Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 27 de outubro de 2020 Páx. 42691

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 16 de outubro de 2020 pola que se amplían o orzamento, o prazo máximo de execución e o de presentación da solicitude de cobramento establecidos na Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

BDNS (Identif.): 510979.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 3.000.000 de € o crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria, que queda fixado do seguinte xeito:

Partida orzamentaria 09.A1.741.A.7810: 700.000 € con cargo ao ano 2020.

Partida orzamentaria 09.A1.741.A.7706: 9.300.000 € con cargo ao ano 2020.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

A xerente do Instituto Galego de Promoción Económica
P.S. (Resolución do 25.9.2020)
Norberto Penedo Rey
Director da Área de Competitividade