Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39371

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de setembro de 2020 pola que se aproba o deslindamento dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán, no termo municipal de Pontevedra.

Antecedentes:

Primeiro. Os montes Baliñas, Cotadoiro, Montiño e Pardecelas foron clasificados polo Xurado Provincial de Montes de Pontevedra con data do 24.5.1982 a favor do veciños de Lourizán, Concello de Pontevedra cunha superficie de 51,50 ha.

O montes clasificados á CMVMC de Lourizán como Baliñas e Cotadoiro son tamén coñecidos como Veliñas e Catadoioro. Neste expediente de deslindamento denominaranse como na clasificación.

Segundo. Con data do 6.6.2012, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en adiante CMVMC) de Lourizán solicita á Consellería de Medio Rural a práctica do deslindamento dos montes clasificados a favor desta comunidade.

Terceiro. Por sentenza 48/2014, de data 20 de marzo, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra, imponse á Consellería do Medio Rural a obriga de que inicie, tramite e resolva o expediente de deslindamento de todos os montes clasificados a favor dos veciños da parroquia de Lourizán.

Cuarto. O servizo de Montes de Pontevedra, con data do 13.10.2016, e para poder dar cumprimento a esta sentenza, solicita á CMVMC de Lourizán unha proposta coa liña de deslindamento fundamentada histórica e legalmente do que a comunidade pensa que é seu monte veciñal clasificado.

En data 10.1.2017, o presidente da comunidade achega planimetría de deslindamento proposta pola CMVMC de Lourizán e solicitude sobre a cartografía a unir ao expediente de deslindamento (fotografía aérea desde os anos 40 e datos LIDAR).

Quinto. O Servizo de Montes presenta, con data do 21.1.2017, proposta de execución do deslindamento dos Montes da CMVMC de Lourizán, concello de Pontevedra, tendo en conta a planimetría achegada pola CMVMC de Lourizán sobre o que entende esta son seus montes clasificados.

Sexto. Esta proposta foi aprobada pola Resolución do 20.3.2017 do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O procedemento administrativo seguido axústase ao descrito polos artigos 47 e seguintes do título II, capítulo V, sección 1ª, da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que establece no seu artigo 49.6 que «calquera procedemento de deslindamento que realice a Administración forestal se desenvolverá consonte este procedemento».

Segunda. De acordo co disposto nos reais decretos 167/1981, do 19 de xaneiro, 1706/1982, do 24 de xullo e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza; no Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal é o órgano competente para propoñer a resolución deste expediente de deslindamento.

Terceira. O Servizo de Montes de Pontevedra é competente para levar adiante este deslindamento. Segundo consta no informe proposta da instrutora do expediente foron cumpridas todas as prescricións legais en canto á publicidade, documentación, informes, notificacións e demais requisitos esixidos no artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Constan na tramitación do expediente:

A) Publicidade:

O anuncio do deslindamento, de data 2.10.2017, é publicado no DOG nº 201, de data 23.10.2017. Nel figuran: referencia á resolución aprobatoria, data, hora e lugar para o comezo do apeo, nome do instrutor, emprazamento aos interesados no apeo e anuncio de apertura de período de 30 días naturais para a presentación de documentación acreditativa da propiedade do monte ou parte deste por quen se considere con dereito a ela.

Publicáronse avisos deste anuncio, con enlaces ao seu texto completo na páxina web da Consellería de Medio Rural. Así mesmo solicitouse a inclusión do anuncio no taboleiro dos concellos de Pontevedra e Marín.

Notificouse mediante correo certificado con dous intentos de entrega aos 535 lindeiros identificados segundo a proposta realizada por Lourizán. Posteriormente, se realiza anuncio no BOE por comparecencia das notificacións non recibidas (BOE núm. 32, do 5.2.2018).

No apeo compróbase que a parcela proposta por Lourizán como Monte Baliñas non corresponde realmente con este monte. E que a CMVMC de Lourizán ten proposto para a súa clasificación ao Xurado de Montes Veciñais en Man Común (en diante, MVMC) como parcela nº 7. Así queda reflectido no acta de data 12.3.2018, polo que queda posposto o apeo deste monte para dar tempo á resolución do expediente de clasificación da parcela nº 7. Practícanse as notificacións correspondentes aos 48 lindeiros identificados

B) Documentación e informes solicitados: na tramitación do expediente de deslindamento, ademais da documentación citada, solicitáronse os seguintes informes ou documentación para poder resolver o expediente:

1. Ao «Instituto Xeográfico Nacional» (IXN) sobre a liña límite vixente entre os concellos de Pontevedra e Marín no ano 1982, ano da clasificación dos montes veciñais en man común de Lourizán (consta no expediente).

2. Ao Concello de Pontevedra sobre os antigos montes de libre disposición sitos na parroquia de Lourizán (consta no expediente).

3. Ao Servizo Técnico-Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural de Pontevedra (consta no expediente).

4. Ao Concello de Pontevedra sobre as estradas ao seu nome na cuadrícula de deslindamento.

5. Á deputación de Pontevedra sobre as estradas ao seu nome na cuadrícula de deslindamento (consta no expediente).

C) Os traballos de apeo, realizados baixo a dirección da instrutora, iniciáronse de acordo ao anuncio do deslindamento, o 1 de marzo de 2018 no lugar e hora nel indicados, estando presentes representantes da Comunidade de Lourizán, da Comunidade de Salcedo, ambas as dúas do concello de Pontevedra, a comunidade de San Xulian, do concello de Marín e propietarios de predios particulares.

O levantamento topográfico e trazado de planos levouno a cabo a Sección de Topografía do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, que levantou topograficamente as dúas dimensións X e Y dos piquetes situados durante o apeo, aplicando técnicas GPS mediante o método RTK e un sistema GPRS con base emisora pertencente á rede GNSS do IGN. A compilación e publicación da cartografía e bases de datos xerada realizouse de acordo coas disposicións do Real decreto 1071/2007. O desenvolvemento do apeo foi asistido polo persoal do Distrito Forestal XIX Caldas-O Salnés.

A práctica do apeo levouse a cabo establecendo como liña principal de deslindamento a presentada pola CMVMC de Lourizán, levantando liñas auxiliares, cando algún dos comparecentes discrepaba coa dita liña principal ou cando a propia comunidade modificaba no apeo a liña por eles proposta.

Cando houbo discrepancias coa liña principal e se presentou reclamación na que se solicitaba a súa modificación, as liñas correspondentes a estas reclamacións identificáronse co número do piquete da liña principal máis próximo ao seu comezo, ao que se agregou unha letra, en progresión ascendente e en forma correlativa desde a letra A, para cada piquete da liña auxiliar. Durante a práctica do apeo presentáronse 66 alegacións que se recolleron nas correspondentes actas diarias e se relacionan no informe proposta da instrutora, 3 relativas ao monte Baliñas, 50 ao Monte Cotadoiro, 13 ao monte Pardecelas e ningunha ao Montiño. Como consecuencia levantáronse 63 piquetes auxiliares, 5 no monte Pardecelas, ningún no monte Montiño, 56 no monte Cotadoiro e 2 no monte Baliñas, aínda que neste último monte, un dos piquetes auxiliares, o anulou a propia alegante.

Os encravados reclamados por particulares e recoñecidos pola comunidade dentro da liña principal levantáronse e enumeráronse coa letra E, ao que se agregou un número en progresión ascendente e en forma correlativa desde o 1. Levantáronse 25 piquetes como encravado recoñecido pola comunidade.

Os encravados reclamados por particulares e non recoñecidos pola comunidade dentro da liña principal levantáronse e enumeráronse coa letra X, ao que se agregou un número en progresión ascendente e en forma correlativa desde o 4.

D) Concluído o apeo e o procesado da información topográfica nel recollida, de acordo co determinado polo Artigo 49.4 da Lei de montes de Galicia, notifícase mediante correo certificado con dous intentos de entrega ou notificación electrónica, aos 578 lindeiros, polo que se abre período de vista pública deste expediente de deslindamento e presentación de alegacións, de 20 días naturais, durante o que se presentan 13 alegacións.

E) Con data do 23.9.2018 solicítase do servizo xurídico administrativo o asesoramento previsto no artigo 49.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, co fin de proceder á clasificación de dereitos de propiedade sobre os predios cuxa documentación se achega ao expediente de deslindamento.

Con data do 17.10.2018, a xefa do servizo xurídico-administrativo informa:

1. Sobre a cualificación da documentación presentada polos interesados para acreditar a propiedade dos predios, consonte o establecido no artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG)» só se considera acreditativa da propiedade a titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente rexistro da propiedade e, na súa falta, no catastro e, se é o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba nos termos que regulamentariamente se determinen».

Polo tanto, hai que entender que na actualidade pode considerarse documentación acreditativa da propiedade a seguinte:

a. Os documentos emitidos polo rexistro civil: notas simples, certificacións…., (de cara a acreditar a titularidade).

b. As certificacións catastrais ou calquera outro documento emitido por catastro onde se relacione a parcela catastral co seu titular.

c. Outros documentos (como partillas da herdanza, escritos de compravenda, permuta, doazón, etc., xa sexan notariais ou privados), en tanto non se desenvolva o regulamento a que fai referencia o artigo 49.1 arriba transcrito, só poderán ser tidos en conta pola instrutora se destes se deduce, sen ningún xénero de dúbida, a parcela que lles é obxecto. No resto dos casos non servirán como documentos acreditativos da propiedade nos procedementos de deslindamento.

2. Respecto da posibilidade de admitir documentos presentados en diferentes momentos do procedemento do deslindamento, procede sinalar que, de acordo ao establecido no artigo 79 da Lei 30/1992, do 26 do novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá admitirse documentación presentada fóra do prazo establecido se esta resulta de interese para a resolución do expediente.

Nese caso, tal documentación deberá ser tida en conta pola instrutora do procedemento ao redactar a correspondente proposta de resolución.

3. Sobre a superficie que prevalece en caso de discrepancias entre a indicada na documentación achegada polos particulares e a catastral prevalece a superficie indicada na documentación catastral.

4. Sobre a posibilidade de ter en conta a documentación xustificativa de propiedade entregada como alegación ao apeo fóra deste acto, só podería terse en conta a dita alegación se a instrutora puidese identificar a parcela que se reclama co mero exame da documentación achegada e sen necesidade de comprobalo fisicamente no terreo co propietario.

5. A instrutora pode solicitar de oficio as certificacións de parcelas encravadas e interconectadas, ao igual que calquera outra documentación necesaria para poder continuar coa tramitación do procedemento, en aplicación do artigo 78.1 da Lei 30/1992, de rpx e pac.

6. A documentación que non afecta de forma directa o deslindamento non será obxecto de análise neste procedemento.

Consideración das alegacións:

Este deslindamento realízase como consecuencia da sentenza 48/2014, de data do 20 de marzo, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, onde se condena a Consellería do Medio Rural a que inicie, tramite e resolva o expediente de deslindamento de todos os montes veciñais en man común clasificados a favor dos veciños da parroquia de montes de Lourizán.

Considéranse as alegacións dos particulares realizadas no apeo ou coa presentación de documentación cando é posible identificar a parcela reclamada, e en todo caso, para poder resolver o deslindamento, en aplicación do artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018 referido, considerando esta documentación xustificativa de propiedade.

A documentación que non afecta de forma directa o deslindamento non é obxecto de análise neste procedemento, en aplicación do punto 6 do informe do servizo xurídico-administrativo de data do17.10.2018.

No monte Pinar Serodio.

– Considérase a alegación 6.1 xa no apeo e non se deslinda este terreo ao comprobar que, segundo a documentación que consta no servizo de montes, a manifestación dos veciños e da propia comunidade de Lourizán, este terreo non é o clasificado como Baliñas.

No monte Pardecelas.

– Considérase as alegacións 6.2; 6.3; 6.4; 6.5; 6.7 (parte); 6.10; 6.13 e 6.14 realizadas no apeo por varios particulares e pola comunidade de Salcedo, e non se considera parte da alegación 6.7 realizada por Salcedo, as alegacións 6.6; 6.8 e 6.11 realizadas no apeo pola comunidade de Lourizán e 6.12 realizada no apeo por antigos membros da comunidade de Lourizán e Salcedo, na defensa da liña proposta como lindeiro deste monte desde o piquete 1 ata o piquete 10 e desde o piquete 54 ata o piquete 64, polos seguintes motivos:

1. Segundo a proposta de deslindamento de Lourizán, piquetes 1 ata 64, practicamente todo o monte Pardecelas queda en mans dos veciños de Lourizán (mais de 4 ha) e só unha pequena parte (0,13 ha ) en mans dos veciños de Salcedo.

Esta proposta dista moito da clasificación onde o monte Pardecelas se clasificou ás dúas parroquias, 2,5 ha a favor dos veciños de Salcedo e 1,5 ha a favor dos veciños de Lourizán.

2. Segundo a proposta de Lourizán, os montes Pardecelas e Cotadoiro son un único monte.

Na clasificación do monte Pardecelas a favor dos veciños de Lourizán, este linda polo norte, sur e oeste con predios particulares e polo leste co Monte de Salcedo.

Na clasificación do monte Cotadoiro, este linda polo norte, sur e oeste con predios particulares e polo leste co Monte de Salcedo.

En ningún dos dous montes, na clasificación, cita que linden entre si. Tampouco como montes de libre disposición, nin no parcelario do Concello de Pontevedra de 1967 achegado pola propia comunidade de Lourizán con data do 4.9.2018.

3. En canto a certificación realizada en data 17.4.1982, José Antonio Luis Rojo, topógrafo e funcionario do Ministerio de Agricultura no ICONA, antes da clasificación dos montes veciñais de Lourizán, sobre a liña que divide as parroquias de Lourizán e Salcedo, non é un deslindamento, non hai constancia que o xurado o tivese en consideración ao clasificar os montes e se realizou con oposición dunha gran parte dos veciños de Salcedo (escritos de data do 26.4.1982), que defenden outra liña distinta como límite entre as dous parroquias (a mesma que hoxe defende Salcedo).

4. Tampouco demostra a CMVMC de Lourizán nestes terreos que deslinda con oposición da comunidade de Salcedo a cuestión posesoria, por canto o campo de fútbol do Casal que segundo a proposta de Lourizán queda practicamente todo no seu monte foi construído por Salcedo. No peche deste campo de fútbol está rotulado como S.C.D. Salcedo.

E tamén segundo o proxecto de ordenación da mancomunidade de Pontevedra, aprobado e incluído no rexistro de montes ordenados co núm. 360048 e vixencia ata 2012, a comunidade de Lourizán non xestionaba nin consideraba súa a superficie do campo de fútbol e os seus arredores, que si eran xestionados pola comunidade de Salcedo segundo ese mesmo proxecto.

5. Tamén, segundo a cartografía catastral, este monte Pardecelas formado por diversas parcelas catastrais cunha superficie de 4 ha (mesma superficie que é asignada a este monte no estudo previo á clasificación e como monte de libre disposición), estaría dividido en dúas metades de aproximadamente a mesma superficie, 2,14 ha a nome de Salcedo e 1,9 ha a nome de Lourizán.

6. A liña defendida por Salcedo, alegación 6.7 (parte) axústase practicamente á clasificación de Salcedo e Lourizán e está máis en consonancia coa posesión destes terreos.

7. Os piquetes 1 e 2 segundo as alegacións 6.2; 6.3; 6.13 e 6.14 está sobre predios particulares. Achegan documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018, da parcela 77 do polígono 38.

8. No piquete 3, o titular da parcela catastral 169 do polígono 40 levanta unha liña alternativa practicamente coincidente coa liña que une os piquetes 2 e 3 e achega documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo con data do 17.10.2018. A liña levantada une o piquete 2 co 3A.

9. Os piquetes 4, 5, 6 e 7 segundo a alegación 6.5 está sobre predios particulares. Achegan documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018, da parcela 167 e 194 do polígono 40 e levanta os piquetes 6A e 6B.

10. Non se considera da alegación 6.7 realizada por Salcedo no monte Pardecelas, a liña que une os piquetes 10A co 257E (liña parroquial), xa que a liña limite entre o monte Común de San Martín e monte Cotadoioro é a liña que une os piquetes 257E co 206, practicamente coincidente coa liña que une os piquetes 152 e 153 do deslindamento do monte de UP 289-2º (Común de San Martín). Polo que se considera que a liña desde o piquete 10A ter que tomar á dirección cara ao piquete 206 (liña parroquial) e desde este piquete ao 257E.

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 10B co 10A e deste co aproximadamente 10 (intersección da liña que une os piquetes 10A e 206 coa liña que une os piquetes 9, 10 e 11).

– Non se considera a alegación 4.60 sobre a parcela catastral 36900A04000032, que é afectada polo deslindamento nun anaco, coa presentación da documentación xustificativa de propiedade, porque non é posible identificar a parcela reclamada sobre o terreo e nas escrituras, esta parcela non linda co camiño.

– Considérase a alegación 6.9 realizada no apeo polos veciños en canto parece mais razoable que o monte transcorra en liña recta do piquete 52 ao 54 e non sobre a estrada EP-0019, Marín-Figueirido. Polo que se considera a liña que une os piquetes: 52 co 54

No monte Cotadoiro.

– Considérase a alegación 6.16; 6.17; 6.18 e 6.19 realizada no apeo por varios propietarios particulares sobre a liña que une os piquete 98 ao 101 e 105 ao 115 e non se considera a alegación 6.15 e 6.64 realizada no apeo pola comunidade de Lourizán nin no escrito 1.7.1., sobre a liña que une os piquetes 98- 98A-B-C-D-F-G-H-115 e 105-105A-B-101, polos seguintes motivos:

1. Achegan documentación xustificativa de propiedade das parcelas: 473; 487, 488, 554 e 556 do polígono 29, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018.

2. A liña apóiase en restos de muro, como o resto da liña que defende Lourizán e como di o estudo previo á clasificación dos montes de Lourizán, no punto 3. 5, do límite do monte veciñal coos prediosparticulares.

3. Non xustifica a comunidade a cuestión posesoria destes terreos e o cambio na liña defendida por ela.

Segundo o proxecto de ordenación e a documentación da primeira revisión deste proxecto, a comunidade de Lourizán non consideraba súa nin xestionaba esta superficie que si é xestionada polos particulares segundo comprobación no apeo e recoñecemento da propia comunidade no acta de data do 5.4.2018.

Nin na subvención 17360019/2016 a comunidade considera súa esta superficie.

Tampouco aparece como veciñal esta superficie no parcelario de 1967 do Concello de Pontevedra achegado pola propia comunidade de Lourizán en data do 4.9.2018, nin na cartografía utilizada no deslindamento a solicitude da comunidade de Lourizán (voo americano 1956-1957).

Polo que se considera a liña que vai: do 98 ao 101 e do 105 ao 115.

– Considérase a alegación 6.20 realizada por Mª José Fernández Piñeiro no apeo no seu nome e en nome dos titulares catastrais das parcelas: 186, 187, 10186 e 20186 do polígono 29, porque achegan documentación xustificativa de propiedade segundo o punto 1.a, da parcela 10186 do polígono 29 e segundo o punto 1.b, e para o resto de parcelas, en aplicación do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018. E teñen a posesión destes terreos con cerramentos e nos que se encontran as súas vivendas.

En canto aos litixios de propiedade manifestados por Lourizán na alegación 6.21 terán que resolverse no procedemento aludido.

Ademais, segundo o expediente de subvención 17360019/2016 e o proxecto de ordenación do ano 2013 a comunidade de Lourizán non consideraba súa esta superficie. E segundo a documentación achegada da primeira revisión do proxecto de ordenación, a comunidade fai constar que é unha superficie que reclama, pero que non é monte veciñal.

Tampouco aparece como veciñal esta superficie no parcelario de 1967 do concello de Pontevedra achegado pola propia comunidade de Lourizán con data do 4.9.2018 nin na cartografía utilizada no deslindamento a solicitude da comunidade de Lourizán (voo Americano 1956-1957).

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 146-146A-146B-146C-146G-146H-146I-156.

– Considérase a alegación 6.22 realizada pola comunidade de Lourizán no sentido de excluír as estradas que quedan dentro do límite do monte veciñal:

1. Vía rápida VG-4.4, segundo documentación enviada pola AXI do dominio público desta estrada. Polo que desaparecen do deslindamento os piquetes: 36 e 37 no monte Pardecelas Norte 3, e só son tidos en conta para establecer a dirección das liñas 36-37, 37-38 e 38-36. Tamén desaparecen os piquetes 146B e 168, no monte Cotadoiro Norte 1 e 169, no monte Cotadoiro Norte 2, e só son tidos en conta para establecer a dirección das liñas 146A-146B-146C e 167-168-169-170.

2. Estrada EP-0019 segundo documentación enviada pola Deputación de Pontevedra sobre o dominio público desta estrada. Polo que desaparecen do deslindamento os piquetes 192, 192A, 197 e 198, no monte Cotadoioro e o piquete 10B, no monte Pardecelas. Os piquetes 192 e 10B só son tidos en conta para establecer a dirección da liña: 192-193 e 10A-10B.

3. O camiño asfaltado entre os piquetes 163, 164, 165, 166 e 167 e de referencias catastrais 9002 do polígono 29 e 9008 do polígono 41, segundo a traza destas parcelas catastrais, marxe dereita en dirección suroeste, xa que este camiño asfaltado está catastrado a nome do concello de Pontevedra e vén recollido nos lindeiros das escrituras das parcelas 624 e 144 do polígono 29.

Polo que desaparecen do deslindamento os piquetes 164, 165 e 166, no monte Cotadoiro Norte 1, e só son tidos en conta para establecer a dirección da liña 163-164.

– Considérase a alegación 6.24; 6.25 e 6.27 realizada no apeo por Julio Graña Pazos e Silvia Graña Pazos, xa que achega documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.a do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018, e ten a posesión de parte destes terreos con cerramentos e onde se encontra a súa vivenda.

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 177B-177C-177D-177E-177B e X4-X5-X9-X10-X4

– Considérase a alegación 6.23 e parte da alegación 6.26 realizada no apeo por José Manuel Omil Rios, xa que achega documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.a do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018, e ten a posesión de parte destes terreos con cerramentos e onde se encontra a súa vivenda.

Unha parte da alegación 6.26 e a alegación 6.32, realizada no apeo por José Manuel Omil Rios, non se considera porque non achega documentación xustificativa de propiedade segundo o artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018 referido no punto sobre «clasificación de dereitos» e non identifica de forma inequívoca sobre o terreo o predio reclamado.

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 177-177A-177B-177E-177F-176-177 e X5-X6-180-X9.

– Considérase a alegación 6.28 realizada no apeo pola comunidade de Lourizán modificando a liña proposta nun principio, porque a única alegación no apeo (parte da alegación 6.26 e a 6.32) non xustifica a propiedade segundo o artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018, referido no punto «clasificación de dereitos».

En canto á alegación 6.34 realizada pola comunidade no apeo en relación coa 6.33, a instrutora ten que sinalar no apeo a liña proposta nun principio por Lourizán para logo poder resolver o expediente de deslindamento segundo a documentación achegada a este expediente.

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 180-179-182-183

– Non se considera a alegación 6.29 realizada no apeo por Manuel Iglesias Otero, porque a parcela 560 do polígono 29 está practicamente toda fóra da zona deslindada e o alegante non identifica a parcela reclamada sobre o terreo e non achega documentación xustificativa de propiedade segundo o artigo 49.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, e do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018.

– Non se considera a alegación 7.1 coa presentación da documentación xustificativa de propiedade na vista pública, sobre a parcela catastral 36900A02900457, que é afectada polo deslindamento nunha parte, porque non hai alegacións no apeo e a liña vai por muro ata o piquete E22, polo que non é posible identificar a parcela reclamada sobre o terreo.

– Considérase a alegación 6.30 realizada polo axente forestal do distrito XIX, Caldas-O Salnés, en nome de Mª Teresa Rodríguez González, e non se considera a alegación 6.31 realizada no apeo pola comunidade de Lourizán polos seguintes motivos:

1. O particular achega documentación xustificativa de propiedade da parcela 526 do polígono 29, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018.

2. A parcela 526 do polígono 29 forma parte dun encravado rodeado por muro e onde están outras parcelas catastrais a nome de particulares. Este encravado está claramente delimitado no seu lindeiro co monte veciñal que é o que neste deslindamento estamos delimitando, pero non así entre as parcelas dos particulares.

3. En aplicación do punto 5 do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018, obtense a documentación catastral das parcelas 527, 528, 529, 530, 531, 532, 533, 534, 535 e 10535 do polígono 29, que se considera documentación xustificativa de propiedade segundo o punto 1.b. deste informe.

4. A liña apoiase en restos de muro, tal que e como di o estudo previo á clasificación dos montes de Lourizán, no punto 3. 5, do límite do monte veciñal cos predios particulares.

5. Tampouco aparece como veciñal esta superficie no parcelario de 1967 do concello de Pontevedra achegado pola propia comunidade de Lourizán en data do 4.9.2018, nin na cartografía utilizada no deslindamento a solicitude da comunidade de Lourizán (voo Americano 1956-1957).

6. Non xustifica a comunidade a cuestión posesoria destes terreos, que a comunidade claramente non xestiona, segundo se aprecia no apeo onde existen cortas fóra do encravado e unha clara diferenza de vexetación (plantación de frondosas, fóra do encravado, fronte a eucaliptos, dentro do encravado). Tampouco a comunidade de Lourizán no seu proxecto de ordenación e na documentación da primeira revisión xestiona esta superficie .

Polo que se considera a liña que une os piquetes: X11-X12-X13-X14-X15-X16-X17-X18-X19-X20-X21-X11.

– Considérase a alegación 4.32 (parcela catastral 10516 do polígono 29), coa presentación da documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data 17.10.2018.

– Considérase a alegación 6.35 realizada no apeo por Ramiro Costas Fischer en nome das irmáns Lora Salinero, e non se considera a alegación 6.36 realizada no apeo pola comunidade de Lourizán, polo seguintes motivos:

1. O particular achega documentación xustificativa de propiedade das parcelas 68 e 10068 do polígono 29, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data 17.10.2018.

2. En canto á cuestión posesoria da zona en desacordo, non está clara, porque aínda a CMVMC alega neste caso unha diferenza de vexetación, frondosas fronte a eucaliptos e que os terreos incluídos na liña 194A-194B afectan unha superficie expropiada á comunidade de Lourizán pola liña de alta tensión Lourizán-Campo e por outra de media tensión, afectaría só unha pequena parte destes terreos.

A comunidade de Lourizán non reclamou a posesión destes terreos no proxecto de ordenación, na documentación achegada da primeira revisión do proxecto de ordenación nin na subvención 17360019/2016.

3. Tampouco aparece como veciñal esta superficie no parcelario de 1967 do Concello de Pontevedra achegado pola propia comunidade de Lourizán en data do 4.9.2018.

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 189-191-192-193-194-194A-194B-194C-196, xa que o piquete 192A non afecta a superficie reclamada pola comunidade de Lourizán.

– Considérase xa no apeo a solicitude presentada pola comunidade de Lourizán mediante escrito referido no punto 1.7.2, modificando a liña proposta nun principio a partir do piquete 196, porque non prexudica terceiros este cambio e está en consonancia coa cartografía catastral e a documentación presentada pola entidade propietaria.

– Considérase as alegacións 6.37 e 6.39 realizadas no apeo por particulares e polos representantes da comunidade de Salcedo, e non se considera as alegacións 6.38 e 6.40 realizadas no apeo pola comunidade de Lourizán, polos seguintes motivos:

1. Os particulares achegan documentación xustificativa de propiedade das parcelas: 435, 436, 437 e 439 do polígono 29, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018.

2. Segundo as actas de apeo do expediente de deslindamento do monte de U.P. núm. 289-2º, chamado Monte Común de San Martín, piquetes 1 ao 8, que corresponde practicamente coa liña levantada na alegación 6.39, o Monte Común de San Martín linda co predios particulares que son excluídas deste deslindamento. A CMVMC de Lourizán inclúe estos predios como monte veciñal.

3. A CMVMC de Lourizán non demostra nestes terreos, que deslinda con oposición da comunidade de Salcedo e de varios propietarios particulares, a cuestión posesoria, nin sobre o terreo, xa que a propia comunidade de Lourizán recoñece na súa alegación (6.40) que sobre os terreos reclamados por Lourizán hai unha pista de terra aberta pola comunidade de Salcedo nin na documentación referida nos puntos 1.3, 1.4 e 1.5, nin na sentenza referida no punto 2.4 do informe proposta.

4. Tampouco aparece como veciñal esta superficie no parcelario de 1967 do concello de Pontevedra achegado pola propia comunidade de Lourizán en data do 4.9.2018, nin na cartografía utilizada no deslindamento a solicitude da comunidade de Lourizán (voo Americano 1956-1957).

– Considérase as alegacións 6.41; 6.42; 6.43; 6.45; 6.48, 6.49, 6.50, 6.52 e 6.54 realizadas no apeo por varios particulares e por representantes da comunidade de Salcedo, e non se considera as alegacións 6.46, 6.47, 6.51, 6.53 e 6.55 realizadas no apeo pola comunidade de Lourizán ou os seus representantes, polos seguintes motivos:

1. Os particulares achegan documentación xustificativa de propiedade das parcelas: 77, 78, 118 e 119 do polígono 38, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data do 17.10.2018.

