Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43609

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (66/2017).

José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncia:

No presente procedemento ordinario 66/2017 seguido a instancia de Mercedes Esmeralda Calvo Iglesias fronte aos herdeiros descoñecidos de Carmen Freire Rey e calquera terceiro que poida ter interese na causa ditouse sentenza, cuxa encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza número 10/2020.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Mercedes Esmeralda Calvo Iglesias.

Avogada: Sra. Filgueira Pouso.

Procuradora: Sra. Maestre Ortuño.

Demandados: herdeiros descoñecidos de Carmen Freire Rey e calquera terceiro con interese na causa.

Obxecto: declarativa de dominio.

En Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020.

Resolución estimo integramente a demanda presentada por Mercedes Esmeralda Calvo Iglesias contra os herdeiros descoñecidos de Carmen Freire Rey e calquera terceiro con interese na causa, e, en consecuencia, declaro que:

– A demandante adquiriu por prescrición adquisitiva ao seu favor o terreo descrito no feito primeiro da demanda: predio urbano, sito en lugar Sisalde, Concello de Ames. Lugar de concentración de Ortoño. Agriña. Lindes: norte, con camiño sur, con camiño, leste, con Elisa Abeledo Cabezas (825), oeste, con camiño. Superficie: ten unha superficie de trinta e tres áreas e cinco centiáreas (3305 m²). Referencia catastral: 9130101NH2493S 0001ZH. Inscrición: tomo 554, libro 143, folio 105 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

– Que, en consecuencia, a demandante é titular en pleno dominio do terreo descrito.

– Que, como consecuencia da anterior declaración acordo a cancelación da inscrición do terreo no Rexistro da Propiedade a nome de Carmen Freire Rey e se inscriba a favor da demandante, librando mandamento ao Rexistro da Propiedade de Negreira unha vez firme a presente resolución.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta».

E encontrándose os ditos demandados, herdeiros descoñecidos de Carmen Freire Rey e calquera terceiro que poida ter interese na causa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza