Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 15 de outubro de 2020 Páx. 39988

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 7 de outubro de 2020 de modificación da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

Con data do 21 de febreiro de 2020 publicouse no DOG a Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

Como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e ante a declaración da Organización Mundial da Saúde (OMS) como pandemia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co obxecto de garantir os dereitos de todas as entidades participantes, suspendeu a tramitación destes procedementos, mediante a Orde do 13 de marzo de 2020 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

Pola Resolución do 12 de maio de 2020 (DOG núm. 96, do 19 de maio), acordouse a continuación da tramitación dos procedementos ED431H e ED431I desta convocatoria.

Este período de suspensión dos procedementos obriga a un aprazamento na resolución e no comezo dos contratos sobre o establecido na Orde do 31 de decembro de 2019, polo que cómpre modificar a convocatoria para adaptala á situación actual.

En consecuencia, e no uso das atribucións que teño conferidas,

ACORDO:

Artigo único. Modificación da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I)

1. Modifícase o penúltimo parágrafo do artigo 14, que queda redactado da seguinte maneira:

«A data para a sinatura dos contratos será o 15 de novembro de 2020, agás para os casos de aprazamento da incorporación ata un máximo de catro meses desde a resolución de adxudicación das axudas».

2. Modifícase o punto 3 do artigo 15, que queda redactado da seguinte maneira:

«3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite de presentación

1ª xustificación:

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos complementos por persoa contratada dos contratos enviados, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao primeiro ano de contrato.

15 de decembro de 2020

2ª xustificación: mensualidades de novembro de 2020 a abril de 2021, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e, no caso de aprazamento da incorporación, os fondos correspondentes aos complementos por persoa contratada dos contratos non enviados coa primeira xustificación, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao primeiro ano de contrato.

30 de xuño de 2021

3ª xustificación: de maio de 2021 a outubro de 2021, ambos os meses incluídos.

15 de decembro de 2021

4ª xustificación: de novembro de 2021 a abril de 2022, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao segundo ano de contrato.

30 de xuño de 2022

5ª xustificación: de maio de 2022 a outubro de 2022 ambos os meses incluídos.

15 de decembro de 2022

6ª xustificación: de novembro de 2022 a abril de 2023, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao terceiro ano de contrato.

30 de xuño de 2023

7ª xustificación: de maio de 2023 a outubro de 2023, ambos os meses incluídos.

15 de decembro de 2023

8ª xustificación: de novembro de 2023 a abril de 2024, ambos os meses incluídos.

Con esta xustificación libraranse os fondos correspondentes aos custos dos contratos e aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondentes ao cuarto ano de contrato.

30 de xuño de 2024

9ª xustificación: de maio de 2024 a outubro de 2024, ambos os meses incluídos.

15 de decembro de 2024

10ª xustificación: de novembro de 2024 ata a finalización dos contratos.

Ademais da documentación indicada nas alíneas a), b), c), d), e) do punto 2 deste artigo, achegarase a documentación que se indica no punto 7 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

30 de xuño de 2025

3. Modifícase o primeiro parágrafo do punto 2 do artigo 20, que queda redactado como segue:

«2. En ambas as dúas modalidades poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 1 de outubro de 2021. Para cubrir as renuncias seguirase a prelación das listas de espera definidas no artigo 10, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade en que se produzan. A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións polo tempo restante de aproveitamento da axuda».

4. Modifícase o cadro orzamentario do artigo 22, que queda da seguinte maneira:

Modalidade

Nº axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

2025

Total

Atracción

10

10.40.561B.444.0

10.000,00

480.555,56

510.000,00

510.000,00

510.000,00

19.444,44

2.040.000,00

10.40.561B.744.0

0,00

400.000,00

400.000,00

400.000,00

400.000,00

0,00

1.600.000,00

Total atracción

10.000,00

880.555,56

910.000,00

910.000,00

910.000,00

19.444,44

3.640.000,00

Retención

5

10.40.561B.444.0

5.000,00

240.277,78

255.000,00

255.000,00

255.000,00

9.722,22

1.020.000,00

10.40.561B.744.0

0,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

0,00

400.000,00

Total retención

5.000,00

340.277,78

355.000,00

355.000,00

355.000,00

9.722,22

1.420.000,00

Total

15.000,00

1.220.833,34

1.265.000,00

1.265.000,00

1.265.000,00

29.166,66

5.060.000,00

5. Modifícase o punto 4 do artigo 3 do anexo I, que queda redactado da seguinte maneira:

«– Un total 40.000 euros anuais de axuda para o desenvolvemento da liña de investigación: 40.000 euros en 2021, en 2022, en 2023 e en 2024. Os gastos que se consideran elixibles son os que se indican no artigo 4.2 da convocatoria».

6. Modifícase o parágrafo 4 do artigo 3 do anexo II, que queda redactado da seguinte maneira:

«– Un total 20.000 euros anuais de axuda para o desenvolvemento da liña de investigación: 20.000 euros en 2021, en 2022, en 2023 e en 2024. Os gastos que se consideran elixibles son os que se indican no artigo 4.2 da convocatoria».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade