Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37454

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 pola que se da publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2020.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

28.42020

Sen achega

económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

19.6.2020

Sen achega económica