuncias á subvención de entidades locais e de entidades de acción voluntaria incrementouse a aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0 na cantidade de catorce mil oitocentos setenta euros (14.870 €) e a aplicación 13.05.312F.481.0 na cantidade de oito mil catrocentos euros (8.400 €).

Polo anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as seguintes renuncias da lista de entidades beneficiarias:

Entidades locais.

Orde de prelación

Exp.

Solicitante

NIF

Puntos

Orzamento

2

2020/083

Concello de Oza-Cesuras

P1500029B

58,5

3.520,00 €

3

2020/034

Concello de Boimorto

P1501000B

54

4.800,00 €

6

2020/008

Concello de Coirós

P1502700F

50,5

1.750,00 €

21

2020/047

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

53,5

4.800,00 €

Total

14.870,00 €

Entidades de acción voluntaria.

Orde de prelación

Exp.

Solicitante

NIF

Puntos

Orzamento

11

2020/001

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

52

4.800,00 €

21

2020/015

Alume Saúde Mental

G27198977

51

2.400,00 €

33

2020/051

Fundación Asilo-Hospitalillo de Anciáns, Enfermos e Desamparados de Vilagarcía de Arousa-Residencia Divina Pastora

G36017929

51

1.200,00 €

Total

8.400,00 €

Segundo. Conceder ás seguintes entidades da lista de reserva a subvención convocada pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0 (entidades locais) e con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0 (entidades de acción voluntaria):

Entidades locais.

Orde de prelación

Exp.

Solicitante

NIF

Puntos

Orzamento

1

2020/088

Concello do Porriño

P3603900F

50,2

4.800,00 €

2

2020/061

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

50,1

4.800,00 €

3

2020/006

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

50

4.800,00 €

Total

14.400,00 €

Entidades de acción voluntaria.

Orde de prelación

Exp.

Solicitante

NIF

Puntos

Orzamento

1

2020/016

Sociedade Deportiva Compostela

G70000385

50,7

4.800,00 €

Total

4.800,00 €

Terceiro. De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días, desde a publicación da resolución de concesión, para realizar os trámites establecidos no dito artigo.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020

A conselleira de Política Social; P.D. (Orde do 20.12.2019); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.