2. Tampouco aparece como veciñal estas parcelas catastrais do polígono 38 que reclama a CMVMC de Lourizán, no parcelario de 1967 do concello de Pontevedra achegado pola propia comunidade de Lourizán en data do 4.9.2018, nin na cartografía utilizada no deslindamento a solicitude da comunidade de Lourizán (voo Americano 1956-1957).

3. A liña deslindada por Lourizán, desde o piquete 212 ata 228, como alega Salcedo, coincide en boa parte co deslindamento do monte de U.P. núm. 289-2º, chamado Monte Común de San Martín, da parroquia de Salcedo, de propiedade, segundo sentenza xudicial núm. 147/2011, da CMVMC da parroquia de Salcedo.

Polo que hai unha sentenza de obrigado cumprimento que declara estes terreos como pertencentes á CMVMC de Salcedo.

4. A alegación 6.51 realizada pola comunidade de Lourizán na que consideran que parte do monte común de San Martín é da súa propiedade terá que ser reclamada noutras instancias. Neste expediente o que se trata é de delimitar o monte clasificado á CMVMC de Lourizán.

5. A liña deslindada por Lourizán une os montes Pardecelas e Cotadoiro nunha única peza, feito que non está amparado nin polas resolucións de clasificación, nin polo estudo previo realizado antes da clasificación, nin como montes de libre disposición de ningún dos dous montes.

6. Tampouco demostra a CMVMC de Lourizán nestes terreos que deslinda con oposición da comunidade de Salcedo e de varios propietarios particulares a cuestión posesoria, nin sobre o terreo (desde o piquete 2012 ata o piquete 228, e a partir do 235 e ata 255), onde existen moitas evidencias de que está sendo xestionado pola comunidade de Salcedo (traballos forestais, pista forestal....), nin na documentación referida nos puntos 1.3, 1.4 e 1.5 do informe proposta da instrutora, nin na sentenza referida no punto 2.4 dese informe, onde é a comunidade de Salcedo quen reclama vía xudicial esta superficie.

7. En canto á certificación realizada en data do 17.4.1982, por José Antonio Luis Rojo, remitímonos á xustificación realizada no punto 3, no monte Pardecelas no primeiro «considérase».

– Considérase da alegación 6.44 o recoñecemento que fai Francisco Areas Sobreira de que a zona deslindada entre os piquetes 228 e 229 son predios particulares. En canto á aproveitamento que os veciños en tempos anteriores á clasificación dos montes de Lourizán realizaran sobre o Monte Común de San Martín, remitímonos á xustificación realizada no punto 3 e 4 do anterior punto.

– Considérase a alegación 6.56 realizada no apeo por Salcedo levantando unha liña alternativa: 257A-257B-257C-257D-257E e non se considera a alegación 6.57 realizada no apeo pola comunidade de Lourizán, ou os seus representantes, polos seguintes motivos:

1. A liña levantada por Salcedo coincide practicamente co deslindamento do monte de U.P. núm. 289-2º, chamado «Monte Común de San Martín», da parroquia de Salcedo, de propiedade segundo sentenza xudicial núm. 147/2011 da CMVMC da parroquia de Salcedo.

Polo que hai unha sentenza de obrigado cumprimento que declara estes terreos como pertencentes á CMVMC de Salcedo.

Non é así coa liña levantada por Lourizán como monte Cotadoiro que entra no Monte Común de San Martín.

2. Tanto na clasificación como no estudo previo, o monte Cotadoiro, monte obxecto desta alegación, ten por lindeiro polo leste á parroquia de Salcedo, aclarando o estudo previo que o lindeiro leste é o monte Común de San Martín.

E na descrición do perímetro destes montes de Lourizán que se fai no estudo previo cita textualmente: «tomaremos como origen de la descripción el extremo sur de la parroquia señalado por el marco de términos que separa Marín de Pontevedra, en el límite de ayuntamientos, seguiremos en dirección Norte por la línea de Eucaliptos y marcos del Ejército de Tierra (E.T), que sirve de límite entre las parroquias, si bien su origen es el delimitar el monte común de San Martín, hoy en posesión del Ministerio de Defensa».

Queda claro que o monte Cotadoiro limita co monte Común de San Martín deslindando en 1964 como monte de U.P. núm 289-2º, e ademais o límite vai pola liña de eucaliptos e fitos do Exército que Salcedo segue na súa alegación 6.56.

3. Tampouco demostra a CMVMC de Lourizán nestes terreos que deslinda con oposición da comunidade de Salcedo a cuestión posesoria, nin sobre o terreo onde existen moitas evidencias de que está sendo xestionado pola comunidade de Salcedo (traballos forestais, pista forestal...), nin na documentación referida nos puntos 1.3, 1.4 e 1.5 do informe proposta, nin na sentenza referida no punto 2.4 deste informe, onde é a comunidade de Salcedo quen reclama vía xudicial esta superficie.

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 257A-257B-257C-257D-257E.

– Non se considera a alegación 6.59 realizada no apeo por Salcedo da liña que limita o monte Cotadoiro co monte común de San Martín a partir do piquete 257E: 257E- liña parroquial (257E-10A) e considérase a alegación 6.58 realizada no apeo por Lourizán no sentido de que a liña Pedras de Escorregadoiro-Pedras de Eraclio sepárase do piquete 153 do deslindamento do monte de U.P. núm. 289-2º, que a comunidade de Salcedo defende como límite do seu monte común de San Martín e que así foi tido en conta na sentenza xudicial número 147/2011. Esta alegación é contraria ao declarado na alegación 6.37.

Así tamén o reflexa a cuestión posesoria referida no punto 1.4 (proxecto de ordenación da Mancomunidade de MVMC de Pontevedra incluído no rexistro de montes ordenados co núm. 360048 e vixencia ata 2012).

Polo que se considera a liña que une os piquetes: 257E -206.

– Considérase xa no apeo a alegación 6.60 e 6.61 realizadas polas comunidades de Lourizán, Salcedo e San Xulián respecto ao fito M5 do deslindamento de concellos do ano 1938 e zona de confluencia das 3 comunidades, Lourizán, Salcedo e San Xulián.

– Non se considera xa no apeo, a alegación 6.62 e 6.63 sobre o límite do concellos realizada pola CMVMC de Lourizán e no escrito referido no punto 1.7.4 polos seguintes motivos:

1. A resolución de clasificación dos montes de Lourizán, concello de Pontevedra, polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra é de data 24 de maio de 1982.

Polo que a liña vixente que limita os concellos de Pontevedra e Marín nesta data é a última levantada, que foi no ano 1938, como así o fai constar o IGN na documentación achegada ao servizo de montes e que consta neste expediente e non a defendida pola comunidade de Lourizán, que foi levantada no ano 1889.

2. Tamén a comunidade de San Xulián, no concello de Marín, defende como límite de concellos a liña de deslindamento do ano 1938 desenvolta neste apeo sobre o terreo, marcando os fitos referidos no caderno de marcación.

– Considérase a alegación 7.13 realizada na fase de vista pública (parcela catastral 345 do polígono 29), coa achega de documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data 17.10.2018.

Polo que, despois de descontar esta parcela catastral, a superficie residual entre os piquetes 269 ao 276 non pode ser considerada monte veciñal que forme coto redondo co monte Cotadoiro.

No monte Baliñas.

– Considérase a alegación 6.66 realizada no apeo e na fase de vista pública (parcela catastral 396 do polígono 43), coa achega de documentación xustificativa de propiedade, segundo o punto 1.b do informe do servizo xurídico-administrativo de data 17.10.2018.

F) O 18.11.2019 a instrutora do expediente asina o seu informe proposta que é remitido nesa data polo Servizo Provincial de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra á dirección xeral competente.

G) O 16.9.2020 o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a proposta de resolución do expediente de deslindamento dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán, no termo municipal de Pontevedra.

Cuarta. As resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común atribúen a propiedade destes ás comunidades veciñais, en tanto non exista sentenza firme en contra, ditada pola xurisdición ordinaria, segundo determina ou artigo 30 do Decreto 260/1992, polo que se aproba ou regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe e proposta de resolución do instrutor do expediente de deslindamento, por proposta da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal,

DISPÓN:

Primeiro. Que se aprobe o deslindamento dos montes da CMVMC de Lourizán, concello de Pontevedra, de acordo coas actas e rexistro topográfico que figuran no expediente e a descrición e os planos que forman parte inseparable da proposta que se emitiíu.

Descrición.

Montes de Lourizán (Baliñas, Cotadoiro, Montiño e Pardecelas).

Provincia: Pontevedra.

Nº rexistro MVMC: 2782-36038013.

Nome : Baliñas, Cotadoiro, Montiño e Pardecelas.

Concello: Pontevedra.

Pertenza : CMVMC de Lourizán (Santo André).

Límites xerais:

Norte: predios particulares.

Sur: monte veciñal da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra e termo municipal de Marín.

Leste: monte veciñal da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra.

Oeste: termo municipal de Marín.

Cabida total dos Montes de Lourizán (sen encravados): 32,33 ha.

Cabida dos encravados: 4,88 ha.

Encravado 1= 3,34 ha. Encravado 2= 1,38 ha. Encravado 3= 0,16 ha.

Descrición de lindeiros.

As coordenadas dos piquetes están no informe topográfico, incluído no expediente.

A liña entre piquetes é recta, senón se di o contrario.

Aqueles piquetes levantados en campo, pero que, unha vez obtida a información do dominio público das estradas, comprobase que se encontran dentro deste dominio, desaparecen e só son tidos en conta, se é necesario para poder trazar a dirección da liña.

A liña de concellos que separa Pontevedra de Marín foi obtida do caderno de campo das actas de deslindamento de 1938 e identificación dos marcos núm. 5, 6, 7 e 8 no terreo. O marco núm. 8 identificouse para obter a dirección da liña de concellos, aínda encontrábase mais alá dos terreos deslindados.

