Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42689

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020 pola que se amplían o orzamento, o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Mediante a Resolución do 15 de xuño de 2020 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 119, do 18 de xuño) (código de procedemento IG300E).

No punto terceiro da resolución fíxase o crédito dispoñible, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar o crédito, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

No punto cuarto desa resolución establécese que o prazo de execución dos proxectos e o de xustificación da execución rematarán o 15 de novembro de 2020.

O amplo número de expedientes recibidos está levando a unha prolongación do procedemento de resolución dos expedientes, o cal deixará un prazo extremadamente reducido para a execución dos proxectos nos expedientes resoltos en último lugar. Asemade, as previsións de asignación de axudas levan a considerar que, para atender todas as solicitudes subvencionables, será necesaria unha ampliación orzamentaria por un importe aproximado de 3.000.000 de euros. Procede, polo tanto, posibilitar un prazo o suficientemente longo para unha execución correcta dos proxectos, así como o apoio a máis solicitudes subvencionables das inicialmente previstas.

De conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Fixar no 15 de decembro de 2020 o prazo de execución dos proxectos e de xustificación da execución, establecidos ambos no parágrafo segundo do punto cuarto da Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2

Ampliar en 3.000.000 de euros o crédito dispoñible para as concesións nesta convocatoria, que queda fixado do seguinte xeito:

Código do proxecto

Partida orzamentaria

Crédito total

2020 00002

09.A1.741.A.7810

700.000 €

2020 00002

09.A1.741.A.7706

9.300.000 €

10.000.000 €

A distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes recibidas, sen incrementar o crédito total.

Artigo 3

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica