Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38380

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 24 de setembro de 2020 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación editada pola Escola Galega de Administración Pública.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo as condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras». Para estes efectos, o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifican os aspectos anteriores remitiuse á dirección xeral competente. Así mesmo, a orde deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, logo de ver a proposta formulada pola Escola Galega de Administración Pública e logo do informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos,

ACORDO:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Escola Galega de Administración Pública, que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

As verbenas populares en Galicia: réxime de intervención municipal. 20 €.