Os piquetes levantados máis alá do termo municipal de Pontevedra, desaparecen e só son tidos en conta se son necesarios para poder trazar a dirección da liña.

Os lindeiros enuméranse co nome do titular e a parcela catastral (no caso de asistir á fase de apeo) e só coa parcela catastral (no caso de non asistir á fase de apeo).

Monte Baliñas.

Lindeiros: norte, sur; leste e oeste: predios particulares.

Cabida: 2,58 ha.

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro deste monte no piquete 278, no foxo da estrada de Rozo a Agrovello, na marxe dereita no sentido das agullas do reloxo, deixando o monte a man dereita. Desde este piquete avánzase seguindo o trazado desta estrada en dirección norte primeiro ata o piquete 279 e despois sueste ata o piquete 280. Continúase en liña recta, en dirección leste, á beira da mesma estrada pasando polos piquetes 281, 282 e 283. Xira ao sur ata o piquete 284 para volver a xirar ao suroeste seguindo un valado que separa o monte dos predios particulares e camiño durante os piquetes 284, 285, 286, 287 e 288. Lindeiro: estrada e Méndez Omil, Manuela (p. 395 pol. 43).

Do piquete 288 en liña recta seguindo o mesmo camiño e na mesma dirección ata o piquete 288A, xirando despois en dirección sueste en liña recta pasando polo piquete 290 e 291, xunto ao cerramento da vivenda de Luís Codina Tilve. Lindeiros: Santiago Pereira, Enma e outros (p. 396 pol. 43) e Codina Tilve, Luis (p. 401 e 402 do pol. 43).

Desde o piquete 291, xira ao sur seguindo un balado ata o piquete 292, xunto á entrada dunha vivenda (parcela 414 do polígono 43), para continuar en dirección sueste polos cerramentos das parcelas catastrais 414 e 6001 do polígono 43, ata chegar ao piquete 293. Continua, seguindo restos de muro, primeiro en dirección sur ata o piquete 294 e en dirección leste despois ata o piquete 295. Lindeiros: as parcelas catastrais 435, 414, 6001, 429, 434 e 433 do polígono 43.

Desde o piquete 295, na confluencia de dous camiños de terra, segue en dirección sur recorrendo 9,54 m ata o piquete 296, na entrada da propiedade de Manuel Crespo Agulla, seguimos polo peche desta propiedade ata o piquete 297, continuando en dirección suroeste por restos de muro de pedra ata o piquete 298, onde cruza un camiño en dirección oeste, percorrendo 3,94 m, ata o piquete 299. Lindeiros: camiño, Castro González, Dolores (Hros) (p. 427 pol. 43); Couso Recamán, Isidoro (p. 422 pol. 43); Pintos Tejeira, Mª Luisa (p. 420 pol. 43); Pereira Villanueva, Manuel (Hros) (p. 424 pol. 43) e as parcelas catastrais 418, 419 e 493 do polígono 43.

Do piquete 299 continúa en dirección noroeste por restos de muro pasando polos piquetes 300, 301 e 302. Lindeiros: Moledo García, Mª Teresa (p. 473 pol. 43) e as parcelas catastrais 493, 471, 470, 469, 468, 467, 465, 463 e 462 do polígono 43.

Segue polo muro da Estación Fitopatolóxica Areeiro, na marxe esquerda dun camiño, incluíndo este camiño dentro do MVMC, en dirección noroeste, ata o piquete 303, cruza o camiño, onde se encontra o piquete 304, e continua pola marxe esquerda dunha senda en dirección norte primeiro e nordeste despois pasando polos piquetes 305, 306 e 307. Xira á noroeste seguindo restos de muro ata alcanzar o piquete 308 para volver a xirar ao suroeste, seguindo o muro de pedra practicamente en liña recta, ata alcanzar o piquete 278, primeiro piquete deste monte, pechando a liña e percorrendo 1.084 m. Lindeiro: Estación Fitopatolóxica Areeiro.

Monte Pardecelas.

Lindes: norte, sur e oeste: predios particulares.

Leste: monte Pardecelas da comunidade de Salcedo.

Cabida: 2,53 ha.

Descrición de lindeiros.

Este monte queda dividido pola estrada EP-0019 en dúas parcelas, parcela norte e parcela sur. A súa vez a parcela Norte queda dividida polo camiño asfaltado O Casal-Agrovello en tres parcelas: Pardecelas Norte 1 (a máis grande) e dúas parcelas residuais: Pardecelas norte 2 e Pardecelas norte 3.

Pardecelas norte 1.

Lindes: norte: camiño asfaltado O Casal-Agrovello.

Sur: predios particulares e a estrada EP-0019 (Marín-Figueirido).

Leste: Estrada EP-0019 (Marín-Figueirido) e predios particulares.

Oeste: predios particulares.

Cabida: 20.715 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela na intersección da liña que une os piquetes 12 e13 coa estrada EP-0019, (aproximadamente no piquete 13). Continúa en dirección norte, seguindo muro de pedra antigo, pasando polos piquetes 14, 15, 16, 17 e 18. Segue polo mesmo muro de pedra primeiro xirando ao nordeste ata o piquete 19 e despois practicamente ao leste, pasando polos piquetes 20 e 21.

Lindeiros: as parcelas catastrais 106, 137, 108, 111, 112, 113, 207, 80, 206, 79, 78, 76, 73, 72, 71, 70, 69, 68, 67, 66, 60 e 216 do polígono 40.

Desde o piquete 21 continúa polo restos de muro de pedra, primeiro en dirección nordeste, pasando polos piquetes 22, 23, 24 e 25, despois noroeste ata o piquete 26, para volver a retomar a dirección nordeste ao longo dos piquetes 27, 28 e 29, este último ao carón do camiño asfaltado do Casal- Agrovello.

Lindeiros: as parcelas catastrais 216, 63, 62, 217, 59, 58, 57, 215, 39, 38, 37, 36, 35 e 34 do polígono 40.

No piquete 29, segue en dirección sueste pola marxe dereita do camiño asfaltado O Casal-Agrovello, ata o piquete 39, na esquina da parede dunha edificación. Xiramos 6,28 m, en dirección sur ata o piquete 40 pola parede desa edificación, para volver a xirar 15,23 m, en dirección oeste, ata o piquete 41 e tomar dirección en xeral sur, seguindo restos de muro de pedra, ata o piquete 42.

Lindeiros: a estrada O Casal-Agrovello e as parcelas catastrais 31, 32 e 33 do polígono 40.

Desde o piquete 42, seguindo cerre de arame, en dirección sur, ata o piquete 43. Xira lixeiramente ao sueste en liña recta, ao longo dos piquetes 44 e 45, para continuar en xeral en dirección sur, pasando polos piquetes 46, 47 e 48, polos peches das parcelas catastrais 4 e 5 do polígono 38.

Lindeiros: Rivadulla Ruibal, Soledad (p. 25, 23 e 4 do pol. 40); Ribadulla Peón, Nieves (p. 5 pol. 40) e a parcela catastral 24 do polígono 40.

No piquete 48, recorre 8,36 m, en dirección suroeste, na marxe esquerda do camiño que da acceso á parcela 5 do polígono 38, ata o piquete 49, para despois retomar os restos de muro de pedra na mesma dirección suroeste, pasando polos piquetes 50, 51 e 52.

Lindeiros: Barcala Rodríguez, Rogelio (p. 42 pol. 40); Blanco Ramírez, María (Hros) (p. 142 pol. 40) e as parcelas catastrais 143, 144, 145 e 146 do polígono 40.

Desde o piquete 52 en liña co piquete 10B ata o encontro coa estrada Marín- Figueirido, para proseguir pola traza da marxe dereita desta estrada en dirección suroeste, ata pechar a liña desta parcela Pardecelas norte 1, onde comenzou, percorrendo 1.030 m.

Lindeiros: a estrada EP-0019, Marín Figueirido.

Pardecelas norte 2.

Lindes: norte, leste e oeste: predios particulares.

Sur: camiño asfaltado O Casal-Agrovello.

Cabida: 872 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición da lindeiro desta parcela, separada da parcela Pardecelas Norte 1 só polo camiño asfaltado O Casal- Agrovello, no piquete 30, enfronte do piquete 29 e alén deste camiño. Segue pola súa marxe dereita en dirección noroeste ata o piquete 31, aquí xira en dirección nordeste ata o piquete 32 e nesa mesma dirección prosigue por un muro á beira dun camiño sen asfaltar ata o piquete 33. Continúa por restos de muro de pedra, xirando primeiro en dirección sueste ata o piquete 34 e despois sur, pasando polo piquete 35 e pechando a liña desta parcela Pardecelas norte 2, no piquete 30, percorrendo 148 m.

Lindeiros: a estrada O Casal-Agrovello; Garrido Moledo, José Antonio (p. 291 pol. 43); Crespo Agulla, Regina (p. 295 pol. 43); Barcala Martínez, Rogelio (p. 332 pol. 45) e as parcelas catastrais 292, 293, 294 do polígono 43 e 338, 10337, 337 e 336 do polígono 45.

Pardecelas norte 3.

Lindes: norte, sur e oeste: vía rápida VG-4.4

Leste: Garrido Moledo, José A.

Cabida: 70 m²

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela residual, separada 58,31 m da parcela Pardecela Norte 2, na intersección do dominio público da vía rápida VG-4.4 coa liña que une os piquetes 36 e 38. Segue pola traza do dominio público desta estrada en dirección oeste, continuación do camiño asfaltado O Casal-Agrovello, ata a intersección desta traza coa liña que une os piquetes 37-38, e desde aquí xira en dirección nordeste pola traza da vía de servizo da vía rápida VG-4-4, practicamente en liña recta, ata o piquete 38, onde volve a xirar en dirección sur ata onde comenzou, pechando a liña desta parcela Pardecelas Norte 3 e percorrendo 38 m.

Lindeiros: vía rápida VG.4-4 e Garrido Moledo, José A (p. 291 pol. 43).

Pardecelas sur.

Lindes: norte e oeste: a estrada EP-0019 (Marín-Figueirido).

sur: predios particulares e a estrada EP-0019 (Marín-Figueirido).

Leste: Monte Pardecelas da comunidade de Salcedo.

Cabida: 3.632 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela na intersección da liña que une os piquetes 10A co 206 e a liña que une os piquetes 9, 10 e 11 (aproximadamente piquete 10). Desde aquí segue en dirección oeste ata o piquete 11 e xira ao suroeste ata o piquete 12. Xira en dirección noroeste, ata a intersección da liña que une os piquetes 12 e 13 coa estrada Marín Figuerido.

Lindeiros: parcelas catastrais 10137 e 10136 do polígono 40.

Continúa ao nordeste pola traza da estrada EP-0019, na súa marxe dereita, segundo progresión, ata a intersección coa liña 10A-10B. Desde aquí, xira en dirección suroeste en liña recta ata o piquete 10A e volve a xirar en dirección sur ata onde comezou pechando a liña desta parcela Pardecelas Sur e percorrendo 414 m.

Lindeiros: a estrada EP-0019 e a CMVMC de Salcedo.

Monte Montiño.

Lindes: norte, sur; leste e oeste: predios particulares.

Cabida: 1,14 ha.

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro deste monte no piquete 65, nun muro de pedra que vai paralelo a un camiño que queda dentro do monte. Segue por este muro de pedra en dirección nordeste primeiro, ata o piquete 66, e despois en dirección sueste, ao longo dos piquetes 67, 68 e 69.

Lindeiros: González Acuña, Carlos (p. 200 pol. 39); Becoña Romero, Julia (p. 202 pol. 39) e Becoña Romero, Laura (p. 131 pol. 39) e as parcelas catastrais 133, 132, 182, 140, 141, 142, 143, 144, 145 e 88 do polígono 39.

Desde o piquete 69, xira ao Sur, cruzando este camiño, ata o piquete 70, na outra marxe, para proseguir polos restos de muro de pedra, primeiro en dirección oeste ata o piquete 71 e despois en dirección sur ata o piquete 72 e 73.

Lindeiros: camiño, Pereira Couso, Amelia (Hros) (p. 570 pol. 29) e Pereira Couso, Mª Victoria (Hros) (p. 73 pol. 29); Santiago Rivera, Salvador (p. 76 pol. 29) e as parcelas catastrais 77 e 72 do polígono 29.

Xira, no piquete 73, en dirección noroeste, ao longo dos piquetes 74 e 75, para volver xirar en dirección suroeste e retomar os restos de muro ata o piquete 76. Lindeiro: Lora Salinero, Cristina Dolores e outros (p. 68 pol. 29).

No piquete 76, segue polos restos de muro, primeiro en dirección noroeste, ata o piquete 77, xira despois ao nordeste pasando polos piquetes 78 e 79, e volve a tomar dirección noroeste, ao longo dos piquetes 80, 81 e 82.

Lindeiro: Becoña Romero, Julia (p. 29 pol. 29) e as parcelas catastrais 54, 52 e 44 do polígono 29.

Volve, no piquete 82, a tomar dirección nordeste, seguindo os restos de muro, ata o piquete 65, pechando a liña deste monte e percorrendo 567 m.

Lindeiros: Becoña Romero, Julia (p. 29 pol. 29).

Monte Cotadoiro.

Lindes: norte: predios particulares.

Sur: termo municipal de Marín e o Monte Común de San Martín da comunidade de Salcedo.

Leste: Monte Común de San Martín da comunidade de Salcedo.

Oeste: Concello de Marín.

Cabida (sen encravados): 26,19 ha.

Cabida dos encravados: 4,88 ha.

Encravado 1= 3,34 ha. Encravado 2= 1,38 ha. Encravado 3= 0,16 ha.

Descrición.

Este monte queda dividido pola estrada EP-0019 en dúas parcelas, Cotadoiro norte e Cotadoiro sur.

A súa vez, a parcela Norte queda dividida pola vía rápida VG-4-4 e a estrada EP-0019 en tres parcelas: Cotadoiro norte 1 (alén da vía rápida), Cotadoiro norte 2 (entre Cotadoiro norte 1 e Cotadoiro sur) e Cotadoiro norte 3 (separada de Cotadoioro sur pola Ep-0019).

E a parcela sur, dividida pola liña de concellos Pontevedra- Marín, en dúas parcelas: Cotadoiro sur 1 (a que está máis ao oeste) e Cotadoiro sur 2.

Considerada a alegación 7.13 realizada na fase de vista pública, a superficie residual que queda, entre os piquetes 269 ao 276, unha vez descontada a parcela 345 do polígono 29, non pode ser considerada monte veciñal que forme coto redondo co monte Cotadoiro.

O monte Cotadoiro ten 3 encravados, sitos na parcela Cotadorio sur 2: encravado 1, recoñecido pola CMVMC de Lourizán e encravado 2 e encravado 3, non recoñecidos pola comunidade de Lourizán.

Cotadoiro norte 1.

Lindes: norte: predios particulares.

Leste e oeste: predios particulares e camiño asfaltado.

Sur: vía rápida VG-4.4 (Marín-Bueu).

Cabida: 6.157 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela na intersección da vía rápida VG.4.4 coa liña que une os piquetes 146A co 146B (alegación de Mª José Fernández Piñeiro), este último piquete no dominio público da VG-4.4. Continúa polo cerramento, que se encontra sobre restos de muro de pedra, das parcelas catastrais 186 e 10186 do polígono 29, en dirección noroeste ata o piquete 146C, na esquina do cerramento desta última parcela, xunto a un camiño asfaltado. Cruza o camiño, ata o piquete 146G, enfronte, na outra marxe do camiño e na esquina do cerramento de pedra e arame da parcela 187 do polígono 29. Prosigue na mesma dirección, polo peche de arame desa parcela, pasando polos piquetes 146H e 146I. Xira en dirección oeste, polo mesmo peche, ata o piquete 156. Lindeiros: Fernández Área, José (p. 186 pol. 29); Fernández Área, Avelino (p. 187 pol. 29) e Fernández Piñeiro, Mª José e Piñeiro Fernández, Carmen (p. 10186 pol. 29).

Desde o piquete 156, en liña recta, en dirección nordeste ata o piquete 157. Prosegue polo peche e entrada da parcela 189 do polígono 29, en dirección norte, ata o piquete 158, seguindo o foxo dun camiño asfaltado que da servizo as parcelas catastrais 189 do polígono 29 e 326 do polígono 41. Cruza ese camiño, ata o piquete 159, enfronte, na outra marxe do camiño.

Lindeiros: Rosales Crespo, Luis (p. 189 pol. 29) a parcela catastral 193 do polígono 29 e o camiño asfaltado.

No piquete 159, xira en dirección sueste, seguindo muro de pedra que separa a parcela 326 do polígono 41 e atravesando a entrada deste predio ao longo dos piquetes 160 e 161. Segue nesa dirección, por restos de muro de pedra á esquerda dun camiño de terra, pasando polos piquetes 162 e 163.

Lindeiros: Sobreira López, Amparo (p. 319 pol. 41 e a parcela catastral 326 do polígono 41.

Desde o piquete 163, segue a dirección marcada pola liña que une os piquetes 163 e 164 ata confluír coa traza do camiño asfaltado correspondente á parcela catastral 9008 do polígono 41, marxe dereita, segundo progresión. Toma dirección suroeste, discorrendo pola traza da parcela 9008 do polígono 41 primeiro e despois pola 9002 do polígono 29, marxe dereita tamén, ata a intersección desta última traza coa liña prolongada que pasa polo piquete 167, quedando o camiño que dá servizo ás parcelas catastrais 624 e 144 do polígono 29, fóra do monte veciñal.

Lindeiros: camiño asfaltado de referencias catastrais 36900A02909002 e 36900A041009008.

Xira en dirección sueste, seguindo os restos de muro de pedra, ata a intersección da liña que une os piquetes 167 e 168, piquete este último no dominio público da VG-4.4, coa traza da vía rápida, para continuar por esta traza en dirección suroeste ata onde comezou, pechando a liña desta parcela Cotadoioro norte 1 e percorrendo 475 m. Lindeiros: a parcela catastral 144 do polígono 29 e a vía rápida VG-4.4.

Cotadoiro norte 2.

Lindes: norte: vía rápida VG-4.4 (Marín-Bueu).

Sur: estrada EP-0019 (Marín-Figueirido).

Leste e oeste: predios particulares.

Cabida: 7.759 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela na intersección da liña que une os piquetes 140 e 141 coa estrada EP-0019, na marxe máis ao norte. Continúa en dirección noroeste, seguindo os restos de muro de pedra ao longo dos piquetes 141, 142, 143, 144 e 145. Desde aquí, na mesma dirección noroeste, en liña recta ata o piquete 146 e en dirección norte ata o piquete 146A.

Lindeiros: Fernández Piñeiro, Mª José e Piñeiro Fernández, Carmen (p. 20186 pol. 29) e as parcelas catastrais 10167, 166, 583, 168 e 169 do polígono 29.

Xira en dirección nordeste, seguindo a traza da vía rápida VG-4.4 ata a confluencia desta traza coa liña que une os piquetes 169 e 170. O piquete 169 no dominio público da VG-4.4.

Lindeiro: a vía rápida VG-4.4.

Desde aquí, seguindo os restos de muro de pedra, xira primeiro en dirección sueste, pasando polos piquetes 170 e 171, despois en dirección suroeste ata o piquete 172, para volver retomar a dirección sueste ata o piquete 173, a carón dunha senda.

Lindeiros: Dopazo Novegil, Arturo (p. 152 e 154 pol. 29); Montes López Juan (Hros) (p. 153 pol. 29) e as parcelas catastrais 569; 145; 150; 159 do polígono 29.

Cruza a senda, en liña recta, en dirección suroeste ata o piquete 174 e prosegue nesa mesma dirección polos piquetes 175 e 177F.

Lindeiros: as parcelas catastrais 159, 160 e 161 do polígono 29.

Desde o piquete 177F, avanza en dirección suroeste polo cerramento dun predio na que hai unha vivenda, ata o piquete 177E (alegación de José Manuel Omil Rios). Prosigue nesa mesma dirección, polo cerramento doutro predio que tamén contén unha vivenda, ata o piquete 177D, xirando en dirección sur polo mesmo cerramento ata o piquete 177C (alegación de Julio Graña Pazos).

Lindeiros: Omil Rios, José Manuel e Graña Pazos, Julio.

Continúa en dirección oeste pola traza da estrada EP-0019, ata onde comezou, pechando a liña desta parcela Cotadoioro norte 2 e percorrendo 475 m.

Lindeiros: a estrada EP-0019 (Marín-Figueirido).

Cotadoiro norte 3.

Lindes: norte, leste e oeste: predios particulares.

Sur: estrada EP-0019 (Marín-Figueirido).

Cabida : 12.544 m²

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela no piquete 183, a carón da estrada EP-0019, Marín-Figueirido. Toma dirección nNoroeste pasando polos piquetes 184 e 185. Xira cara ao Nnordeste ata o piquete 186 seguindo os restos de muro de pedra.

Lindeiros: as parcelas catastrais 156 e 625 do polígono 29.

Desde o piquete 186, no cerramento de bloques e arame da parcela 67 do polígono 29, seguimos en dirección nordeste polos restos de muro de pedra, pasando polos piquetes 187, 188 e 189.

Lindeiros: Agulla Becoña, Josefa (p. 66 pol. 29); Becoña Romero, Julia (p. 65 pol. 29); Vilas López, Vitorino (p. 596 pol. 29) Becoña de la Torre, Manuel (p. 10061 pol. 29); e Becoña de la Torre, Elisardo (p. 61 pol. 29); e as parcelas catastrais 67, 64, 63 e 60 do polígono 29.

Avanza desde o piquete 189 en dirección sueste ata o piquete 191, xirando cara ao suroeste pola traza dereita, segundo progresión, da estrada EP-0019 ata o piquete 183, pechando a liña desta parcela Cotadoiro Norte 3 e percorrendo 538 m.

Lindeiros: Lora Salinero, Cristina Dolores e Outros (p. 68 pol. 29) e a estrada Ep-0019.

Cotadoiro sur 1.

Lindes: norte, sur e leste : predios particulares.

Oeste: termo municipal de Marín.

Cabida: 22.009 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela na intersección da liña que une os piquetes 86 e 87 coa liña que separa os concellos de Pontevedra e Marín, obtida do caderno de campo das actas de deslindamento de 1938 e identificación dos marcos no terreo. Continúa seguindo os restos de muro de pedra primeiro en dirección nordeste ao longo dos piquetes 87, 88, 89, 90, 91 e 92 e despois sueste pasando polos piquetes 93, 94, 95, 96, 97 e 98.

Lindeiros: Villaverde Blanco, Manuel (p. 343 pol. 29); Villanueva Villanueva, Jesús (p. 10339 pol. 29); López Ruibal, Josefa (p. 10338 pol. 29); Torres Cortegoso, Ramón (p. 10539 pol. 29); Amoedo Vllaverde, Maria e Vilas Piñeiro, José (p. 10335 e 10333 pol. 29); López Iglesias, Ricardo (p.e 10334 e 10332 pol. 29); Vilas Piñeiro, José (p. 10331 pol. 29); Villanueva Villanueva, Isaura (p. 322 pol. 29); Novas Piñeiro, José e Piñeiro Pesqueira Mª del Carmen (p. 546 pol. 29); Nuñez Rosales, Manuel (p. 315 pol. 29); Villanueva Villanueva, Edelmira (p. 314pol. 29); Ruibal Pousada, Andrés (p. 310 pol. 29); e as parcelas catastrais 10340, 10336, 30331, 10330, 10329, 10328, 10327, 10326, 10325, 324, 10541, 10542, 10543, 10544, 321, 317, 316, 548 e 311 do polígono 29.

No piquete 98, continúa polos restos de muro de pedra (só interrompido no piquete 100 pola liña de alta tensión), primeiro en dirección en xeral sueste ao longo dos piquetes 98, 99, 100 e 101 (alegación Mª Carmen Torres Recamán), para despois xirar en dirección suroeste percorrendo os piquetes 102 e 103.

Lindeiros: Torres Recamán, Mª Carmen (p. 473 pol. 29); López Iglesias, Ricardo (p. 477 pol. 29); Nores Piñeiro, Josefa (p. 562 pol. 29); Amoedo Villaverde, Maria e Vilas Piñeiro José (p. 479 pol. 29); Iglesias López, Manuel (Hros de) (p. 481 pol. 29); Novas Piñeiro, José e Piñeiro Pesqueira Mª del Carmen (p. 482 pol. 29) e as parcelas catastrais 478 e 480 do polígono 29.

Desde o piquete 103, transcorre polo termo municipal de Marín en dirección noroeste, pasando polo marco núm. 7 do límite de concellos Pontevedra-Marín, que corresponde co piquete 268, ata a intersección deste termo municipal coa liña que une os piquetes 86 e 87, onde comenzou esta parcela Cotadoiro sur 1, pechando a liña e percorrendo 617 m.

Lindeiros: termo municipal de Marín.

Cotadoiro sur 2.

Lindes: norte: estrada EP-0019 (Marín-Figueirido) e predios particulares.

Sur: monte veciñal da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra e termo municipal de Marín.

Leste: monte veciñal da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra.

Oeste: termo municipal de Marín.

Cabida sen encravados : 211.269 m².

Cabida dos encravados: 48.779 m².

Cabida de cada encravado:

Encravado 1= 33.388 m². Encravado 2= 13.841 m². Encravado 3= 1.550 m².

Descrición de lindeiros.

Comézase a descrición do lindeiro desta parcela na intersección da liña que une os piquetes 103 e 104 coa liña de concellos Pontevedra-Marín, obtida do caderno de campo das actas de deslindamento de 1938 e identificación dos marcos no terreo. Avanza seguindo os restos de muro de pedra en dirección sueste ao longo dos piquetes 104 e 105.

Lindeiros: Novas Piñeiro, José e Piñeiro Pesqueira Mª del Carmen (p. 486 pol. 29) e as parcelas catastrais 483, 484 e 485 do polígono 29.

Continúa polos restos de muro de pedra, primeiro nesa mesma dirección sueste, pasando polos piquetes 106, 107 e practicamente ata o piquete 108. Xira. un pouco antes deste último piquete, seguindo os mesmos restos, en dirección nordeste ao longo dos piquetes 108, 109, 110 e 111, para volver xirar en liña recta 11,49 m en dirección oeste ata o piquete 112, e retomar os restos de muro seguindo primeiro en dirección norte durante 5, 15 m ata o piquete 113 e despois volver en dirección nordeste, seguindo o mesmo muro, ao longo dos piquetes 114 e 115. (alegacións 6.16; 6.17; 6.18 e 6.19)

Lindeiros: Rial Iglesias, Jesús María (p. 487 pol. 29) e outros; Iglesias Martínez, Otilio (Hros de) (p. 554 pol. 29); de la Iglesias Iglesias, Carmen (p. 488 pol. 29); Torres Recamán, Mª Carmen (p. 473 pol. 29) e as parcelas catastrais 476, 556 e 555 do polígono 29.

Xira 10,37 m en dirección sueste, polos restos de muro de pedra ata o piquete 116, para volver xirar, sempre polos restos de muro, primeiro en dirección leste ata o piquete 117, e despois tomar practicamente dirección sur ao longo dos piquetes 118, 119, 120, 121, 122 e 123.

Lindeiros: Magariños Pampín, Ricardo (Hros) (p. 504 pol. 29); Lamoso Ruibal, Carmen (p. 502 pol. 29); Ruibal Pousada, Juan (p. 501 pol. 29); González Outerelo, María Luz (p. 498 pol. 29); Novegil Sanmartín, Eugenio e outros (p. 489 pol. 29) e as parcelas catastrais 499, 563, 557, 496, 494, 493 e 490 do polígono 29.

No piquete 123, seguindo polos restos de muro, toma dirección primeiro sueste ata o piquete 124 e despois nordeste ata o piquete 125. Desde aquí toma dirección en xeral norte, sempre polos restos de muro de pedra, pasando polos piquetes 126, 127, 128, 129, 130, 131, e 132.

Lindeiros: Novegil Sanmartín, Eugenio e outros (p. 489 pol. 29); González Outerelo, Maria Luz (p. 498 pol. 29); Iglesias Novegil, Enriqueta (p. 500 pol. 29); Lamoso Ruibal, Carmen (p. 502 pol. 29) e as parcelas catastrais 490, 491, 494, 495, 497, 568, 499 e 501 do polígono 29.

Desde o piquete 132, seguindo os restos de muro, xira en dirección nordeste ao longo dos piquetes 133 e 134 para despois tomar dirección noroeste pasando polos piquetes 135 e 136, este último piquete a carón da parcela 10516 do polígono 29 (encravado 3). No piquete 136, torce en dirección suroeste ata o piquete 137 e prosegue sempre polos restos de muro de pedra en dirección nordeste ao longo dos piquetes 138, 139 e 140.

Lindeiros: Magariños Pampín, Ricardo (Hros) (p. 504 pol. 29); Pampín Acuña, Perfecto (p. 505 e 506 pol. 29); de la Iglesias Iglesias, Carmen (p. 178 pol. 29); Torres Cortegoso Josefa (p. 176 pol. 29); Villanueva Villanueva, Isaura (p. 174 pol. 29); Pintos Peón, Antonio (p. 172 pol. 29); Otero Villanueva, Mª Dolores (p. 167 pol. 29); e as parcelas catastrais 503, 507, 508, 558, 509, 510, 559, 560, 512, do polígono 29.

No piquete 140 seguindo a liña que une os piquetes 140 e 141 (cada unha, nunha marxe da estrada EP-0019) ata a intersección coa traza da estrada EP-0019. Desde aquí, vira en dirección leste, seguindo a marxe dereita da traza da EP-0019, ata a intersección desta traza coa liña que une os piquetes X4-X10.

Lindeiros: Otero Villanueva, Mª Dolores e a estrada EP-0019.

Continua en liña recta, ladeira enriba da estrada, en dirección sueste, pasando polos piquetes X4 e X10, e despois xira en dirección leste ata o piquete X9 (alegación de Julio Graña Pazos). Segue en liña recta en dirección nordeste ata o piquete 180 (parte da alegación de José M. Omil Rios). E nesa mesma dirección, continuando en liña recta, ao longo dos piquetes 179, 182, e ata a intersección da liña que une os piquetes 182 e 183 coa traza da EP-0019.

Lindeiros: Graña Pazos, Julio; Omil Rios, José Manuel e as parcelas catastrais 10164, 10163, 10162, 10161, 10160, 10159 e 10158 do polígono 29.

Segue pola traza da estrada EP-0019, marxe dereita segundo progresión, en dirección nordeste primeiro e sueste despois, ata a intersección desta traza coa liña que une os piquetes 192 e 193. Continúa ladeira enriba da estrada, en dirección sueste, pasando polos piquetes 193 e 194. Toma dirección sur ata o piquete 194A, na afección dunha liña de alta tensión. Xira en dirección nordeste ao longo dos piquetes 194B, 194C e 196, este último piquete na marxe dereita, segundo progresión da antiga estrada de Marín, ladeira enriba da estrada EP-0019. (alegación Lora Salinero, Cristina Dolores e outros).

Lindeiros: estrada EP-0019 e Lora Salinero, Cristina Dolores e outros (p.10068 pol. 29).

A continuación avanza en dirección nordeste pola traza da estrada EP-0019, na súa marxe dereita, segundo progresión, ata o piquete 199.

Lindeiros: estrada EP-0019.

No piquete 199, seguindo os restos de muro de pedra, ladeira enriba da estrada EP-0019, primeiro en dirección sur e logo en dirección sueste ata o piquete 200. Continúa en dirección sueste polos restos de muro, ao longo dos piquetes 201, 202 e 203.

Lindeiros: Montes López, José (p. 373 pol. 29) e as parcelas catastrais 97, 98, 99, 374 do polígono 29.

Nesa mesma dirección sueste, avanza en liña recta ata o piquete 204, nunha intersección de camiños. Continúa na mesma dirección, seguindo escasos restos de muro de pedra, primeiro ata o piquete 205 e en liña recta logo ata o piquete 206.

Lindeiros: Sabucedo Justo, Ramón (p. 375 pol. 29) e as parcelas catastrais 376, 377, 378, 379, 380, 381, 382, 383, 385 e 412 do polígono 29.

Do piquete 206, avanza en dirección suroeste, en liña recta ata o piquete 257E, liña practicamente coincidente co deslindamento do monte de UP 289-2º. Segue nesa mesma dirección ao longo dos piquetes 257D, 257C e 257B e xira ao sur ata o piquete 257A. A liña 257D-257C-257B-257A é practicamente coincidente co deslindamento do monte de UP 289-2º e coa alienación de eucaliptos e fitos do Exército de Terra aludidos no punto 3.4 do estudo previo á clasificación dos montes de Lourizán. (alegación CMVMC de Salcedo).

Lindeiro: monte común de San Martín, pertencente á CMVMC de Salcedo.

Desde o piquete 257A, coincidente co marco núm. 5 do límite entre os concellos de Pontevedra e Marín, continúa polo termo municipal de Marín, en dirección noroeste, ata o piquete 258, onde comenza os restos de muro que separa o monte veciñal dos predios particulares coñecidas como Cachada de Carballo.

Lindeiros: termo municipal de Marín.

Prosegue polos restos de muro de pedra, en dirección nordeste ao longo dos piquetes 259 e 260, norte ata o piquete 261 e noroeste recorrendo os piquetes 262, 263, 264, 265, 266 e 267, piquete este último coincidente co marco núm. 6 do límite de concellos Pontevedra-Marín.

Lindeiros: Iglesias Martinez, Otilio (Hros de) (p. 606 pol. 9); Nores Piñeiro, Amparo (p. 602 e 605 pol. 9); Iglesias Carballo, Teresa (Hros de) (p. 603 pol. 9); Omil Carballo, Agustin (Hros de) (p. 593 pol. 9) ; Piñeiro Pesqueira, Mª del Carmen (p. 578 pol. 9); e as parcelas catastrais 607, 599, 600, 604, 601, 598, 596, 595, 594, 591, 590, 589, 588, 587, 586, 583, 582, 581 e 579 do polígono 9.

Avanza desde o piquete 267 (marco 6º do IGN), polo termo municipal de Marín ata a intersección deste coa liña que une os piquetes 103 e 104, pechando a liña desta parcela Cotadoiro Sur 2 onde comezou e percorrendo 3.745 m.

Lindeiros: termo municipal de Marín.

Encravados na parcela Cotadoiro sur 2.

Encravado 1: encravado recoñecido pola CMVMC de Lourizán. Coñécese polo nome de Cachada de Pampín. Encóntrase este encravado, na súa maior parte, rodeado de restos de muro de pedra.

Comenza no piquete E1, ladeira enriba da estrada EP-0019. Continúa en dirección aproximadamente sur, seguindo os restos de muro de pedra, a través dos piquetes E2 e E3. Xira, seguindo eses restos de muro, primeiro en dirección practicamente oeste, pasando polos piquetes X8 e E4 e despois en dirección suroeste ao longo dos piquete E5 e E6. Desde o piquete E6, toma dirección sueste, en liña recta ata o piquete E7.

Lindeiros: González Veiga, Herminia (p. 520 e 522 pol. 29); e as parcelas catastrais 518, 466, 519, 10519 do polígono 29.

No piquete E7, retoma os restos de muro, na mesma dirección sueste ao longo dos piquetes E8 e E9 e en dirección nordeste pasando polos piquetes E10, E11 e E12.

Lindeiros: as parcelas catastrais 521, 523, 525, 10519, 519 , 466 e 467 do polígono 29.

Avanza polos restos de muro de pedra xirando nun primeiro momento en dirección Sueste ata o piquete E13, para tomar dirección nordeste ao longo dos piquetes E14, E15, E16, E17 e E18.

Lindeiros: Montes López, Jesusa (p. 469 pol. 29); Peon Fernández, Juan Carlos (p. 471 pol. 29 ) e as parcelas catastrais 468, 470 e 464 polígono 29.

No piquete E18, seguindo os restos de muro de pedra xira en dirección primeiro norte ata o piquete E19 e despois noroeste pasando polos piquetes E20, E21 e E22.

Lindeiros: Villanueva Blanco, José (p. 459 pol. 29)) e as parcelas catastrais 464, 463, 462, 461, 460 e 457 polígono 29.

Desde o piquete E22 avanza en dirección suroeste, primeiro en liña recta ao longo dos piquetes E23 e E24 e retoma os restos de muro de pedra en dirección sur pasando polo piquete E25 e ata E1, primeiro piquete deste encravado, pechando a liña e percorrendo 814 m.

Lindeiros: as parcelas catastrais 457 e 518 do polígono 29.

Encravado 2: encravado non recoñecido pola CMVMC de Lourizán. Coñécese polo nome de Cachada de Meán. Encóntrase todo este encravado rodeado por restos de muro de pedra.

Comenza no piquete X11, seguindo sempre os restos de muro. Avanza en dirección sur ata o piquete X12. Xira en dirección sueste ata o piquete X13. Desde aquí volve a xirar, primeiro en dirección Nordeste ata o piquete X14, Noroeste ata o piquete X15, nordeste ata o piquete X16 e noroeste ao longo dos piquetes X17 e X18. Vira en dirección suroeste, pasando polos piquetes X19, X20 e X21. Desde o piquete X21, toma dirección sueste ata o piquete X11, primeiro piquete deste encravado, pechando a liña e percorrendo 486 m.

Lindeiros: Rodríguez González, Mª Teresa (p. 526 pol. 29) e as parcelas catastrais 527, 528, 529, 530, 531, 532, 533, 534, 535 e 10535 do polígono 29.

Encravado 3: situado no lugar coñecido como Campan. Constituído pola parcela catastral 10516 do polígono 29. Perímetro 169 m. Lindeiro: González Touriño, Benito.

Servidumes.

Os Montes de Lourizán (Baliñas, Cotadoiro, Montiño e Pardecelas) están atravesados e divididos pola vía rápida VG-4.4 e a estrada Ep-0019, Marín-Figueirido. Así como por varios camiños e pistas.

Atópanse tamén varias liñas eléctricas de alta e media tensión. Así mesmo existen varias captacións de auga e están afectados, nunha pequena parte (310 m²), polas canalizacións do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría, marxe esquerda.

Segundo. Que se cancele total ou parcialmente calquera inscrición rexistral en tanto sexa contraditoria coa descrición do deslindamento do monte veciñal en man común de Lourizán, no termo municipal de Pontevedra.

Terceiro. Que se deneguen as reclamacións presentadas e non aceptadas no informe-proposta e se declare esgotada a vía administrativa, deixando expedita a xudicial civil.

Cuarto. Que se leven os novos datos resultantes da descrición, rexistro topográfico e planos ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Quinto. Que se inmatriculen os montes coas características resultantes no Rexistro da Propiedade.

Sexto. Que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución aprobatoria deste deslindamento.

Sétimo. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. As persoas interesadas poderán interpoñer contra esta orde recurso de reposición, con carácter potestativo, no prazo dun mes ante o titular da Consellería do Medio Rural, o ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos computaranse desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal polos interesados, ou da publicación para os que non poidan ser notificados persoalmente.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural