Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37626

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2020 pola que se modifican os prazos da actividade subvencionable establecidos no artigo 4 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN858A).

O 7 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN858A).

O artigo 4.1 da Resolución do 31 de decembro de 2019 establecía os seguintes prazos de actividades subvencionables:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 ata o 1 de outubro de 2020.

O 17 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 8 de xullo de 2020 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e nos organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), convocadas pola Resolución do 31 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 27 de febreiro).

Tendo en conta a data da resolución de concesión destas axudas, os prazos de execución do gasto da anualidade 2020 establecidos no citado artigo 4.1 da convocatoria quedan moi reducidos, polo que se considera necesario ampliar estes prazos para viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2020.

En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 4.1 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Talento Sénior), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020

O artigo 4.1 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 ata o 1 de decembro de 2020.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación