Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45229

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2020 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), convocadas pola Resolución do 23 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), referidas a novas adxudicacións da lista de suplentes.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro de 2020) convocáronse as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia.

No seu artigo 18 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración establecida no artigo 15 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 16.

A Comisión de Valoración, na súa sesión do 23 de xullo de 2020, emitiu informe favorable sobre a elaboración dunha listaxe de agarda para as entidades cos restantes contratos solicitados segundo a orde establecida na convocatoria, de xeito que en primeiro lugar figuren por orde decrecente de puntuación os contratos solicitados que aínda non fosen seleccionados para acceder ao financiamento e, en segundo lugar, os restantes contratos solicitados por aquelas entidades que pedisen máis dunha contratación, tendo en conta que a convocatoria non establece unha puntuación mínima para ser beneficiaria destas axuda.

De acordo con isto, tendo en conta as renuncias recibidas e resoltas ata esta data, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para realizaren actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo I a esta resolución (agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente).

2. Novas adxudicacións:

Aplicación orzamentaria

Ano 2020 (€)

09.A3.561A.470.0

52.000

09.A3.561A.480.0

10.000

Total

62.000

3. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 24 da resolución de convocatoria.

5. Para xustificar a subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 24 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro do 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Relación de solicitudes concedidas (agrupadas por aplicación
e ordenadas por puntuación descendente)

Nº de expediente

Entidade solicitante

NIF

Trab. nº

Total punt.

Nº CT

Total axuda (€)

Aplicación orzamentaria

044_IN848C_2020/983502

Syspro Automation, S.L.U.

B36940831

3

33 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

004_IN848C_2020/466385

Aleutos Solutions, S.L.

B27501378

3

30 (3º contrato)

1

11.000,00 €

09.A3.561A.470.0

072_IN848C_2020/1019141

Galvin Tecnológica, S.L.

B27835305

3

29 (3º contrato)

1

11.000,00 €

09.A3.561A.470.0

042_IN848C_2020/944269

Regasificadora del Noroeste, S.A.

A15685324

3

27 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

078_IN848C_2020/1020835

Situm Technologies, S.L.

B70401229

3

27 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

Subtotal 09.A3.561A.470.0

52.000,00 €

019_IN848C_2020/695554

Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

G36997229

3

35 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.480.0

Subtotal 09.A3.561A.480.0

10.000,00 €

Total (09.A3.561A.470.0 + 09.A3.561A.480.0 )

62.000,00 €