Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44292

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de outubro de 2020 que aproba o procedemento de autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada para barcos con base no porto (código de procedemento IF501A).

Antecedentes.

O 23 de outubro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 14 de outubro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada para barcos con base no porto (código de procedemento IF501A).

Na alínea n) da súa cláusula novena, relativa á documentación complementaria, incluíase a obriga de presentación do anexo II de domiciliación bancaria para o cobramento das taxas portuarias, debidamente cuberto e selado por unha entidade bancaria con operatividade en España en que o solicitante sexa titular da conta bancaria onde desexe realizar os pagamentos.

Non obstante, co fin de reducir a carga administrativa, considérase oportuno simplificar o procedemento eliminando a obriga de presentar o anexo II de domiciliación bancaria.

Visto o anterior, a prol da simplificación de documentos, redución de cargas administrativas aos particulares e facilidade de acceso a información na realización de trámites administrativos, de acordo con todo o indicado, e en virtude das atribucións conferidas no artigo 12.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 14 de outubro de 2020, publicada no DOG núm. 214, do 23 de outubro, pola que se aproba o. procedemento de autorización temporal de uso de postos de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada para barcos con base no porto, no seguinte:

Primeira. Elimínase a alínea n) da cláusula novena, seguinte:

«n) Modelo de presentación anexo II de domiciliación bancaria, para o cobramento das taxas portuarias, debidamente cuberto e selado por unha entidade bancaria con operatividade en España en que o solicitante sexa titular da conta bancaria onde desexe realizar os pagamentos. O dito modelo está á disposición dos solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia».

Segunda. Elimínase do procedemento IF501A o anexo II Domiciliación bancaria e estes datos intégranse no anexo I Solicitudes.

Terceiro. Modifícase o anexo I para incluír os datos bancarios do solicitante.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file