Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44231

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR473A e PR473B).

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son PR473A e PR473B.

Segundo. Requisitos de participación

1. Poderán participar nas probas aquelas persoas que obtivesen acreditación con anterioridade para realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

2. Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:

a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.

b) Carecer de antecedentes penais.

c) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no punto cinco desta resolución.

Terceiro. Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos PR473A e PR473B

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximo establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

1) Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR473A (admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas).

a) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.

b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Xustificante do ingreso da taxa (código: 30.48.01), co selo da entidade bancaria con indicación da data.

2) Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento PR473B (expedición da habilitación e do distintivo do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas).

a) Xustificante do ingreso da taxa (código: 30.48.02), co selo da entidade bancaria con indicación da data.

Cuarto. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento (PR473A) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

c) Situación de desemprego.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Quinto. Taxa

Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación, será de 53,02 euros, que serán ingresados, mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.

Poden acceder ao mesmo desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital: de forma presencial (comparecendo na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe publica nesa mesma páxina web, ou telematicamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telematicamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.

As/os aspirantes deberán cubrir, nos puntos habilitados para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, coma telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:

Consellería de: Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Código: 04.

Delegación de Pontevedra.

Código: 40.

Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.

Código: 19.

Taxa: denominación: participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación.

Código:30.48.01.

Total: 53,02 euros.

Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nos puntos reservados para tal fin no devandito modelo.

Están exentos do pagamento desta taxa:

1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregados no Instituto Nacional de Emprego.

2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia.

A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.

Sexto. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento PR473A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Admisión

A admisión das persoas que o soliciten realizarase nos prazos e na forma prevista no artigo 5 das bases xerais.

Oitavo. Data, tribunal cualificador e lugar de realización

A data e composición do tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria coñeceranse na resolución que faga pública a relación definitiva de aspirantes admitidas/os á realización destas.

As probas realizaranse na sede da Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Noveno. Información ás persoas interesadas

Sobre esta convocatoria, poderase obter información adicional, na Academia Galega de Seguridade Pública, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (https://agasp.xunta.gal).

b) No enderezo electrónico formacion.agasp@xunta.gal.

c) No teléfono da Agasp 886 20 61 10.

d) No Servizo de Formación en Seguridade Pública na Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

e) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Décimo. Publicación dos actos

1. Concluídas as probas, o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Agasp as relacións dos/das aspirantes declarados/as aptos/as. A dita publicación substitúe as notificacións ás persoas interesadas.

2. A Dirección Xeral da Agasp elevará á dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos, a listaxe definitiva dos/das aspirantes declarados/as aptos/as e procederá á súa publicación no DOG, no taboleiro de anuncios da Agasp e na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es/

Décimo primeiro. Expedición da habilitación do persoal de control de acceso

As/os aspirantes que superaron as probas deberán presentar una solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustada ao modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución (código PR473B) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido no punto sexto desta resolución no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/dos aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas no punto quinto desta resolución, debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Código: 13.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código:30.48.02.

Total: 6,23 euros.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

A Estrada, 26 de outubro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

missing image file
missing image file
missing image file