Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43690

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 10.2 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 9 de xullo de 2020 e publicados por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de xullo de 2020 (DOG número 144, do 20 de xullo), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que as mencionadas listaxes conteñen datos sobre a identidade, características persoais, económicas ou de saúde, todos eles protexidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a súa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade das persoas solicitantes e tamén das persoas que dan dereito á percepción das axudas, polo que cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no artigo 10.1 da Resolución do 10 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia nº 144, do 20 de xullo) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do Fondo de Acción Social do exercicio económico do ano 2019.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto, as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a resolución ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe euros

Atención de persoas con discapacidade

770

720

50

1.501.591,67