Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43692

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 9 de setembro de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2020 e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS508D).

Con data do 21 de setembro de 2020, publícase no Diario Oficial de Galicia, número 191, a Orde do 9 de setembro de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2020 e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS508D).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión ao xurado encargado do seu exame e valoración.

O artigo 9 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 19 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido na orde de convocatoria. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS508D 2020/002

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

– Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 11.d).

BS508D 2020/004

Fundación Grandes Amigos en Acción

G83625509

– Anexo II: indicar debidamente os datos da persoa solicitante e do representante legal.

BS508D 2020/023

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Anexo I: rectificar os apelidos da persoa representante legal e autorizar consulta de NIF da entidade ou achegar documento (art. 11.c).

– Anexo II: o anexo presentado está en branco.

– Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (art. 11.d).

– Certificación de estar ao día nas obrigas coa Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (art. 11.f).

BS508D 2020/026

Plataforma Coruñesa de Voluntariado

G15730625

– Anexo I: autorizar consulta de NIF da entidade ou achegar documento (art. 11.c) e autorizar a consulta da certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria ou achegar documento (art. 11.d).

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

BS508D 2020/028

Fundación Juan Soñador

G24452435

– Anexo I: indicar debidamente os datos da persoa solicitante, do representante legal e indicar datos de contacto da sede en Galicia.

– Enviar a documentación adxunta á entrada 2020/2023943 presentada como mellora da solicitude o 21.10.2020 (non se xunta/n o/os documento/s indicado/s).

BS508D 2020/029

Cruz Roja Española

Q2866001G

– Anexo I: autorizar consulta de NIF da entidade ou achegar documento (art. 11.c).

BS508D 2020/030

Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro

G15211659

– Anexo I: indicar debidamente os datos da persoa solicitante e do representante legal.

– Anexo II: indicar debidamente os datos da persoa solicitante e do representante legal.

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.