Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 39276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción da modificación da subestación eléctrica do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sita no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovida por EDP Renovables España, S.L.U.

Examinado o expediente iniciado por solicitude de EDP Renovables España, S.L.U. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción da modificación da subestación do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 15.4.1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar as instalacións electromecánicas, aprobar o proxecto de execución e recoñecer a condición de instalación acollida ao réxime especial do parque eólico Corme G-3 (número de expediente: 1/97).

• 4.7.2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria autorizou a posta en servizo das instalacións do parque eólico Corme G-3.

Segundo. O 24.1.2017, Desarrollos Eólicos Corme, S.A.U. solicitou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da repotenciación do parque eólico Corme G-3, segundo o previsto no Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Coa dita solicitude o promotor achegou o anteproxecto de repotenciación, coa súa correspondente memoria ambiental. Posteriormente, o 17.10.2017, a mencionada sociedade completou a solicitude presentada o 24.1.2017, achegando o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental, así como o proxecto de desmantelamento do parque eólico Corme G-3, actualmente implantado.

Terceiro. O 11.12.2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou a transmisión da titularidade dos parques eólicos de Desarrollos Eólicos de Galicia, S.A.U. e Desarrollos Eólicos de Corme, S.A.U. (sociedades absorbidas) a favor de EDP Renovables España, S.L.U. (sociedade absorbente).

Cuarto. O 15.2.2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3) como de interese especial.

Quinto. O 9.5.2018 e o 10.5.2018, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e de construción para o proxecto da modificación da subestación do parque eólico Corme G-3 (en diante, a subestación) achegando documentación.

Sexto. O 22.5.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiu á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, a xefatura territorial), para a súa tramitación, a solicitude e a documentación achegada polo promotor en relación coa modificación da subestación.

Sétimo. O 12.6.2019, o órgano ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), que se fixo pública polo Anuncio do 14 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (DOG núm.122, do 28 de xuño).

Oitavo. O 16.9.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, resolveu outorgar as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3).

Na tramitación ambiental da modificación substancial do parque eólico, tívose en consideración que se aproveitará, coas oportunas adaptacións, a actual subestación transformadora 20/66 kV do parque eólico Corme G-3.

Noveno. O 7.11.2019, o Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente o proxecto do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3) como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

Na tramitación do proxecto sectorial da modificación substancial do parque eólico, tívose en consideración que se aproveitará, coas oportunas adaptacións, a actual subestación transformadora 20/66 kV do parque eólico Corme G-3.

Décimo. O 20.11.2019, o promotor presentou unha actualización da solicitude de autorización administrativa previa e de construción para a modificación da subestación. Ademais, presentou o proxecto de execución reforma subestación Corme 20/66 kV. Xullo de 2019.

Décimo primeiro. O 23.12.2019, o promotor presentou a separata proxecto de execución separata Concello de Ponteceso reforma subestación Corme 20/66 kV. Decembro de 2019.

Décimo segundo. Mediante oficio do 2.1.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiulle á xefatura territorial a documentación a que se fai referencia nos antecedentes de feito décimo e décimo primeiro desta resolución e solicitoulle informe sobre o proxecto de execución da modificación da subestación. O 30.1.2020, a xefatura territorial emitiu o informe solicitado.

Décimo terceiro. Tras detectar un erro na coordenada 3 do emprazamento da subestación do parque eólico, o 7.2.2020, esta dirección xeral requiriulle a EDP Renovables España, S.L. un proxecto de execución corrixido coas correspondentes separatas que afecten a bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutras administracións.

Décimo cuarto. O 19.2.2020, EDP Renovables España, S.L. presentou o proxecto de execución reforma subestación Corme 20/66 kV. Xullo de 2019, co número de visado SE1900525 do 12.2.2020 e a separata proxecto de execución separata Concello de Ponteceso reforma subestación Corme 20/66 kV. Decembro de 2019, co número de visado SE1900525 do 12.2.2020.

Décimo quinto. Mediante oficio do 21.2.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiulle á xefatura territorial a documentación a que se fai referencia no antecedente de feito anterior e solicitoulle informe sobre o proxecto de execución da modificación da subestación.

Décimo sexto. O 27.2.2020, a xefatura territorial emitiu o informe sobre a documentación presentada polo promotor o 19.2.2020, en que se recolle que o obxecto do proxecto achegado polo promotor é adaptar a subestación do parque eólico Corme á modificación substancial autorizada. O informe conclúe que desde un punto de vista técnico non se atopa ningún impedimento para emitir a autorización administrativa previa e de construción.

Décimo sétimo. O 15.4.2020, tivo entrada nesta dirección xeral un informe do Concello de Ponteceso en que se conclúe, entre outros aspectos, que as actuacións que se van realizar na subestación do parque eólico Corme poderán executarse unha vez obtida a correspondente licenza municipal ordinaria.

Décimo oitavo. O 17.4.2020, EDP Renovables España, S.L. presentou a súa conformidade co establecido no informe do Concello de Ponteceso, a que se fai referencia no antecedente de feito anterior.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os requisitos establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para a modificación da subestación eléctrica do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sita no Concello de Ponteceso (A Coruña) e promovida pola sociedade EDP Renovables España, S.L.U.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución reforma subestación Corme 20/66 kV. Proxecto de execución. Xullo de 2019, asinado polo enxeñeiro industrial José Luis Morera Barragán, colexiado número 4417 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Andalucía Occidental, e visado polo dito colexio o 12.2.2020, co número SE1900525.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.

Domicilio: rúa Amio, 114, P.E. Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: reforma subestación Corme 20/66 kV.

Concello afectado: Ponteceso (A Coruña).

Orzamento de execución material: 792.573,04 €.

Emprazamento da subestación:

Coordenadas UTM (Datum ETRS89, fuso 29)

SET

UTM-X

UTM-Y

1

503.628

4.792.092

2

503.654

4.792.097

3

503.661

4.792.064

4

503.634

4.792.059

Características técnicas das instalacións actuais da subestación:

– Posición e transformador de potencia elevador do parque eólico, tipo intemperie, de baño en aceite, de potencia nominal aparente 22/25 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 20/66 kV e grupo de conexión Dyn11.

– Parque de 66 kV en intemperie:

• Posición de liña para a conexión da liña aérea de evacuación de enerxía do parque eólico ata a SET de Cabana (propiedade de UFD).

– Parque de 20 kV en interior:

• Grupo de celas en envolvente metálica en configuración 4L (1 reserva)+1P (transformador elevador)+1M+(1p baterías condensadores+1p transformador servizos auxiliares).

• 2 posicións de entrada de liña para os circuítos en media tensión de conexión dos aeroxeradores (circuítos 2 e 3 compartirán cela).

• Posición de protección para o transformador de servizos auxiliares.

– Transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e 20.000/400 V.

Actuacións e características técnicas das instalacións reformadas:

– Desmantelamento do parque de 20 kV existente, incluídas as celas de liña de entrada de liña procedentes das liñas de media tensión de interconexión dos aeroxeradores, así como o transformador de servizos auxiliares.

– Conxunto de celas de 20 kV en envolvente metálica para instalación en interior para a conexión dos 3 circuítos procedentes do parque eólico repotenciado, en configuración 3L (1 reserva)+1P+1M+(1p baterías condensadores+1p transformador auxiliar).

– Conxunto de baterías de condensadores de 20 kV para a compensación de enerxía reactiva entregada á rede coa súa aparellaxe asociada.

– Novo transformador para servizos auxiliares de 100 kVA ONAN.

– Adaptación dos sistemas de control, protección e medida da SET e instalación de novas unidades de protección e control do parque eólico.

– Acondicionamento do edificio de control actual.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. A instalación eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto que por esta resolución se autoriza.

2. Previo ao inicio das obras, o promotor comunicará a data de comezo dos traballos á Dirección Xeral de Enerxía e Minas e á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

3. O promotor asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade.

4. En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro; o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio; así como as condicións establecidas nesta resolución e as demais que lle sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), formulada o 12.6.2019 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

5. O prazo para solicitar a autorización de explotación será de tres anos, contados a partir do presente outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción. En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ou norma que a substitúa.

6. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución autorizado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Unha vez solicitada a autorización de explotación, a xefatura territorial será a encargada de emitila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

7. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, previa audiencia do interesado.

8. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

9. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas