Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 22 de outubro de 2020 Páx. 42172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 603/2017).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 603/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba María Bacelo Viña contra Cerviarea Central, S.L., sobre ordinario, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva di:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 26.1.2021 ás 13.40 horas na sala 1 Pl. B, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez tentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 26.1.2021 ás 13.45 horas, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a, e practíquese indagación domiciliaria e citación preventiva por edictos da demandada, co fin de evitar a suspensión do xuízo.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; e advírtese igualmente a parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá que se celebren e que continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, deuse conta ao xuíz con carácter previo.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma Cerviarea Central, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, e que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza